Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Llega Sete Falares - Pontevedra (Programa)

Pontevedra acogerá del 8 al 11 de junio a sexta edición del Encuentro Internacional de Contadores/as de historias, Sete Falares Un proyecto que, como explica la concejala de Fiestas y Dinamización Cultura, Carme Da Silva, "pretende dos cosas: dar a conocer y ...

VER +

XIV Feira da Saúde Concello de Ourense

30 y 31 de mayo en la avenida de Pontevedra con la participación de 30 asociaciones de la ciudad. ¬VER / DESCARGAR PROGRAMA

VER +

Conferencia O Piloto, O último guerrilleiro, Quén nega a guerrilla? - Ourense

Jueves 25 de mayo  a las 20,15 horas En el  Café Cultural Auriense  la conferencia O Piloto, O último guerrilleiro, Quen nega a guerrilla?, con Afonso Eiré.

VER +

Pontevedra acredita en la Gala del Libro 2017 que es una potencia cultural

La Gala del Libro 2017 acreditó que Pontevedra "es una potencia creativa, literaria y cultural" en palabras de la concejala de Cultura, Carme Fouces, quien acompañada por la gerente del Pazo de la Cultura, Pilar Portela, asistió al evento celebrado ...

VER +

La música más popular de los años 80 y 90 animará las Fiestas de Ourense

La Plaza Mayor de Ourense viajará en el tiempo para homenajear a la mejor música de los años 80 y 90, el lunes, día 26 de junio, a las 22:30 horas. Será con la actuación de La edad de oro de ...

VER +

La Diputación de Ourense convoca el XIV Certamen de Artes Plásticas (Bases)

Una iniciativa cultural que pretende "promover y apoyar a los nuevos valores en los distintos campos de las artes plásticas, premiando y difundiendo los trabajos de los creadores más jóvenes", afirmó el vicepresidente de la Diputación de Ourense, Rosendo Fernández ...

VER +

Exeria; la primera “turista” de origen gallego de la Historia

Que los gallegos somos “viajeros” lo sabemos todos, pero lo curioso es la historia de esta mujer, que vivió en la antigüedad, allá por el siglo IV, y emprendió viajes culturales hasta Oriente Próximo. Se la conoce también como Egeria, Echeria ...

VER +

A Tropa de Trapo gira con tres espectáculos de cuentos con valores por ayuntamientos del Fondo Galego

(El texto está escrito en galego, se respeta el idioma de origen) - ‘Contamos todas’, centrado na igualdade de xénero, e ‘Ti tamén contas’ levan aparellados obradoiros participativos para facer reflexionar ao alumnado - ‘Antía, Wamba e o regato pequeno’ ofértase ás ...

VER +

Presentación del libro 'Prego: Mestre da pintura. A creación plástica como experiencia vital'

Esta mañana tuvo lugar, en el salón de plenos del Ayuntamiento de Ourense, se presentó el libro-catálogo Prego: Mestre da pintura. A creación plástica como experiencia vital,  de los autores Francisco Javier Limia Gardón y Natalia Figueiras Pimentel. En el acto participaron ...

VER +

Presentación de la novela 'Por amor a ti, meu fillo' - Ourense

Viernes día 19 de Mayo a las 20:00 horas en el  Centro Cívico Colón El Ayuntamiento de Ourense presenta, a través del Centro de Información Municipal a la Mujer (CIMM), la novela corta "Por amor a ti, meu fillo", de la ...

VER +

Xoldra na Eira - Pontevedra

21 de mayo en el  Teatro Principal de Pontevedra

VER +

Celebración Día das Letras Galegas en el Ateneo de Ourense

Día 22, lunes, a las 20:30 horas Programa: 1.- Dolores López Alonso lerá un artigo de Carlos Casares titulado: “Salvar as verbas”. 2.- Interpretación a cargo do “Grupo de canto e instrumentos tradicionais do Ateneo de Ourense”da Canción titulada: “Carlos Casares”. Letra: Armando González ...

VER +

Día das Letras Galegas

(Por razones obvias, el texto sólo se muestra en galego) A Fala de Manuel María O idioma é a chave coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo. O idioma é a vida, o coitelo da dor, o murmurio do vento, a palabra de ...

VER +

Aquellos Festivales del Verano. El Festival del Miño de Ourense

Con estos días de verano adelantado, sol a raudales,  temperaturas inusualmente altas para la época del año, y la resaca del festival de Eurovisión,  empiezan a venirme a la memoria recuerdos de aquellos festivales veraniegos que triunfaban en la España ...

VER +

El Festival Internacional de Jazz y Blues de Pontevedra cumple 25 años (Programa)

Cine y música en vivo irán de la mano en este aniversario con la programación del ciclo Notametraxes-17, que se desarrollará en el Teatro Principal todos los miércoles desde el 24 de mayo al 14 de junio. El XXV Festival convertirá ...

VER +


(El texto está escrito en galego, se respeta el idioma de origen)

Antón Dios achegouse até o Concello de Pontevedra xa que o seu bo estado de saúde o permite e tamén porque quería poder volver a ver a Bandeira da Sociedade de Agricultores de Salcedo que foi tecida pola súa nai, Josefa Vázquez Juncal.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará recibiron esta mañá a Antón Dios Vázquez, con motivo do seu 100 anivesario.

El e os seus irmáns foron os encargados de seleccionar os fios para esta bandeira. Antón Dios Vázquez é fillo da famosa familia propietaria da fábrica do Ferreiro do Pino. Foi unha das que sufriu con maior crudeza a represión franquista, co asasinato do irmán maior, Edelmiro Dios Vázquez.

A bandeira, que está en custodiada no Arquivo Municipal, foi agochada por unha persoa de Salcedo no ano 1936, e foi entregada ao Concello no ano 1999 por Arturo Estévez. Segundo a memoria oral, o deseño da bandeira é de Castelao.

Antón Dios pedi, neste gran día: “Que a xente se leve ben”.

dios

A MULLER QUE TECEU UNHA BANDEIRA

Foi unha amargura enorme, grandísima

Tucha Dios Vázquez

Conta a memoria popular que a bandeira da Sociedade de Agricultores de Salcedo foi deseñada por Castelao e que a teceu unha muller da parroquia, Josefa Vázquez Juncal. A  sra Pepa tiña un taller de costura e traballaba tamén vendendo polas feiras asferramentas da fábrica familiar, o Ferreiro do Pino.

Josefa Vázquez tivo once fillos. O maior, Edelmiro Dios Vázquez, era en 1936 dirixente do Partido Socialista en Pontevedra. Os falanxistas e a Garda Civil fórono buscar á casa mais el xa non estaba alí. Agochouse primeiro en Paredes, na casa da familia do seu amigo Faustino García Puga. Despois trasladáronse a San Adrián dos Cobres e alí foron descubertos por unha confidencia. Leváronos ao cuartel da Garda Civil no Campo da Feira, mallaron neles, torturáronos salvaxemente até a agonía. A Faustino librárono da morte as influencias da familia, e sobreviviu ao horror daquel tempo infame e acabou embarcando no Winnipeg rumbo a Chile no verán de 1939

http:// nondesaesquecemento.blogspot.com.es/2015/04/para-un-mapa-de-ausencias.html

A Edelmiro Dios, o fillo maior de Josefa Vázquez, os matarifes asasinárono e mutilárono salvaxemente. Seica o obrigaron a cavar a propia tumba e enterrárono no cemiterio de Bora

http://anosdomedo.blogspot.com.es/2008/09/edelmiro-dios-vzquez.html

A súa nai non tivo forzas para ir visitalo na cadea. Non soubo tampouco que o ían matar aquel día, cando avisaron á familia de que o ían levar esa noite e a súa filla Fina lle levou a comida encargada no restaurante Calixto. Cando saiu do cuartel, Fina non puido conter a dor e as bágoas, porque sabía que era a última vez que vería vivo ao seu irmán torturado.

Mais nin sequera despois daquel crime os asasinos deixaron en paz a familia Dios. Seguiron petando nas portas da casa polas noites, saquearon a biblioteca e matáronlle o can, Leal, atravesándolle o cranio con unha baioneta.

As irmás de Edelmiro, Fina e Tucha Dios, que estudaran a carreira de Maxisterio, foron apartadas da docencia, rapadas e encarceradas na prisión provincial durante dos meses. E o seu pai Antonio Dios Gómez estivo preso durante cinco meses.

Na casa de Josefa Vázquez xa non volveu haber paz, alegría, sosego. Nunca puido superar a dor de perder o fillo, o peso da ausencia, a agonía daquela morte cruel e inxusta. Mais non podía aturar que o seu fillo estivese enterrado como un animal nunha tumba anónima e moveu todos os fíos para conseguir trasladalo ao panteón familiar de Salcedo.

Na casa souberon onde estaba enterrado porque unha moza de Bora marcara con unha pedra o lugar do crime e informou a familia. E as irmás Tucha, Fina e Nita foron levarlle flores todas as semanas ata que conseguiron o permiso para o traslado.

No tempo de prisión do pai e das irmás, Nita tiña 18 anos e axudoulle á nai a sobrelevar a dor, e os traballos da casa, e o baleiro das ausencias. Ela era a encargada de lavar a roupa que traían do cárcere, primeiro fervíaa en auga quente para matar as pulgas e piollos e despois íaa lavar ao río dos Gafos, que estaba ao pé da finca familiar, no barrio do Pino. E aínda cando estaba lavando ou voltaba á casa tiña que aturar os insultos dos falanxistas e dos cívicos.

Despois viñeron as multas, a intervención da empresa da familia, reconvertida en fábrica de armas para o exército sublevado. E nunha última demostración de sadismo, 4 anos despois de asasinalo impunemente, no ano 1940, os fascistas someteron a Edelmiro Dios a un expediente de responsabilidades políticas que se resolveu con unha pena de 10 anos de desterro a máis de 50 km de Pontevedra, 5 anos de inhabilitación absoluta e unha multa de 250 ptas. E non abondou con esta tortura. Durante moito tempo seguiu o acoso, a persecución, a ameazas, a prohibición da dor, o silencio.

E entón Josefa Vázquez tivo que facerse aínda máis forte, máis valente, máis coraxosa para sacar adiante a familia naquel tempo de intempérie, de penuria, de necesidade.

Daquela, a muller que bordou unha fermosa bandeira para a Sociedade de Agricultores de Salcedo, teceu un emblema aínda máis fermoso, a bandeira máis duradeira. Josefa Vazquez teceu fío a fío, puntada a puntada entre bágoas de dor, no silencio interminábel da casa e da fábrica, o símbolo definitivo da resistencia, da dignidade e do compromiso dunha familia que nunca esqueceu, que permanceu sempre en pé e que segue mantendo acesa a chama da memoria de Edelmiro e de todas as persoas que loitaron pola liberdade.

A bandeira da Sociedade de Agricultores de Salcedo foi agochada nunha casa da parroquia, onde permaneceu durante 64 anos. No ano 2000 foi entregada por Arturo Estévez ao concello de Pontevedra e depositada no arquivo municipal.

Para Antonio Dios Vázquez, que aos 99 anos leva na mirada o orgullo familiar, a dignidade de Josefa Vázquez e todas as bágoas de dor que verteron os seus.

Texto: Luis Bará Torres

⇒DESCARGAR LER PDF DA HISTORIA DESTA FAMILIA REPRESALIADA DA GUERRA CIVIL

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 1 Promedio: 4]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario