Galego   GALLEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense y Pontevedra

 



PUBLICACIÓN DE MATEO FONTÁN COUTO

Mateo Fontán Couto Autor: Mateo Fontán Couto. Historia, Arqueología, Naturaleza

Puedes seguirlo también en:

» facebook

→ OTRAS PUBLICACIONES DE MATEO FONTÁN COUTO EN ESTA WEB




Crónica dun Partido de Lenda: Pontevedra 1- 0 Atlético de Madrid

Fecha: 26 de agosto 2016

Os xornais da época fixéronse eco da xesta do Pontevedra C. F.

Coa efeméride do 75 aniversario da fundación do club, no coñecido como «Pacto das Palmeiras», queremos recordar un dos partidos de entre os moitos que se poderían escoller na historia do Pontevedra C. F.

Corría o ano 1965 e o conxunto granate non destacaba por ter un gran cadro de persoal nin por posuír un orzamento millonario coma outros equipos. Sen embargo, nesa tempada sería capaz de poñerse líder en dúas ocasións; a primeira foi na sexta xornada chegando a empatar a puntos cos poderosos equipos da capital Real Madrid e Atlético de Madrid. Pero sen dúbida foi na segunda ocasión cando o equipo alcanzaría un lugar na historia do balón pé. Foi na xornada número 11, un 28 de novembro de 1965, cando o Estadio Muncipal de Pasarón acollía ao líder da Primeira División, o Atlético de Madrid, o cal chegaba como invicto no campionato. Pola súa parte o Pontevedra C. F.  encadeara tres vitorias consecutivas nos últimos encontros.

Tal como resaltan unanimemente tódalas crónicas e reportaxes o ambiente para o gran partido era excepcional. Unha cidade envorcada, que soñaba con alcanzar a xesta do liderado, demostrou un empuxe e unha fidelidade á altura dun equipo mítico como foi o «Hai que Roelo». A afección abarrotou o estadio como epílogo a un ambiente que xa comezara a fraguarse varios días atrás. A cidade transpiraba paixón granate por todos os seus costados, pero a Pasarón chegarían numerosos turismos e autobuses procedentes de toda Galicia e tamén unha nutrida representación da afección do Atlético procedente de Madrid. O encontro chegaría a ser transmitido para México por Radio Vigo, seguido por un millón de oíntes, entendemos que a maioría trataríase de emigrantes galegos.

O arbitro catalán Gaspar Pintado decretou o comezo do encontro. A aliñación do Pontevedra  estaba composta por Celdrán, Azcueta, Batalla, Cholo, Calleja, Vallejo, Fuertes, Martín Esperanza, Cerezuela, Neme e Odriozola; por parte do Atlético de Madrid formaban Madinabeytia, Colo, Griffa, Rivilla, Ruiz Sosa, Glaría, Ufarte, Luis Aragones, Mendonça, Adelardo e Collar.

Tal como resaltan unanimemente tódalas crónicas e reportaxes o ambiente para o gran partido era excepcional. Unha cidade envorcada, que soñaba con alcanzar a xesta do liderado, demostrou un empuxe e unha fidelidade á altura dun equipo mítico como foi o «Hai que Roelo». A afección abarrotou o estadio

 

O partido cumpriu coas expectativas, foi moi disputado e trepidante, con ocasións nas dúas áreas e un alto ritmo de xogo. Cando xa se xogaba no tempo de desconto da primeira parte, Neme manda un balón ao pau cuxo rexeite é aproveitado por Odriozola que marcaría deste xeito o único gol do encontro. Pasarón estouparía entón nunha festa case que incontrolable producíndose incluso a invasión do campo  por afeccionados da grada norte. O Pontevedra C. F. adestrado por Juan Otxoa   convertíase no novo e flamante líder de Primeira División. O equipo chegou a ser portada do xornal comunista Pravda, o cal chamaría a atención sobre que na adiñeirada liga española o primeiro clasificado era un equipo de proletarios cuxo capitán era condutor de autobús.

Pasarón estouparía entón nunha festa case que incontrolable producíndose incluso a invasión do campo  por afeccionados da grada norte.

 

O soño foi efémero xa que nas tres seguintes xornadas o conxunto granate cultivaría dúas derrotas e un empate. Ao final da primeira volta o Pontevedra C. F. sería subcampión de inverno. A tempada acabaría con un máis que digno décimo posto; pola súa parte, o Atlético de Madrid, abandeirado por Luís aragones, remataría sendo campión de liga.

Foi unha tempada memorable cun Pasarón case que inexpugnable con dez vitorias, catro empates e tan só unha derrota contra o Real Madrid por un gol a tres. Na historia do club quedará esta fazaña como cénit dun equipo inigualable.

Con motivo do 75 aniversario da súa fundación o Pontevedra C. F. pretende xogar un partido amistoso contra o Atlético de Madrid. Sería un belida xornada cargada de nostalxia e renovada ilusión para os seareiros máis cativos.

Para saber máis:

– DOMÍNGUEZ VAZ, M.: Pontevedra Club de Fútbol. Cincuenta años de historia, Diputación Provincial de Pontevedra, Vigo, 1995.

– FORTES, X.: Los últimos de Pasarón, Duro de Roer Ediciones, Vigo, 2015.

– VV. AA.: Hai que Roelo!. La historia de un sueño, Diario de Pontevedra, Lérez Ediciones, Madrid, 2003.

– http://lafutbolteca.com/


Comparte este Artículo!!!




Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Diseñado por PorGaliciaBaixo