Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

A música máis popular dos anos 80 e 90 animará as Festas de Ourense

A Praza Maior de Ourense viaxará no tempo para homenaxear á mellor música dos anos 80 e 90, o luns, día 26 de xuño, ás 22:30 horas. Será coa actuación de La edad de oro del pop español, a superbanda ...

VER +

A Andaina de Allariz cumpre 20 anos

A concellería de Deportes do Concello de Allariz abre o prazo de inscrición para participar nunha nova edición, e xa van 20, da Andaina de Allariz, que se celebrará o vindeiro sábado 27 de maio. A Andaina popular de Allariz, pioneira ...

VER +

O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra cumpre 25 anos (Programa)

Cinema e música en vivo irán da man neste aniversario coa programación do ciclo Notametraxes-17, que se desenvolverá no Teatro Principal todos os mércores dende o 24 de maio ao 14 de xuño. O XXV Festival converterá á cidade no referente ...

VER +

Ecomuseo de Arxeriz mostra un mapa interactivo das igrexas románicas da Ribeira Sacra

O Ecomuseo de Arxeriz, dependente da Fundación Xosé Soto de Fión, acaba de facer público un mapa interactivo que localiza as igrexas románicas presentes na Ribeira Sacra. O plano amosa a localización destes bens, o xeito de chegar e fotografías ...

VER +

Festival de Títeres de Redondela

15 - 21 de maio A XVIII Edición do Festival de Títeres de Redondela encherá a Vila dos Viadutos de actuacións en rúas en salas. Un total de 25 compañías chegadas de Brasil, Italia, Estados Unidos, Dinamarca, Arxentina e Galicia. ¬+INFO NA ...

VER +

Notas acerca do Camiño Portugués de Santiago

O Camiño ou ruta xacobea desde Portugal, moi posiblemente xa era un feito na época alta medieval, agora ben, é a partir da independencia do territorio luso no século XII cando comeza a tonarse máis vigorosa. Estas diferentes sendas do camiño, ...

VER +

O Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé - Ourense

A escasamente tres kilómetros do centro da capital de Ourense, encóntrase o Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé. Concorren nel, os valores históricos característicos dun complexo xacemento arqueológico, cos naturais derivados dunha contorna na que se conserva unha peculiar vexetación, con suxerentes ...

VER +

O IV Festival de Cafés Especiais SCA España, busca en Pontevedra aos seus representantes mundiais

Do 11 ao 14 de maio, 48 profesionais competirán nas modalidades de Barista, Latte Art, Brewers, Coffe in Good Spirits e CupTasters, co obxectivo de representar a España nos campionatos mundiais. Stands, degustacións, demostracións, películas, conferencias ou obradoiros son só algunhas ...

VER +

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz abre as súas portas á Edición da Memoria

13 de maio - 20 de outubro O Festival Internacional de Xardíns de Allariz inaugura, este sábado día 13 de maio, una nova edición na que os visitantes poderán gozar de novas creacións efémeras, adicadas, este ano, á Memoria. Baixo o tema ...

VER +

Ourense celebra este domingo Os Maios (Programa)

A rúa do Paseo será unha romaría este domingo coa tradicional celebración dos Maios, declarada Festa de Interese Turístico. As actividades, presentadas en rolda de prensa no Auditorio coa presenza do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, da concelleira de Cultura, ...

VER +

O Concello de Ourense Planifica as Actividades ao Botánico de Montealegre

O Concello de Ourense está a planificar as actividades que se desenvolverán no Botánico de Montealegre. Así, estanse a producir reunións de traballo entre os técnicos da Concellería de Medio Ambiente e a empresa Xesmega, ganadora do concurso da xestión ...

VER +

Sabores de Ourense Primavera 2017

O cambio de estación vén revolucionar as cociñas a cidade. Do 27 de abril ao 7 de maio volven os Sabores de Ourense, unha nova edición do Concurso de Pinchos na súa versión máis primaveral. No tempo das flores, homenaxeamos ...

VER +

Quentando motores para a Festa da Lamprea de Arbo

Ata un total de 170 participantes, déronse cita este domingo dia 23 de abril na Praza do Concello de Arbo, para asistir á  Marcha Btt da Lamprea, que por terceiro ano consecutivo organiza o Concello de Arbo. Como comezo da semana ...

VER +

Festa dos Maios Ourense

Festa dos Maios Ourense 2017

VER +

Festa dos Maios Pontevedra

Festa dos Maios Pontevedra 2017 ¬ VER +INFO CLICK AQUÍ

VER +

O alcalde de Valencia, Joan Ribó, agradeceu hoxe a vocación de exemplo e o modelo urbano de Pontevedra diante dos concelleiros de Promoción da Cidade e de Mobilidade, Anabel Gulías e Demetrio Gómez, durante a sinatura do Acordo de Valencia sobre Mobilidade Sustentábel proclamado no VIII Forum Civinet España-Potugal que esta rede de 35 cidades celebra na cidade do Turia.

Ribó citou expresamente que Pontevedra é un exemplo pola recuperación do espazo público, a mobilidade en xeral e particularmente a infantil, e que a súa experiencia está servindo a moitas cidades para optar por modelos semellantes. Foi durante a recepción coa que deu comezo a primeira xornada do Forum Civinet, introducido polas presidencias conxuntas de Santander e Torres Vedras (Portugal).

Despois de dúas sesións previas nas que diferentes persoas como o rexedor de Mobilidade valenciano, Guiseppe Grezzi, fixeran referencia ao avanzadas que están estas cuestións en Pontevedra, deu comezo un Foro Político no que participaron, ademais de Anabel Gulías, concelleiros de Valencia, Santander, Torres Vedras, Funchal, Murcia, Sant Joan Despí (Área Metropolitana de Barcelona), Cascais, Alcobendas e Braga, e tamén o alcalde de Irún.

Os procesos de participación eran o tema a debate, que se xerou sobre todo arredor dos temores que a poboación ten habitualmente ante os cambios operados na mobilidade. “Sempre que se loita contra os privilexios duns poucos ante aparentes dereitos moi consolidados, como a prioridade do automóbil nas cidades, xorden conflitos inevitabelmente, pero está na man da cidadanía o cambiar o estado de cousas, xa que aos catro anos poden mandarnos para casa”, dixo Anabel Gulías, quen subliñou que Pontevedra realiza numerosas asembleas abertas nas que veciñas e veciños poden expresarse directamente sen intermediarios. “Paga a pena loitar pola utopía da calidade urbana” engadiu.

A valentía para levar adiante as transformacións urbanas foi tamén moi subliñada, especialmente polos representantes de Irún, Valencia e Pontevedra, que coincidiron en que os primeiros temores van tornándose en entusiasmo unha vez que se vai vendo que a cidade funciona mellor con máis espazo para os peóns e menos para os coches.

A autoestima urbana foi outra liña de argumentación da concelleira de Promoción Urbana, que rematou cunha louvanza aos logros políticos que se propoñen e se executan “cara á utopía da calidade urbana”.

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario

Navegador Web

buscar_navegador