Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

Programa Concertos Festas de Ourense 2017

24 de xuño - 2 de xullo ¬VER / DESCARGAR PROGRAMACIÓN CLICK AQUÍ

VER +

Unha nova unidade didáctica convida aos escolares a descubrir o Arquivo municipal - Pontevedra

O Concello editou mil exemplares da unidade didáctica co fin de achegala aos centros educativos da cidade e traballar con ela no propio arquivo onde tamén fanse visitas guiadas. A unidade foi elaborada polo persoal do Arquivo municipal e ilustrada ...

VER +

Programación de todas as Festas de Verán Pontevedra 2017

Música de bandas Xoves, 6 de xullo 21.00 h Baila a Banda. Praza do Teucro Concerto da Banda de Música de Pontevedra coa colaboración do Club de Baile Deportivo Adrián Esperón & Patricia Martínez “Baila Mos” Domingo, 9 de xullo 21.00 h ...

VER +

O Pazo cede unha aula permanente a Asociación de Escritores en Lingua Galega - Pontevedra

A Concellaría de Cultura cederá unha aula á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) no Pazo da Cultura para que teña unha aula permanente en Pontevedra onde poida impartir os obradoiros da Escola de Escritores que organiza habitualmente na ...

VER +

Surfing The Lérez - Pontevedra

A cita será o 17 de xuño con catorce grupos e moitas actividades infantís. Volve unha nova edición do Surfing The Lérez que se celebrará o vindeiro 17 de xuño na Illa do Covo, como en citas anteriores. Este ano terá como ...

VER +

Baiona, Unha Vila Real

Esta preciosa vila está situada nunha tranquila baía entre Monte Real e ou Monteferro. A súa boa condición como porto natural motivou que fose unha poboación moito máis importante que Vigo ata o s. XVIII, cunha notable liberdade de comercio grazas ...

VER +

Homenaxe a Carlos Casares no Liceo de Ourense

7 de xuño ás 20h no Liceo de Ourense

VER +

Comeza o ciclo Sons na Rúa coa Banda de Música de Pontevedra (Programa)

Serán sete concertos, que se celebrarán entre o 8 de xuño e 18 de agosto, unha cita esta última que se desenvolverá na recta final das Festas da Peregrina. Coa chegada do tempo de verán as prazas e rúas da cidade ...

VER +

Presentación Libro Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República - Pontevedra

Venres 9 de xuño, ás 19,30h na Libraría Baroja  Presentación do libro "Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República"  de Álvaro Rodríguez Núñez.  

VER +

Concerto Solidario Ourense

Con 10 euros podemos contribuir, desde Ourense, ao desenvolvemento de países de África occidental, concretamente de Guinea Bissau, mediante proxectos sanitarios, sociais, educativos e medioambientais, así como de axuda a colectivos e persoas marxinadas ou desfavorecidas. E precisamente esa é a ...

VER +

Premios III Maratón Fotográfico Cidade de Ourense

1º Premio - Marta Dorribo Gonzalez - 1.000€ 2º Premio - Rafael Juliana Méndez - 500€ 3º Premio - Alba Araújo Pinto - 300€ A maiores, catro accesit ás mellores fotografías de cada serie. Accesit ¨Negro¨ - María Belén Alonso ...

VER +

Nova Páxina Web do Concello de Allariz

O Concello de Allariz lanza a súa nova páxina web www.allariz.gal, centrada na administración electrónica, a actualidade e o turismo (esta última aínda en construción). O novo espazo foi deseñado co obxectivo de transmitir unha maior transparencia ademais de permitir aos ...

VER +

Mini-científicos/as amosan as súas investigacións en Pontenciencia - Pontevedra (programa)

Achegarse a ciencia e a innovación dende a escola, promover o coñecemento científico, despertar a curiosidade, visibilizar a ciencia e todo elo vinculando a Universidade aos colexios. Con estes obxectivos chega Pontenciencia, a cita dos mini-científicos/as que presentarán, após de ...

VER +

Feira do Libro de Ourense

31 de maio – 4 de xuño en Ourense

VER +

Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, e Verín acollerán funcións e encontros co Mago Teto, Dani García, Fran Rei, o Mago Xacobe ou o Mago Paco

Este programa, nacido da colaboración en rede dos concellos, achega ilusionismo, formación e diversión a todos os públicos, un abril máis, tralo éxito da anterior edición

A segunda edición de Terra Máxica terá lugar do 2 ao 30 de abril en diversos escenarios de cinco concellos da provincia de Ourense: Allariz, A Rúa, Baños de Molgas, Barbadás, e Verín. Ademais dos espectáculos de cinco grandes artistas, como Fran Rei, o Mago Teto, Dani García, o Mago Xacobe e o Mago Paco, Terra Máxica caracterízase polo seu apartado formativo, cunha charla específica do Mago Teto, “A incrible historia da maxia.

Cinco espectáculos de primeiro nivel no programa

Así, a Casa da Cultura de Allariz programará os domingos ás seis da tarde, sendo o primeiro o día 9, co espectáculo O conto de Barriga Verde, de Fran Rei, inspirado en relatos de Manuel María, autor a quen se lle dedicaron as Letras Galegas no 2016. O domingo 23 será a quenda do Mago Teto, con 25 anos de Tolemaxias, e esa mesma mañá ofrecerá no mesmo espazo a charla “A incrible historia da maxia”. Xa o domingo 30 tocaralle ao Mago Xacobe, con Ilusións máxicas.

Por outra banda, no Centro Cultural Avenida da Rúa programan tamén os domingos ás seis, máis en distintas datas: abre a programación o Mago Paco con Ledicias o domingo 2; o 9 será a quenda do Mago Teto, coa súa charla ás, 12 horas, “A incrible historia da maxia”, e os 25 anos de Tolemaxias á tarde. E por último, o domingo 23 ás seis, o Mago Dani García dálle unha Volta á maxia. O deste mago será tamén o espectáculo en Baños de Molgas, no Edificio multiusos onda a Estación, o venres 14 ás seis.

Na Casa da Cultura Manuel María de Barbadás, Terra Máxica terá función os venres ás 19 horas, e arrinca, como non podía ser doutro xeito co novo nome, c’O conto de Barriga Verde de Fran Rei o venres 7. A seguir, o venres 21, o Mago Teto ofrece ás 12.30 horas a charla “A incrible historia da maxia” e ás 19 horas un espectáculo moi especial, Xuntanza Máxica, maxia a catro mans co Mago Mimo Anyo. Por último, o venres 28 ás 19 horas, o Mago Xacobe pon en escena Ilusións máxicas.

No Concello de Verín, o espazo escollido volve ser o Salón de Actos do Colexio María Inmaculada, e os días de función, os sábados ás sete: o día 8 arrinca con  Fran Rei e O conto de Barriga Verde, o 22 coa charla do Mago Teto “A incrible historia da maxia” (que terá lugar na Casa da Cultura e non no Salón), e ás 19 horas, o espectáculo 25 anos de Tolemaxias, do mesmo mago, e xa o sábado 29 actuará o Mago Xacobe con Ilusións máxicas.

 

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario