Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Un discípulo de Santiago, un caudillo de Alfonso O Grande e a Igrexa máis antiga de Galicia: Santa Comba.

Se nos deixamos levar polo título deste artigo, case poderíamos crer, un pouco irreverentemente,  que se tratase da cabeceira dun capítulo da coñecida serie televisiva "La que se avecina".  Evidentemente non é o caso, pero si que se conxugan varias historias. ...

VER +

A Festa do Boi 2017 de Allariz; setecentos anos de historia

Allariz inicia a conta atrás para a celebración da Festa do Boi que este ano conmemora os 700 anos de historia dende que, en 1317, Xan de Arzúa sae a lombo dun boi encabezando a procesión de Corpus. Integrantes da Asociación ...

VER +

A Semana Santa en Galicia

Aínda que en todas as poboacións de Galicia celébrase a Semana Santa, hai determinadas localidades que destacan polo valor artístico das súas imaxes, e que ademais teñen unha personalidade propia;  son actos  polo xeral,  contidos e de marcado carácter austero. Entre ...

VER +

Apertura das Ruínas de San Domingos. Visitas guiadas - Pontevedra

A partir do martes 4 de abril vólvense a abrir ao público as Ruínas de San Domingos, ocasión para coñecelas participando nas visitas guiadas. Nelas, dunha forma sinxela, afondarase na historia do antigo convento e da igrexa da orde dominica, nas ...

VER +

Promoción da provincia de Pontevedra coa ambiciosa campaña Turismo Rías Baixas 2017

Camiños, festivais, enoturismo e excelencia serán os eixos de "Turismo Rías Baixas 2017", baixo o lema "Moito por descubrir" e coas matrioskas como imaxe promocional. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo deputado delegado de Turismo Rías Baixas, ...

VER +

Programación da Semana Santa ao Vivo, en Allariz

Do 13 ao 16 de abril en Allariz (Ourense) ¬VER /DESCARGAR PROGRAMACIÓN

VER +

As Chácharas do Puntazo. Salón do libro de Pontevedra

Pontevedra ten un puntazo fará mañá unha viaxe polo interior do Salón do Libro. Neste escenario desenvolverase a primeira presentación de empresas da súa nova temporada, a primeira das citas das Chácharas do Puntazo. Da man de Ángela Paz, da asociación ...

VER +

O mercado de antigüidades volverá este domingo 2 de abril á Praza Maior - Ourense

O mercado de antigüidades volverá este domingo, 2 de abril, á Praza Maior de Ourense. Un total de 22 anticuarios confirmaron a súa participación nesta cita, que tradicionalmente se celebra o primeiro domingo de cada mes. O mercado aumenta desde este ...

VER +

Ourense celebrará este domingo a festa de San Lázaro

A cidade de Ourense celebrará este domingo, día 2 de abril, a tradicional festa de San Lázaro, que cada ano, quince días antes da Semana Santa, marca a benvida da primavera. Durante a xornada do sábado, 1 de abril, e o ...

VER +

O CITA abre o sábado as súas portas - Pontevedra

O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA) abre as súas portas este sábado, 1 de abril, logo de realizar traballos de consolidación das estruturas (como é habitual a primeiros de ano) e de resolver uns problemas de condensación do ...

VER +

Festa da Reconquista de Vigo

1-2 abril - Festa da Reconquista da Vila de Vigo ¬VER PROGRAMA COMPLETO

VER +

Faro de Corrubedo en Ribeira

Aquí hai mares por todas as partes e tan distintos como para impor unhas curiosas formas á hora de administrar as súas fronteiras. Hai un mar antigo, convencional, clásico coas súas augas, correntes, espumas e mareas. E hai un mar de ...

VER +

A primeira gran exposición sobre o reino suevo será en Ourense

Entre novembro de 2017 e febreiro de 2018 In tempore sueborum será a primeira gran exposición sobre o reino suevo que se teña realizado. Financiada pola Deputación de Ourense con 120.000 euros, realizarase en tres espazos da cidade e traerá unhas 200 ...

VER +

Programa da 22ª MITEU: Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense

Do 20 de abril ao 6 de maio, Ourense ¬VER / DESCARGAR PROGRAMA MITEU

VER +

Foto: Juan Álvaro Iglesias Iglesias

La Batería Militar de la costa de O Grove

(O texto está escrito en español, respéctase o idioma de orixe) En la zona de san Vicente do Mar, municipio del Grove está la Batería Militar de Adiestramiento de Puerto Cuazos y denominada J-1. Los ejercicios militares que allí se llevan ...

VER +

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o proceso de contratación do novo campo de fútbol de herba sintética de Cerponzóns, en Chan do Monte, por valor de 1.027.893,51 euros para crear unha instalación deportiva de primeira categoría para uso de todo o Concello.

Esta obra está enmarcada dentro do plan de renovación e construción de novas infraestruturas do Concello no que se atopan proxectos como a reforma da cuberta do Pavillón Municipal, a o Pavillón da Parda, a reforma das Piscinas de Campolongo, a reforma do campo de fútbol de A Xunqueira, o campo de fútbol de Salcedo ou o de Gatomorto, en Xeve, entre outros.

Segundo consta nos pregos de licitación, o prazo de execución da obra é de 6 meses dende a sinatura do contrato, e se inclúen melloras ao proxecto que son potestativas das ofertas que se presenten. As melloras propostas son:

•Incremento do período de mantemento

• Mellora dos equipamentos deportivos

• Instalación de peche perimetral e portón de peche

• Mellora dos espazos libres que deixe a demolición e construción dos novos vestiarios.

O proxecto

O proxecto do campo de fútbol de herba sintética de Cerponzóns contempla un terreo de xogo dunha superficie de 105×63 metros, é dicir, permitirá a creación dun campo de fútbol 11 e dous campos de fútbol 7. Crearase con materiais recomendados pola FIFA para poder seren utilizados en competicións oficiais, igual que o que se está a instalar na Xunqueira.

O complexo tamén disporá de dous edificios: un será o dos vestiarios, xa que está previsto derrubar as actuais instalacións. Este terá 392 metros cadrados con catro vestiarios para xogadores, dous para árbitros, enfermería e almacén para aparellos de fútbol, limpeza e outros elementos. Tamén disporá dunha sala de instalacións.

Construirase un segundo edificio -máis pequeno- que substituirá á cantina que tamén se derrubará. Terá aseos e novos accesos.

Serán edificios de liñas rectas, sinxelos, de formigón sen que destaquen demasiado para que non invadan a paisaxe espectacular. Levarán unha parede de vidro, que será a que dá ao campo. E todo o edificio estará recuberto dunha celosía metálica que impide a visión de fóra cara dentro. Permitirá a entrada da luz durante o día, e facer del un edificio eficiente durante a noite.

O tellado será de pedra granítica transitable.

Sepárase o acceso dos deportistas e do público e o complexo terá auga quente dunha caldeira de biomasa.

A colaboración do Consello parroquial

Este novo campo é froito da intensa colaboración de todas as entidades da parroquia, especialmente dos propietarios do campo, así como o Instituto Municipal de Deportes que definiu algunhas das necesidades da instalación.

A construción do campo de fútbol pretende consolidar este núcleo de centralidade parroquial, será un punto de atracción deportiva e quere ser unha instalación rendíbel social e económicamente.

Os servizos municipais xa teñen orde de iniciar todo o proceso administrativo para a contratación do proxecto, que podería ter un prazo de seis meses de execución.

 

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario

Navegador Web

buscar_navegador