Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

Programa Concertos Festas de Ourense 2017

24 de xuño - 2 de xullo ¬VER / DESCARGAR PROGRAMACIÓN CLICK AQUÍ

VER +

Unha nova unidade didáctica convida aos escolares a descubrir o Arquivo municipal - Pontevedra

O Concello editou mil exemplares da unidade didáctica co fin de achegala aos centros educativos da cidade e traballar con ela no propio arquivo onde tamén fanse visitas guiadas. A unidade foi elaborada polo persoal do Arquivo municipal e ilustrada ...

VER +

Programación de todas as Festas de Verán Pontevedra 2017

Música de bandas Xoves, 6 de xullo 21.00 h Baila a Banda. Praza do Teucro Concerto da Banda de Música de Pontevedra coa colaboración do Club de Baile Deportivo Adrián Esperón & Patricia Martínez “Baila Mos” Domingo, 9 de xullo 21.00 h ...

VER +

O Pazo cede unha aula permanente a Asociación de Escritores en Lingua Galega - Pontevedra

A Concellaría de Cultura cederá unha aula á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) no Pazo da Cultura para que teña unha aula permanente en Pontevedra onde poida impartir os obradoiros da Escola de Escritores que organiza habitualmente na ...

VER +

Surfing The Lérez - Pontevedra

A cita será o 17 de xuño con catorce grupos e moitas actividades infantís. Volve unha nova edición do Surfing The Lérez que se celebrará o vindeiro 17 de xuño na Illa do Covo, como en citas anteriores. Este ano terá como ...

VER +

Baiona, Unha Vila Real

Esta preciosa vila está situada nunha tranquila baía entre Monte Real e ou Monteferro. A súa boa condición como porto natural motivou que fose unha poboación moito máis importante que Vigo ata o s. XVIII, cunha notable liberdade de comercio grazas ...

VER +

Homenaxe a Carlos Casares no Liceo de Ourense

7 de xuño ás 20h no Liceo de Ourense

VER +

Comeza o ciclo Sons na Rúa coa Banda de Música de Pontevedra (Programa)

Serán sete concertos, que se celebrarán entre o 8 de xuño e 18 de agosto, unha cita esta última que se desenvolverá na recta final das Festas da Peregrina. Coa chegada do tempo de verán as prazas e rúas da cidade ...

VER +

Presentación Libro Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República - Pontevedra

Venres 9 de xuño, ás 19,30h na Libraría Baroja  Presentación do libro "Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República"  de Álvaro Rodríguez Núñez.  

VER +

Concerto Solidario Ourense

Con 10 euros podemos contribuir, desde Ourense, ao desenvolvemento de países de África occidental, concretamente de Guinea Bissau, mediante proxectos sanitarios, sociais, educativos e medioambientais, así como de axuda a colectivos e persoas marxinadas ou desfavorecidas. E precisamente esa é a ...

VER +

Premios III Maratón Fotográfico Cidade de Ourense

1º Premio - Marta Dorribo Gonzalez - 1.000€ 2º Premio - Rafael Juliana Méndez - 500€ 3º Premio - Alba Araújo Pinto - 300€ A maiores, catro accesit ás mellores fotografías de cada serie. Accesit ¨Negro¨ - María Belén Alonso ...

VER +

Nova Páxina Web do Concello de Allariz

O Concello de Allariz lanza a súa nova páxina web www.allariz.gal, centrada na administración electrónica, a actualidade e o turismo (esta última aínda en construción). O novo espazo foi deseñado co obxectivo de transmitir unha maior transparencia ademais de permitir aos ...

VER +

Mini-científicos/as amosan as súas investigacións en Pontenciencia - Pontevedra (programa)

Achegarse a ciencia e a innovación dende a escola, promover o coñecemento científico, despertar a curiosidade, visibilizar a ciencia e todo elo vinculando a Universidade aos colexios. Con estes obxectivos chega Pontenciencia, a cita dos mini-científicos/as que presentarán, após de ...

VER +

Feira do Libro de Ourense

31 de maio – 4 de xuño en Ourense

VER +

Unha iniciativa cultural que pretende “promover e apoiar aos novos valores nos distintos eidos das artes plásticas, premiando e difundindo os traballos dos creadores máis novos”, afirmou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández quen, xunto ao director do Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, Francisco González, presentaron esta mañá no Centro Cultural as bases deste certame.

Francisco González sinalou que este certame é “unha das primeiras iniciativas que se puxeron en marcha cando abriu este Centro Cultural, ao detectar que non había ningunha proposta para os artistas mozos, menores de 30 anos, o sector de creadores que máis apoio precisa”. A primeira edición deste certame foi no ano 2000 e “comezou sendo un evento anual, aínda que agora é bianual polo que se convoca cada dous anos”, engadiu o director do Centro Cultural, destacando que adoitan presentarse “sobre 150 pezas de artistas non só galegos senón tamén de todo o territorio nacional e mesmo do estranxeiro, pois algún artista mexicano ten sido premiado neste certame. A fotografía é a disciplina artística que está máis presente no certame”.

¬VER / DESCARGAR BASES

A convocatoria realizarase para as modalidades de pintura, escultura, gravado e calquera outro tipo de expresión artística. Poderán participar todos aqueles artistas con idades entre os 18 e os 30 anos, sendo a temática libre, polo que se admiten todo tipo de tendencia estética. Na realización da obra poderase empregar calquera tipo de técnica e material.

Cada participante pode presentarse cun máximo de dúas obras, aínda que pertenzan a distintas modalidades. En canto ás características das obras deberán axustarse ás seguintes características: na modalidade de pintura, non deberán ser superiores a dous metros en calquera das súas dimensións; na modalidade de escultura, terán unha altura máxima de 1,80 metros e unha base que non superará o 1×1 metro;  e nas modalidades de gravado e de outras expresións artísticas as medidas serán libres. Asemade, as obras non poderán estar premiadas anteriormente en ningún outro certame artístico.

Os premios do certame estableceranse sen distinción de modalidade, dese modo, haberá un primeiro premio de 3.000 euros, un segundo premio de 2.000 euros, un terceiro premio de 1.000 euros, e dous accésits de 500 euros cada un. En total, “destinarase unha dotación económica de 7.000 euros en premios para este certame”, dixo Francisco González quen engadiu que “o xurado poderá conceder tamén accésits honoríficos se así o considera oportuno, así como declarar deserto calquera dos premios”.

“A Deputación de Ourense realizará, no mes de setembro, unha exposición cunha selección dos traballos presentados e o seu correspondente catálogo”, dixo Rosendo Fernández.

O xurado do certame estará integrado por un mínimo de cinco membros vencellados ao mundo das artes plásticas, que serán designados pola presidencia da institución provincial.

Os interesados en participar poderán presentar as súas obras desde a convocatoria deste certame de acordo coa súa publicación no Boletín Oficial da Provincia ata o día 15 de xuño de 2017. As obras enviaranse ou entregaranse no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación. Para a súa identificación, as obras levarán en lugar visible un lema identificativo, que pode ser común ás obras presentadas polo mesmo autor. En sobre pechado aparte, incluirá un Boletín de participación no certame ou copia do mesmo por cada obra presentada, debidamente cumprimentado e cunha copia do DNI do autor. No exterior do sobre figurará o lema da obra ou das obras.

 

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario

Navegador Web

buscar_navegador