Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Xornadas dos Oficios do Coiro - Allariz

 3- 7 de maio. Xornadas dos Oficios do Coiro - Allariz (Ourense) ¬VER / DESCARGAR PROGRAMA

VER +

Máis dun cento de vídeos na recta final de Youtubeir@s

Este venres 28 de abril é o último día para participar na primeira edición de Youtubeir@s -Concurso de vídeos na Rede. Esta iniciativa pretende fomentar a videocreación en galego na segunda rede social máis empregada do mundo, Youtube, a través ...

VER +

“O poder do Arcabuz” de Quique Peón, Ciclo Summum - Pontevedra

Quique Peón Cía presenta en Pontevedra o espectáculo ‘O Poder do Arcabuz’, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en ...

VER +

“Noite de cine na rúa” - Ourense

26 abril - 13, 20, 27 de maio - 10 de xuño O Concello de Ourense iniciará este sábado unha nova proposta de lecer para as fines de semana: “Noite de cine na rúa”, un ciclo de 4 proxeccións dunha escolma ...

VER +

A Real Filharmonía de Galicia e o Coro Xove da Orquestra Sinfónica no día das Letras Galegas - Ourense

O Día das Letras 2017 réndelle homenaxe a un fillo predilecto da cidade, Carlos Casares Mouriño, e desde o Concello de Ourense perfílase unha programación de altura con motivo desta celebración, achegando esforzos con entidades e institucións para dotar 2017 ...

VER +

Maratón Fotográfico Pontevedra

Pontevedra volve a súa cita coa fotografía da man do Maratón Fotográfico, que celebrará o sábado 13 de maio a súa terceira edición, baixo o título “Saca a Lingua”. Os participantes terán que fotografar tres temáticas que se desvelarán o ...

VER +

Artistas na rúa - Pontevedra

O evento desenvolverase o próximo sábado 29 de na Praza da Ferraría, en horario de 16.30h a 20.30 horas. O evento pontevedrés Artistas na rúa, cree no proceso e no resultado da Naturalización das Artes, rompendo cos mitos establecidos e acurtando ...

VER +

XII Encontro de Palilleiras - Pontevedra

O Recinto feiral da Xunqueira acollerá o próximo domingo, 30 de abril, o XII Encontro de Palilleiras Cidade de Pontevedra. “Un clásico xa”, en palabras do alcalde Miguel Fernández Lores, quen recibiu hoxe ás representantes da asociación A Fieitiña, organizadora ...

VER +

E chegou o comandante e mandou parar… O pai de Fidel e Raúl Castro

Galegos polo mundo, ese parece noso sino que nos persegue secularmente. Dese ir e vir, temos descendentes por medio mundo. É o caso entre outros, de grandes figuras históricas como Simón Bolivar fundador das repúblicas da Gran Colombia e Bolivia ...

VER +

Presentación do libro Secretos de una crack - Pontevedra

O autor pontevedrés Félix Alfonsín presenta o libro Secretos de una crack publicado pola Editorial Círculo Rojo. O acto terá lugar o próximo día 21, ás 20 horas no salón de actos do Sexto. Na novela nárrase a historia dunha galega ...

VER +

O Museo recibe en doazón a biblioteca e o arquivo de José Luis Souto - Pontevedra

Os fondos bibliográficos e documentais do Museo víronse recentemente incrementados coa incorporación do arquivo e biblioteca persoais de José Luis Souto (1942-2016) que foron legados no seu testamento. O arquivo e biblioteca de José Luis Souto, composta por aproximadamente 18.000 títulos ...

VER +

Castelao. De Chumbo a Verba. Un Filme de Miguel López

Estrea 20 de maio, no Pazo da Cultura de Pontevedra. A Trama: Nun colexio de Pontevedra celébrase o día dás artes Galegas adicado á ilustre figura de Castelao. A mestra encarga un traballo que teñen que realizar os alumnos durante o fin ...

VER +

“Pasen e lean”, a proposta de Pontevedra no Día internacional do Libro

Desfrutar de lectura e do mundo ao redor do libro será o eixo central de Pasen e Lean, a nova iniciativa do Concellaría de Cultura para conmemorar o Día Internacional do Libro, que se celebrará este domingo 23 de abril. ...

VER +

Aberto o prazo para 'Re-creando', un obradoiro de arte dirixido á mocidade - Ourense

O centro de coñecemento La Molinera abre o prazo de inscrición -gratuíto- para un obradoiro dedicado á arte, Re-creando. Desenvolverase todos os venres durante os tres vindeiros meses en horario de 16:00 a 18:00 horas, e a primeira sesión será, precisamente, ...

VER +

A 22-MITEU abre o telón - Ourense

Circo, danza, concertos e... por suposto, moito teatro do 22 de abril ao 6 de maio Pablo Carbonell, Albert Plá, Clownic, Kukai danza, Vaivén, Teatro da Didascalia... son algúns dos nomes máis atraentes desta edición. Auditorio Municipal, Teatro Principal, Campus universitario e ...

VER +

Circo, danza, concertos e… por suposto, moito teatro do 22 de abril ao 6 de maio
Pablo Carbonell, Albert Plá, Clownic, Kukai danza, Vaivén, Teatro da Didascalia… son algúns dos nomes máis atraentes desta edición.
Auditorio Municipal, Teatro Principal, Campus universitario e as rúas da cidade serán os escenarios.

Natureza propia, a nova creación de Sabela Gago para Rosaura, a Aula de Teatro Universitario de Galicia, abrirá este xoves 20 de abril (desde ás 19:00 horas na praza de San Martiño) a vixésimo segunda edición da MITEU.

No programa, un total de 30 espectáculos de diferentes e diversas disciplinas da expresión escénica, desde o circo ata a danza, pasando pola música e, como non, polo teatro máis clásico, e nomes tan recoñecidos coma os de Pablo Carbonell, Albert Plá ou Bruno Martins xunto aos de novos valores da escena procedentes de lugares tan dispares coma Colombia, Costa de Marfil ou Irak. Pero na festa do teatro non van faltar nomes coma os de García Lorca, Shakespeare, Baricco ou Valle Inclán, demostrando a universalidade das historias que trae a 22-Miteu.

¬VER / DESCARGAR PROGRAMA

Coma en anteriores edicións, os espectáculos dividiranse entre o Auditorio Municipal -no que se poderá ver o espectáculo Ticket, dos cataláns Clownic-, o Teatro Principal, o Campus Universitario, o Liceo, o café cultural Auriense e as propias rúas da cidade. As entradas para os espectáculos, do mesmo xeito, estarán dispoñibles nos propios espazos onde se desenvolvan as actividades, agás nos casos de que sexan gratuítas. A mestura de grupos universitarios con compañías profesionais será unha estupenda ocasión de pulsar o bo estado de saúde do teatro na cidade.

“Non concibimos a programación cultural anual desta cidade sen a mostra de teatro universitario, un espazo único para a liberdade creativa, para a liberdade en termos absolutos”, manifestaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a presentación desta vixésimo segunda edición. O Concello de Ourense, cunha importante achega que supera os 40.000 euros, colabora ademais na produción dos espectáculos.

+INFO NA WEB DA MITEU

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario