Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

Programa Concertos Festas de Ourense 2017

24 de xuño - 2 de xullo ¬VER / DESCARGAR PROGRAMACIÓN CLICK AQUÍ

VER +

Unha nova unidade didáctica convida aos escolares a descubrir o Arquivo municipal - Pontevedra

O Concello editou mil exemplares da unidade didáctica co fin de achegala aos centros educativos da cidade e traballar con ela no propio arquivo onde tamén fanse visitas guiadas. A unidade foi elaborada polo persoal do Arquivo municipal e ilustrada ...

VER +

Programación de todas as Festas de Verán Pontevedra 2017

Música de bandas Xoves, 6 de xullo 21.00 h Baila a Banda. Praza do Teucro Concerto da Banda de Música de Pontevedra coa colaboración do Club de Baile Deportivo Adrián Esperón & Patricia Martínez “Baila Mos” Domingo, 9 de xullo 21.00 h ...

VER +

O Pazo cede unha aula permanente a Asociación de Escritores en Lingua Galega - Pontevedra

A Concellaría de Cultura cederá unha aula á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) no Pazo da Cultura para que teña unha aula permanente en Pontevedra onde poida impartir os obradoiros da Escola de Escritores que organiza habitualmente na ...

VER +

Surfing The Lérez - Pontevedra

A cita será o 17 de xuño con catorce grupos e moitas actividades infantís. Volve unha nova edición do Surfing The Lérez que se celebrará o vindeiro 17 de xuño na Illa do Covo, como en citas anteriores. Este ano terá como ...

VER +

Baiona, Unha Vila Real

Esta preciosa vila está situada nunha tranquila baía entre Monte Real e ou Monteferro. A súa boa condición como porto natural motivou que fose unha poboación moito máis importante que Vigo ata o s. XVIII, cunha notable liberdade de comercio grazas ...

VER +

Homenaxe a Carlos Casares no Liceo de Ourense

7 de xuño ás 20h no Liceo de Ourense

VER +

Comeza o ciclo Sons na Rúa coa Banda de Música de Pontevedra (Programa)

Serán sete concertos, que se celebrarán entre o 8 de xuño e 18 de agosto, unha cita esta última que se desenvolverá na recta final das Festas da Peregrina. Coa chegada do tempo de verán as prazas e rúas da cidade ...

VER +

Presentación Libro Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República - Pontevedra

Venres 9 de xuño, ás 19,30h na Libraría Baroja  Presentación do libro "Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República"  de Álvaro Rodríguez Núñez.  

VER +

Concerto Solidario Ourense

Con 10 euros podemos contribuir, desde Ourense, ao desenvolvemento de países de África occidental, concretamente de Guinea Bissau, mediante proxectos sanitarios, sociais, educativos e medioambientais, así como de axuda a colectivos e persoas marxinadas ou desfavorecidas. E precisamente esa é a ...

VER +

Premios III Maratón Fotográfico Cidade de Ourense

1º Premio - Marta Dorribo Gonzalez - 1.000€ 2º Premio - Rafael Juliana Méndez - 500€ 3º Premio - Alba Araújo Pinto - 300€ A maiores, catro accesit ás mellores fotografías de cada serie. Accesit ¨Negro¨ - María Belén Alonso ...

VER +

Nova Páxina Web do Concello de Allariz

O Concello de Allariz lanza a súa nova páxina web www.allariz.gal, centrada na administración electrónica, a actualidade e o turismo (esta última aínda en construción). O novo espazo foi deseñado co obxectivo de transmitir unha maior transparencia ademais de permitir aos ...

VER +

Mini-científicos/as amosan as súas investigacións en Pontenciencia - Pontevedra (programa)

Achegarse a ciencia e a innovación dende a escola, promover o coñecemento científico, despertar a curiosidade, visibilizar a ciencia e todo elo vinculando a Universidade aos colexios. Con estes obxectivos chega Pontenciencia, a cita dos mini-científicos/as que presentarán, após de ...

VER +

Feira do Libro de Ourense

31 de maio – 4 de xuño en Ourense

VER +

A XI Festa da Orella, o domingo 26 de marzo e o XIX Memorial Antonio Odriozola, os días 25 e 26 de marzo porán o foco enriba de Lérez durante toda a fin de semana. Gastronomía, música, xogos, artesanía e a exposición da camelia daranse cita na parroquia, coa veciñanza como protagonista.

“Interésanos a promoción das festas nas que os veciños e veciñas están na súa preparación” sinalaba a concelleira de Festas, Carme da Silva, ao carón dos presidentes da Asociación de veciños de Lérez, María Xosé Abilleira (promotora da Festa da Orella) e Manuel Ogando, presidente da Asociación cultural Stmo. Cristo del Consuelo (promotora do Memorial Antonio Odriozola).

Medio cento de persoas traballan na organización da cita gastronómica que se desenvolverá no adro do Mosteiro de Lérez. Os que se acheguen poderán gozar de orella (ao estilo tradicional, en empanada ou doce) pero tamén de churrasco e polbo. Os prezos están moi axeitados: cazola de orella, 5 euros (inclúe viño e pan); empanada, 3 euros; orella doce, 50 céntimos a unidade; polbo e churrasco (inclúe críollo e patacas), 8 euros.

A festa é o marco elixido pola Escola dos Gaiteiros das Rías Baixas para que os pequenos que van a ela fagan o seu debut. Será este grupo o que poña a banda sonora á festa, na que tamén haberá tempo para unha sesión DJ. Os nenos e nenas poderán gozar de inchables de balde.

Por outra banda, o XIX Memorial Antonio Odriozola reunirá a 28 expositores no Mosteiro de Lérez, entre eles Eusebio López, gañador do Concurso da Camelia de Vigo.

A exposición da camelia terá o seguinte horario:

-Sábado, 25: de 17.30 a 20.30 horas

-Domingo, 26: de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario