Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



ESTÁS NA PÁXINA DE INICIO

TURISMO

  • Parque Natural do Xurés

    Cunha extensión de 20.920 hectáreas e unha altitude máxima de 1539 metros, está limitando con Portugal sendo a continuación no país veciño oParque Nacional Peneda Gerès, no sueste da provincia de Ourense.






  • CULTURA

  • 20 e 21 de setembro a estrea de 'Celebración. A gran noite' de Sarabela Teatro. Ourense

    O Auditorio Municipal de Ourense acollerá os días 20 e 21 de setembro, ás 21,00 horas, a estrea de “Celebración. A gran noite” a última obra da compañía ourensá Sarabela Teatro, “unha alegoría sobre o totalitarismo e a delimitación de fronteiras entre as clases privilexiadas e as desfavorecidas”. Así o explicou o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación do espectáculo no salón de plenos nun acto que contou coa presenza do director da Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil; da concelleira de Cultura, Belén Iglesias; do autor da obra, Fernando Dacosta e do director Daniel Salgado.






  • Ourense reforzará as actividades de lecer saudable para a xuventude

    O Concello de Ourense reforzará as actividades de lecer para a xuventude durante as fines de semana co fin de fomentar o lecer saudable e desligar o os conceptos de alcohol e diversión. As concellerías de Sanidade e Xuventude impulsan un ambicioso proxecto que aposta por atraer á mocidade cara alternativas como o baile, o teatro, o deporte, as artes ou a música para estimular que desenvolvan as súas relacións nunha contorna saudable.






  • Cunca e nécora Expertxs, outro xeito de coñecer a cidade. Pontevedra

    Un xeito distinto de coñecer a cidade. Chega Cunca e nécora Expertxs, a iniciativa que promove a Concellería de Promoción Económica e da Cidade, que dirixe Anabel Guías, en colaboración con Turiña Pontevedra coa historia, o patrimonio e a gastronomía como fío condutor.





  • 1ª Gala benéfica a prol de Rodando. Pontevedra

    22 de setembro no Pazo da Cultura en Pontevedra





  • Piano Meeting Ourense . Ourense

    22 de setembro. O Piano Meeting é un festival que se desenvolve por segundo ano consecutivo en Ourense, e constará de pianos instalados na Praza Maior, Parque de San Lázaro, As Burgas e o Xardín do Posío nos que haberá concertos ininterrompidamente entre as 12h e as 20h.







  • A Escola Municipal de Idiomas oferta prazas vacantes para novo alumnado. Ourense

    A Escola Municipal de Idiomas do Concello de Ourense inicia novo curso 2018/2019, no que dá continuidade á oferta de actividades formativas para a aprendizaxe de inglés dirixidas a persoas de todas as idades, desde escolares de Primaria ata persoas adultas. Durante estes días está aberto o prazo de inscrición para a incorporación de novo alumnado que desexe unirse aos grupos construídos para o novo curso. A día de hoxe hai 130 persoas admitidas e quedan prazas dispoñibles tanto nos grupos de persoas adultas e nos destinados a nenos e nenas de 3º e 6º de Primaria.






  • O Auditorio de Ourense estreará este domingo ' Contos de Recreo', nova produción de Redrum Teatro. Ourense

    O Auditorio Municipal de Ourense acollerá este domingo, 23 de setembro, ás 12h, a estrea mundial de "Contos do Recreo", o novo espectáculo familiar da compañía galega Redrum Teatro.






  • NATUREZA


  • O Concello adxudica de xeito provisional 59 hortos. Pontevedra

    Dende esta mañá pódese consultar na páxina web municipal pontevedra. galo resultado do sorteo das hortas urbanas celebrado a pasada semana nas instalacións de Medio Ambiente Natural, no edificio Churruchaos.






  • DEPORTES

  • Actividades de promoción do squash coincidindo co Canpionato de España de seleccións autonómicas. Pontevedra

    Os nenos e nenas de Pontevedra terán a oportunidade de coñecer, compartir tempo e actividade coa elite do squash na tarde do próximo venres 21 de setembro. Será na avenida Montero Ríos, coincidindo coa celebración na cidade do Campionato de España de seleccións autonómicas de Squash, do 21 ao 23 de setembro.






  • MOBILIDADE CIDADE

  • Actividades deportivas, culturais e reinvindicación das rúas de Ourense, na Semana da Mobilidade

    Actividades deportivas, culturais, e sobre todo a reivindicación das rúas como espazo para os peóns serán os eixos principais da programa de actividades “máis ambicioso presentado polo Concello de Ourense con motivo da Semana Europea da Mobilidade, que terá lugar entre o 17 e o 23 de setembro”. Así o definiu o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, durante a presentación do calendario previsto e no que este ano destaca a peatonalización definitiva da rúa Xaquín Lorenzo e a rúa Cardenal Quevedo até a Avenida da Habana, a partires do domingo 16 de setembro.







  • Galería Vídeos



    Síguenos en Facebook

    Síguenos en Google+
    Síguenos en Twiter
    Síguenos en Linkedin
    Síguenos en Youtube
    Síguenos en Pinterest
    Síguenos en Deviantart
    Subscríbete a nuestro canal RSS




    Diseñado por PorGaliciaBaixo






    Deseñado por PorGaliciaBaixo