Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Programa Concertos Festas de Ourense 2017

24 de xuño - 2 de xullo ¬VER / DESCARGAR PROGRAMACIÓN CLICK AQUÍ

VER +

Programación de todas as Festas de Verán Pontevedra 2017

Música de bandas Xoves, 6 de xullo 21.00 h Baila a Banda. Praza do Teucro Concerto da Banda de Música de Pontevedra coa colaboración do Club de Baile Deportivo Adrián Esperón & Patricia Martínez “Baila Mos” Domingo, 9 de xullo 21.00 h ...

VER +

Lourizán repasa a súa historia - Pontevedra

Na praza de Marqués de Valterra a exposición “Lourizán”, un percorrido histórico pola parroquia, que se centra en varias actividades municipais de presente e futuro, como o ARI, as últimas reformas e obras, o e o proxecto da Casa da ...

VER +

Baiona, Unha Vila Real

Esta preciosa vila está situada nunha tranquila baía entre Monte Real e ou Monteferro. A súa boa condición como porto natural motivou que fose unha poboación moito máis importante que Vigo ata o s. XVIII, cunha notable liberdade de comercio grazas ...

VER +

40 Aniversario da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia

8-11 de xuño en Silleda (Pontevedra) A maior feira de mostras e lecer do noroeste cumpre catro décadas como espazo de referencia para innumerables sectores e empresas polo seu gran valor como ferramenta comercial. E faino cunha edición na que seguirá fortalecendo ...

VER +

Inauguración escultura en pedra adicada ao boi de Allariz

Sábado 3 de xuño ás 19:30h O Paseo da Alameda incorporará, ademáis dunha nova imaxe renovada no seu acceso, un novo elemento decorativo. Este sábado 3 de xuño o Concello de Allariz inaugurará neste espazo, unha escultura en pedra adicada ao boi ...

VER +

Ponteverán-2017 (Programa)

Ponteverán-2017 está á volta “para encher o verán de actividades de lecer” en palabras do concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña. Campamentos e obradoiros, actividades culturais, deportivas e no medio natural e actividades formativas integran a oferta de tempo libre á ...

VER +

A muiñeira ocupará a cidade o 2 de xuño - Pontevedra (Programa)

Pontevedra celebra unha vez máis -e van 46- o Día da Muiñeira. A cita é o próximo 2 de xuño e o seu epicentro estará na avenida Montero Ríos, a partir das 20.00 horas. Media hora antes os grupos participantes ...

VER +

A música máis popular dos anos 80 e 90 animará as Festas de Ourense

A Praza Maior de Ourense viaxará no tempo para homenaxear á mellor música dos anos 80 e 90, o luns, día 26 de xuño, ás 22:30 horas. Será coa actuación de La edad de oro del pop español, a superbanda ...

VER +

A Andaina de Allariz cumpre 20 anos

A concellería de Deportes do Concello de Allariz abre o prazo de inscrición para participar nunha nova edición, e xa van 20, da Andaina de Allariz, que se celebrará o vindeiro sábado 27 de maio. A Andaina popular de Allariz, pioneira ...

VER +

O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra cumpre 25 anos (Programa)

Cinema e música en vivo irán da man neste aniversario coa programación do ciclo Notametraxes-17, que se desenvolverá no Teatro Principal todos os mércores dende o 24 de maio ao 14 de xuño. O XXV Festival converterá á cidade no referente ...

VER +

Ecomuseo de Arxeriz mostra un mapa interactivo das igrexas románicas da Ribeira Sacra

O Ecomuseo de Arxeriz, dependente da Fundación Xosé Soto de Fión, acaba de facer público un mapa interactivo que localiza as igrexas románicas presentes na Ribeira Sacra. O plano amosa a localización destes bens, o xeito de chegar e fotografías ...

VER +

Festival de Títeres de Redondela

15 - 21 de maio A XVIII Edición do Festival de Títeres de Redondela encherá a Vila dos Viadutos de actuacións en rúas en salas. Un total de 25 compañías chegadas de Brasil, Italia, Estados Unidos, Dinamarca, Arxentina e Galicia. ¬+INFO NA ...

VER +

Notas acerca do Camiño Portugués de Santiago

O Camiño ou ruta xacobea desde Portugal, moi posiblemente xa era un feito na época alta medieval, agora ben, é a partir da independencia do territorio luso no século XII cando comeza a tonarse máis vigorosa. Estas diferentes sendas do camiño, ...

VER +

21-23 SETEMBRO / PRAZA DE ESPAÑA / PONTEVEDRA

Esta mañá presentouse en Pontevedra a 4ª edición do Espazo de Emprendemento PONT-UP STORE, unha iniciativa liderada polo Campus CREA de Pontevedra (Universidade de Vigo) co apoio do Concello de Pontevedra como patrocinador principal. Na presentación participaron a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías; o deputado de Economía da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font; o vicerreitor do Campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho; e o director do PONT-UP STORE, Pedro Figueroa, que presentou o calendario deste evento que volverá instalarse na Praza de España de Pontevedra entre o 21 e o 23 de setembro, e que hoxe deu o pistoletazo de saída a súa cuarta, froito da cooperación de máis de 35 entidades públicas e privadas.

O director do PONT-UP STORE afirmou que “o obxectivo do Pont-Up Store 2017 é incrementar o alto grao de cooperación acadado nas pasadas edición coas entidades e institucións patrocinadoras e colaboradoras, incorporando outras novas para xerar maiores sinerxias que consoliden o evento”. Tamén destacou que se vai poñer unha especial atención en “conectar aos emprendedores e emprendedoras da Comunidade UP para lograr tecer unha gran rede galega de emprendemento”. De feito, por primeira vez, o PONT-UP STORE, incorpora na súa campaña imaxes das persoas que participaron nalgunha das anteriores edicións, co obxectivo de convertelos en protagonistas desa comunidade de “xente que se atreve a soñar e converte as súas ideas en realidade”, en palabras de Figueroa.

Pola súa parte, a concelleira Anabel Gulías asegurou que esta iniciativa “visibiliza formas alternativas de crecemento económico e aproveita os espazos públicos para amosar o potencial creativo de Pontevedra, de Galicia, do resto do Estado e tamén de Portugal”; e mostrouse satisfeita pola integración da rede de empresas creativas de ‘Pontevedra ten un Puntazo’ dentro da programación do Pont-Up Store a través do Puntazo Exprés. O vicerreitor Corbacho destacou “a capacidade de renovación e adaptación do Pont-Up Store que cada ano se preocupa por incorporar novidades demandadas no ámbito do emrpendemento”. Por último, López Font loubou os resultados do Pont-Up Store en só catro edicións, e brindou o seu apoio á organización para seguir apostando pola cultura do emprendemento.

Inscricións Abertas
Este ano volverá haber tres modalidades de participación: presentar un emprendemento nun dos 33 stands gratuítos dispoñibles; propoñer actividades de dinamización dentro do programa; e participar no Puntazo Exprés no que 10 empresas serán seleccionadas para explicar en 5 minutos o seu emprendemento a 5 importantes empresas e entidades galegas. Entre os escoitantes desta edición estarán, entre outros, Juan Vázquez Gancedo Director Xeral de Bodegas Martín Códax e Presidente do Clúster Alimentario de Galicia; Begoña Ocampo, socia fundadora da cadea de restaurantes La Pepita Burguer Bar; Débora Franco de Vázquez de Monet Viticultura; e Xavier Castaño, da consultora Internacional de Proxectos Tecnolóxicos, Igalia. As candidaturas poderanse presentar a unha ou varias modalidades do 30 de maio ao 9 de xullo a través da web www.pontupstore.com.

 

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario