Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

- GALLEGO REI, M.: A beira da Santiña, edita Mario Gallego Rei, Pontevedra, 2016.
- Hemeroteca.

O Milagre das Uvas e do Millo

O Burgo, verdadeiro territorio de carácter e circunstancias propias, é a Triana da nosa Pontevedra. Nunca alleo ao discurso e ao devir da cidade, ofrécenos unha historia e, ao fin, un legado que convén non desprotexer. O crecemento urbano nunca ...

VER +

Sinsabores dunha Pedra Importante: O Miliario de Adriano

Por miliario entendemos unha columna pétrea de gran peso e  tamaño que funcionaba a xeito de marco quilométrico nas antigas vías romanas. E frecuente que leven inscricións onde se especifica a vía na que se atopaba, así como a distancia ...

VER +

Boa Semana!

Desde a Rúa do Paseo de Ourense...Boa semana! Autora:  

VER +

Boa Semana!

En Santa Mariña  de Augas Santas (Allariz - Ourense) Autora:    

VER +

Haiche moito yeyé: A Movida Galega, Madrid escríbese con ‘V’ de Vigo

Ninguén que teña una certa idade – tampouco tan maiores eh! – poderá esquecer que pensabamos que entón eran “malos tiempos para la lírica” (ilusos que eramos, xa os quixésemos agora), e despregabamos o noso humor negro galego con aquilo de “y ...

VER +

Feliz día do Traballo

1 de Maio. Feliz día do Traballador

VER +

Ser galego non é fácil

Paul Theroux  escribía no seu libro The Pillars Of Hercules (1995 -  As Columnas de Hércules) ..." tiña todas as características dos galegos, que son, sobre todo, inexplicables e enigmáticos". Si, ser galego non é fácil... Somos un pobo con moitos ...

VER +

Los hombres rana de Potter que recuperaron los cadáveres

El naufragio del Ave del Mar

(O autor escribe en español, respéctase o idioma de orixe) Las islas Cíes, el paraíso natural tan cerca de nosotros, lugar de leyendas y testigo de numerosos naufragios se hacía eco de un triste suceso ocurrido hace 60 años, que llenó ...

VER +

A Xunqueira da Gándara do Alba: Un paraíso natural na cidade de Pontevedra

Dende 2012 a cidade de Pontevedra posúe un ENIL, ou o que é o mesmo: un Espazo Natural de Interese Local. Trátase de case 70 hectáreas –das cales 48 pertencen á xunqueira propiamente dita– conformando un dos máis fermosos paraxes ...

VER +

AQUIS QUERQUENNIS : A Mansión Varia

Nela podemos ver un monólito no que están gravados o número de millas existentes entre Braga e Astorga, e mostra así as mansións da vía coas súas correspondentes distancias intermansionarias. Os restos deste establecemento hostaleiro foi erixido seguramente en dous momentos ...

VER +

Boa semana!

Desde Celanova e con Don Celso Emilio Ferreiro Autora:

VER +

Imaxe do día

Bo dia desde Santa Mariña de Augas Santas Autora:  

VER +

Imaxe do día

Desde unha xanela calquera ... Bo día! Autora:  

VER +

Imaxe do día

Bo día desde calquera río galego!!! Autora:    

VER +

Cando un pensa nunha imaxe característica da cidade de Pontevedra, un rosario de postais acoden prestas ao maxín. A “Boa Vila” ofrece unha multitude de lugares impregnados de  personalidade, dunha delicada beleza e cun sabor entre pedra e ría.

Entre estes recunchos de vida que definen á urbe do Lérez, ocupa un lugar destacado a Praza da Leña. Xorde aparentemente como un recolecto espazo, mais agocha o transito de xeracións e conserva a memoria dunha cidade enteira. Acolle os enredos infantís á vez que ofrecese como unha fermosa terraza de granito onde poder desfrutar de viños e tapas.

A estampa da Praza da Leña foi reproducida  en infinidade de ocasións baixo diferentes artes e técnicas: debuxo, pintura, gravado, fotografía, etc

Imaxe: Praza da Leña 1900 

A praza obtivo o seu nome en 1854 e fai referencia á venda de leña e piñas como material de combustión que alí producíase; antigamente denominábase “Eiradiño” ou “Eirado da Leña” e posuía unhas dimensións máis reducidas que as actuais. Confórmana unha serie de vivendas asoportaladas, de planta baixa e dous andares, que continuarían ás antigas construcións procedentes da actual rúa Figueroa. Son edificios dos séculos XVIII e XIX que proporcionan un gosto entrañable e moi pechado ao lugar. Tres das vivendas que podemos apreciar posúen soportais adintelados con columnas de orde toscana nos capiteis e baseamentos, outra –actual número 35– mostra dous arcos de medio punto descansando sobre pilastras. Os panos das fachadas, cristaleiras, cornixas e carpinterías dos inmobles constitúen elementos interesantes na fisionomía do enclave.

A praza obtivo o seu nome en 1854 e fai referencia á venda de leña e piñas como material de combustión que alí producíase; antigamente denominábase “Eiradiño” ou “Eirado da Leña”

Imaxe: www.todocoleccion.net

No século XVIII a praza reformúlase coa construción na súa contorna inmediata dos pazos de Castro Monteagudo e García Flórez, actuais sedes do Museo Provincial. O arquitecto Francisco Pons Sorolla y Arnau intervirá –xa no século XX– no espazo con actuacións destinadas á restauración e limpeza de vivendas e mellora dos pavimentos, sempre respectando ao máximo o aspecto da praza.

Un dos elementos máis característicos da Praza da Leña outórgallo o cruceiro sito no centro. Non se fixo para este sitio, senón que instalouse alí en 1941 procedente de Caldas de Reis.

lena4

Imaxe: Gustavo Marshall (2015)

Un dos elementos máis característicos da Praza da Leña outórgallo o cruceiro sito no centro. Non se fixo para este sitio, senón que instalouse alí en 1941 procedente de Caldas de Reis. Actualmente o sitio non se concibe sen este elemento que sumouse a unha serie de intervencións, no casco vello da cidade, que viron a recuperar diferentes obras ou anacos de antigas construcións nun dialogo de inspiración historicista para o “engalanamento” da urbe. O cruceiro, pertencente ao Museo Provincial, sería cedido ao concello; sufriu varios danos ao longo do tempo, someténdose a restauracións en algunhas ocasións. Unha primeira recomposición nun debuxo veu da man de Castelao, para o seu afamado e tan belido ensaio As cruces de pedra na Galiza. Da súa traza orixinal queda o capitel e máis a cruz; sendo o fuste, o pedestal e a plataforma de tres chanzos engadidos posteriores. Encádrase entre os séculos XVI e XVII como un modelo de transición ao barroco.

Unha primeira recomposición nun debuxo veu da man de Castelao, para o seu afamado e tan belido ensaio As cruces de pedra na Galiza.

Debuxo do cruceiro por Castelao (Imaxe: Mateo Fontán Couto)

A estampa da Praza da Leña foi reproducida  en infinidade de ocasións baixo diferentes artes e técnicas: debuxo, pintura, gravado, fotografía, etc. Artistas como Carlos Sobrino Buhigas, José Seijo Rubio ou Carlos Mourón; fotógrafos de onte, tamén os de hoxe que volven a ela unha e outra vez, e tantos outros, deixaron testemuño dun dos emprazamentos máis feiticeiros da nosa cidade. Coido que non sería  demasiado complicado a compilación de obras destacadas e curiosas en diferentes formatos para a montaxe dunha exposición que tivera como eixe vertebrador á Praza da Leña de Pontevedra.

Para saber máis:

– FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, C.: Pontevedra. La Memoria rescatada, Deputación de Pontevedra, Pontevedra, 2015.

– FONTOIRA SURÍS, J.: Pontevedra monumental, Deputación de Pontevedra, Cambados, 2009.

– GARCÍA IGLESIAS, J. B.: Habladme piedras, Alfil, Pontevedra, 2013.

Autor:

mateo_pub
Mateo Fontán Couto. Historia, Arqueoloxía, Natureza / Historia, Arqueología, Naturaleza

face_icono

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 3 Promedio: 3.7]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario

buscar_navegador

 

 

Navegador da Web