Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Programa Concertos Festas de Ourense 2017

24 de xuño - 2 de xullo ¬VER / DESCARGAR PROGRAMACIÓN CLICK AQUÍ

VER +

Programación de todas as Festas de Verán Pontevedra 2017

Música de bandas Xoves, 6 de xullo 21.00 h Baila a Banda. Praza do Teucro Concerto da Banda de Música de Pontevedra coa colaboración do Club de Baile Deportivo Adrián Esperón & Patricia Martínez “Baila Mos” Domingo, 9 de xullo 21.00 h ...

VER +

Lourizán repasa a súa historia - Pontevedra

Na praza de Marqués de Valterra a exposición “Lourizán”, un percorrido histórico pola parroquia, que se centra en varias actividades municipais de presente e futuro, como o ARI, as últimas reformas e obras, o e o proxecto da Casa da ...

VER +

Baiona, Unha Vila Real

Esta preciosa vila está situada nunha tranquila baía entre Monte Real e ou Monteferro. A súa boa condición como porto natural motivou que fose unha poboación moito máis importante que Vigo ata o s. XVIII, cunha notable liberdade de comercio grazas ...

VER +

40 Aniversario da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia

8-11 de xuño en Silleda (Pontevedra) A maior feira de mostras e lecer do noroeste cumpre catro décadas como espazo de referencia para innumerables sectores e empresas polo seu gran valor como ferramenta comercial. E faino cunha edición na que seguirá fortalecendo ...

VER +

Inauguración escultura en pedra adicada ao boi de Allariz

Sábado 3 de xuño ás 19:30h O Paseo da Alameda incorporará, ademáis dunha nova imaxe renovada no seu acceso, un novo elemento decorativo. Este sábado 3 de xuño o Concello de Allariz inaugurará neste espazo, unha escultura en pedra adicada ao boi ...

VER +

Ponteverán-2017 (Programa)

Ponteverán-2017 está á volta “para encher o verán de actividades de lecer” en palabras do concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña. Campamentos e obradoiros, actividades culturais, deportivas e no medio natural e actividades formativas integran a oferta de tempo libre á ...

VER +

A muiñeira ocupará a cidade o 2 de xuño - Pontevedra (Programa)

Pontevedra celebra unha vez máis -e van 46- o Día da Muiñeira. A cita é o próximo 2 de xuño e o seu epicentro estará na avenida Montero Ríos, a partir das 20.00 horas. Media hora antes os grupos participantes ...

VER +

A música máis popular dos anos 80 e 90 animará as Festas de Ourense

A Praza Maior de Ourense viaxará no tempo para homenaxear á mellor música dos anos 80 e 90, o luns, día 26 de xuño, ás 22:30 horas. Será coa actuación de La edad de oro del pop español, a superbanda ...

VER +

A Andaina de Allariz cumpre 20 anos

A concellería de Deportes do Concello de Allariz abre o prazo de inscrición para participar nunha nova edición, e xa van 20, da Andaina de Allariz, que se celebrará o vindeiro sábado 27 de maio. A Andaina popular de Allariz, pioneira ...

VER +

O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra cumpre 25 anos (Programa)

Cinema e música en vivo irán da man neste aniversario coa programación do ciclo Notametraxes-17, que se desenvolverá no Teatro Principal todos os mércores dende o 24 de maio ao 14 de xuño. O XXV Festival converterá á cidade no referente ...

VER +

Ecomuseo de Arxeriz mostra un mapa interactivo das igrexas románicas da Ribeira Sacra

O Ecomuseo de Arxeriz, dependente da Fundación Xosé Soto de Fión, acaba de facer público un mapa interactivo que localiza as igrexas románicas presentes na Ribeira Sacra. O plano amosa a localización destes bens, o xeito de chegar e fotografías ...

VER +

Festival de Títeres de Redondela

15 - 21 de maio A XVIII Edición do Festival de Títeres de Redondela encherá a Vila dos Viadutos de actuacións en rúas en salas. Un total de 25 compañías chegadas de Brasil, Italia, Estados Unidos, Dinamarca, Arxentina e Galicia. ¬+INFO NA ...

VER +

Notas acerca do Camiño Portugués de Santiago

O Camiño ou ruta xacobea desde Portugal, moi posiblemente xa era un feito na época alta medieval, agora ben, é a partir da independencia do territorio luso no século XII cando comeza a tonarse máis vigorosa. Estas diferentes sendas do camiño, ...

VER +

O Concello de Pontevedra acolleu a reunión do Comité Organizador do Festival Multisport Pontevedra 2019 integrado polo Concello de Pontevedra, a Deputación provincial, a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral do Deporte, e as federacións Internacional, Española e Galega de Triatlón.

Na reunión estiveron presentes, polo tanto, o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, a presidenta da Deputación, Carmela Silva, a secretaría xeral para o Deporte, Marta Míguez, o presidente da Federación Española de Triatlón, José Hidalgo, e o presidente da Federación Galega, Óscar Surís, acompañados de técnicos das distintas institucións e entidades que integran este Comité Organizador.

Na reunión se confirmou que en Pontevedra se celebrarán no ano 2019 (as datas concretas están por pechar) os campionatos do mundo de Aquatlón, Triatlón de longa distancia, Triatlón Cross, Duatón e Aquabike (3 km de natación e 120 km de carreira en bici).

Está previsto que congregue durante uns 10 días a arredor de 4.000 deportistas, o que suporá unha visita de máis de 10.000 persoas dado que este tipo de atletas soen viaxar acompañados das súas familias. Isto implica un revulsivo económico moi importante para Pontevedra, a súa comarca e a provincia.

O primeiro Festival Multisport celébrase este ano en Canadá, e o vindeiro 2018 en Dinamarca. A terceira experiencia será a de Pontevedra, que en palabras do presidente da Federación Española “é o proxecto máis ambicioso ao que se presenta a Federación española dende a súa existencia”. Tamén destacou a importancia do proxecto pola súa repercusión económica e turística, ademais de polas evidentes repercusións deportivas.

A presidenta da Deputación, Carmela Silva, quixo salientar o polo de atracción turística que suporá este evento, polo que a Deputación estará para apoiar as decisións do Comité organizador tanto económica como organizativamente. Felicitou ao Concello de Pontevedra por asumir o reto de organizar un evento deportivo destas características.

O presidente da Federación Galega de Triatlón, Óscar Surís tamén felicitou á cidade e a todos os organizadores por esta iniciativa, e a secretaría xeral da Xunta, Marta Míguez explicou que este Festival Multisport Triatlón Pontevedra 2019 “supón un paso adiante ao máis alto nivel, e dispón de todos os ingredientes para realizalo con solvencia. Pontevedra xa demostrou que é capaz”.

O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores explicou que o Festival xa dispón de imaxe: o neto de Ravachol. A organización pide a axuda dos pontevedreses para darlle un nome.

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario