Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

A Andaina de Allariz cumpre 20 anos

A concellería de Deportes do Concello de Allariz abre o prazo de inscrición para participar nunha nova edición, e xa van 20, da Andaina de Allariz, que se celebrará o vindeiro sábado 27 de maio. A Andaina popular de Allariz, pioneira ...

VER +

Aberto o prazo para inscribirse na quinta edición Fluindo no Lérez

A Concellaría de Cultura organiza por quinto ano consecutivo Fluíndo no Lérez Encontro de Cultura: Arte e Natureza que se celebrará os vindeiros 9, 10 e 11 de xuño na Illa do Covo, na Casa das Campás, e no Pazo ...

VER +

O León do Mar; O Bogavante

Homarus gammarus (Linnaeus, 1758), coñecido tamén como lubricante, bogavante, cereixo, European lobster, homard European, lavagante. Vive sobre todo o en Océano Atlántico, abarcando desde as costas norueguesas ás de Marrocos; aínda que tamén podemos atopalo no Mediterráneo, chegando ata o Mar Negro. Parte dos ...

VER +

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz abre as súas portas á Edición da Memoria

13 de maio - 20 de outubro O Festival Internacional de Xardíns de Allariz inaugura, este sábado día 13 de maio, una nova edición na que os visitantes poderán gozar de novas creacións efémeras, adicadas, este ano, á Memoria. Baixo o tema ...

VER +

O Concello de Ourense Planifica as Actividades ao Botánico de Montealegre

O Concello de Ourense está a planificar as actividades que se desenvolverán no Botánico de Montealegre. Así, estanse a producir reunións de traballo entre os técnicos da Concellería de Medio Ambiente e a empresa Xesmega, ganadora do concurso da xestión ...

VER +

Ourense subscribe un acordo de colaboración para situarse como referente mundial da xeotermia

O Concello e o Ministerio de Energía, Turismo y Agenda Digital subscribiron esta mañá un acordo de colaboración para situar a Ourense como referente mundial da xeotermia, tal e como puxo de manifesto o ministro Álvaro Nadal trala sinatura. Jesús Vázquez ...

VER +

Reparto e colocación de trampas para combater a extensión da avespa asiática - Pontevedra

O Concello repartirá trampas co fin de frear o avance da avespa asiática (vespa velutina) no municipio, unha loita que coordinará o servizo de Medio Ambiente Natural. O reparto comezará após da Semana Santa, a partir do martes 18 de ...

VER +

Ourense deseña un proxecto para o parque da EDAR

O Concello de Ourense, a través dos concelleiros de Infraestruturas e Participación Cidadá, José Araújo e Carlos Campos, expúxolle a AVV 15 de agosto de Reza, o proxecto inicial para o espazo que actualmente ocupa a Estación Depuradora de Augas ...

VER +

Concello de Ourense e Confederación Hidrográfica acordan diversas actuacións sobre as canles dos ríos

O Concello de Ourense e a Confederación Hidrográfica Miño Sil (CHMS) acordaron diferentes actuacións para unha mellora integral das canles dos ríos da cidade. Así, as reunións entre o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e o presidente da CHMS, Francisco ...

VER +

Concello de Ourense e Sustinea fomentan o autoemprego no ámbito da agricultura ecolóxica

A concelleira de Asuntos Sociais e Xuventude Sofía Godoy visitou esta mañá a horta ecolóxica social da Carballeira, posta en marcha polo Concello e Sustinea para fomentar a empregabilidade no sector da agricultura ecolóxica. Durante dúas semanas, un total de ...

VER +

Faro de Corrubedo en Ribeira

Aquí hai mares por todas as partes e tan distintos como para impor unhas curiosas formas á hora de administrar as súas fronteiras. Hai un mar antigo, convencional, clásico coas súas augas, correntes, espumas e mareas. E hai un mar de ...

VER +

Ourense celebra o Día Mundial da Auga ampliando o horario de apertura da piscina termal das Burgas

O Concello de Ourense súmase á celebración do Día Mundial da Auga ampliando os horarios da piscina termal das Burgas do 22 ao 25 de marzo ata as 23.00h. Unha oportunidade única para gozar dun baño termal baixo as estrelas ...

VER +

No Día Mundial da Auga

Por Raimundo González Carballo, concelleiro responsábel do Ciclo da Auga de Pontevedra O Día Mundial da Auga é unha data de reivindicación e denuncia dos consumos e usos irresponsables. Pero, dende a experiencia, creo que Pontevedra ten moito que celebrar hoxe. A ...

VER +

Últimos traballos de recuperación dos cedros das Palmeiras - Pontevedra

O Departamento de Parques e Xardíns realiza nestes días traballos nos cedros das Palmeiras afectados polos pasados temporais. Son labores de detalle consistentes na retirada de polas danadas, podas selectivas e o arriostramento das ramas que quedaron en pe. O propósito ...

VER +

O Concello e a asociación Sustinea promoven unha horta ecolóxica social urbana - Ourense

A asociación Sustinea e o Concello de Ourense promoven unha horta ecolóxica social na cidade para paliar a falta de recursos económicos e atopar saída laboral na agricultura ecolóxica. A asociación Sustinea, co apoio da Concellería de Asuntos Sociais do Concello ...

VER +

A concellería de Deportes do Concello de Allariz abre o prazo de inscrición para participar nunha nova edición, e xa van 20, da Andaina de Allariz, que se celebrará o vindeiro sábado 27 de maio.

A Andaina popular de Allariz, pioneira en Galicia, celebrábase por primeira vez no ano 1998 e dende entón a súa popularidade non parou de medrar. “50 kilómetros en 12 horas” é unha iniciativa coa que se pretende familiarizar aos participantes neste tipo de proba longa, ademais de potenciar e dinamizar o fermoso itinerario que discorre por antigas vereas, corredoiras e sendeiros naturais de Allariz e arredores. A proba terá un importante compoñente medioambiental porque descorrerá pola práctica totalidade dos camiños que cruzan a Reserva da Biosfera “Área de Allariz”.

A XX edición incorpora unha importante novidade “O percorrido poderase realizar en BTT. Os participantes en BTT farán o mesmo percorrido con saída media hora antes que os andaríns.” segundo explicaba a concelleira de Deportes Helena Suárez.

O prazo de inscrición estará aberto ata o día 26 de maio.  Toda a información en www.allariz.gal/andaina

Lugar de inscrición

  • Piscina Municipal de Allariz
    piscina@allariz.com
    Tel./Fax 988 44 20 83
  • REDONET
    Rúa Ervedelo, 21
    Tel. 988 22 26 92    Fax 988 22 59 60
Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario