Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

- GALLEGO REI, M.: A beira da Santiña, edita Mario Gallego Rei, Pontevedra, 2016.
- Hemeroteca.

O Milagre das Uvas e do Millo

O Burgo, verdadeiro territorio de carácter e circunstancias propias, é a Triana da nosa Pontevedra. Nunca alleo ao discurso e ao devir da cidade, ofrécenos unha historia e, ao fin, un legado que convén non desprotexer. O crecemento urbano nunca ...

VER +

Sinsabores dunha Pedra Importante: O Miliario de Adriano

Por miliario entendemos unha columna pétrea de gran peso e  tamaño que funcionaba a xeito de marco quilométrico nas antigas vías romanas. E frecuente que leven inscricións onde se especifica a vía na que se atopaba, así como a distancia ...

VER +

Boa Semana!

Desde a Rúa do Paseo de Ourense...Boa semana! Autora:  

VER +

Boa Semana!

En Santa Mariña  de Augas Santas (Allariz - Ourense) Autora:    

VER +

Haiche moito yeyé: A Movida Galega, Madrid escríbese con ‘V’ de Vigo

Ninguén que teña una certa idade – tampouco tan maiores eh! – poderá esquecer que pensabamos que entón eran “malos tiempos para la lírica” (ilusos que eramos, xa os quixésemos agora), e despregabamos o noso humor negro galego con aquilo de “y ...

VER +

Feliz día do Traballo

1 de Maio. Feliz día do Traballador

VER +

Ser galego non é fácil

Paul Theroux  escribía no seu libro The Pillars Of Hercules (1995 -  As Columnas de Hércules) ..." tiña todas as características dos galegos, que son, sobre todo, inexplicables e enigmáticos". Si, ser galego non é fácil... Somos un pobo con moitos ...

VER +

Los hombres rana de Potter que recuperaron los cadáveres

El naufragio del Ave del Mar

(O autor escribe en español, respéctase o idioma de orixe) Las islas Cíes, el paraíso natural tan cerca de nosotros, lugar de leyendas y testigo de numerosos naufragios se hacía eco de un triste suceso ocurrido hace 60 años, que llenó ...

VER +

A Xunqueira da Gándara do Alba: Un paraíso natural na cidade de Pontevedra

Dende 2012 a cidade de Pontevedra posúe un ENIL, ou o que é o mesmo: un Espazo Natural de Interese Local. Trátase de case 70 hectáreas –das cales 48 pertencen á xunqueira propiamente dita– conformando un dos máis fermosos paraxes ...

VER +

AQUIS QUERQUENNIS : A Mansión Varia

Nela podemos ver un monólito no que están gravados o número de millas existentes entre Braga e Astorga, e mostra así as mansións da vía coas súas correspondentes distancias intermansionarias. Os restos deste establecemento hostaleiro foi erixido seguramente en dous momentos ...

VER +

Boa semana!

Desde Celanova e con Don Celso Emilio Ferreiro Autora:

VER +

Imaxe do día

Bo dia desde Santa Mariña de Augas Santas Autora:  

VER +

Imaxe do día

Desde unha xanela calquera ... Bo día! Autora:  

VER +

Imaxe do día

Bo día desde calquera río galego!!! Autora:    

VER +

A Semana Santa pontevedresa posúe unha antiga historia que se remonta á Baixa Idade Media –temos referencia documental dende 1351–; ao longo do tempo acadou moito protagonismo nas celebracións da nosa cidade e chegou a ser motivo de «célebres» preitos no seo das confrarías e outras moitas anécdotas que converxían coas procesións e os cultos litúrxicos. 

Decaería o antigo cerimonial da Semana Santa en Pontevedra cada vez máis, ata o punto de que en 1934 tan só celebrábase a Procesión do Santo Enterro. É a partires de 1949 cando podemos falar da actual Semana Santa que se dá na cidade do Lérez. Foi grazas a iniciativa dun grupo de entusiastas que pretendía recuperar o esplendor das antigas procesións; de entre estes destacou a figura de José Luís Pintos Fonseca, artista e sacerdote pontevedrés –coadxutor da Basílica de Santa María– a que liderou o «rescate» das vellas imaxes realizando labores de restauración e repinte das mesmas ao tempo que deseñaba mantos para Virxes e clámides cristíferas.

ponte1

Unha antiga imaxe da Procesión do Encontro na Praza do Teucro.

Habería moito que falar da historia e consolidación da Semana Santa pontevedresa, así como das circunstancias e aspectos que a envolven. A Semana Santa supón todo un «mundo» en si mesma. Noutras latitudes provoca ríos de tinta arredor dela e a afluencia de miles de turistas para contemplala. Pontevedra posúe unha Semana Santa de carácter máis intimo, pero de interese. Falarei, moi sucintamente, das 7 confrarías actuais que a conforman e as imaxes que acompañan.

Confraría da Vera Cruz e Misericordia: Fundada en 1949, unindo dúas antigas congregacións procesionais, é a decana das confrarías pontevedresas. Tamén coñecida co cariñoso alcume de «Confraría dos señoritos», os seus membros visten luvas, capa e hábito negro con cíngulo morado, capuz morado sobre o que vai a cruz latina de cor verde musgo, emblema da confraría. Os nazarenos portan farois. Dende 2014 acompañan o Luns Santo ao Cristo das Caídas conservado no convento de Santa Clara e que só se pode ver durante a Coaresma e a Semana Santa, permanecendo no claustro do convento o resto do ano. O Xoves Santo escoltan os pasos do Cristo da Expiración, depósito do Museo Provincial no convento de Santa Clara, e a Virxe da Soidade realizada por Maximino Magariños en 1923; esta imaxe, ao culto en San Bartolomeu, tamén sae na procesión do Encontro na mañá do Venres Santo. Na procesión do Santo Enterro do Venres Santo a Confraría porta á Virxe da Misericordia, tamén coñecida como «Virxe do Hospital», baixo palio de oito varais. No Domingo de Pascua acompañan dende 2014 á imaxe do Resucitado, obra de Darío Fernández (2004), propiedade da confraría de Nosa Señora do Amor Fermoso.

Pontevedra posúe unha Semana Santa de carácter máis intimo, pero de interese. Falarei, moi sucintamente, das 7 confrarías actuais que a conforman e as imaxes que acompañan.

ponte2

O Paso do Ecce Homo pola rúa Michelena.

Confraría de Noso Pai Xesús coa Cruz ao Lombo: Fundouse o 31 de Marzo de 1949 baixo o nome de Noso Pai Xesús Caido que daría lugar a actual denominación. Visten túnica de cor marfil; luvas, faxín de raso, e capuz negros e capa de raso vermella. Os membros portan farois. O emblema, sobre o capuz, representa á imaxe titular de Xesús coa Cruz ao Lombo rodeado por unha coroa de loureiro da que sobresaen os catro brazos da cruz. Na Procesión dos Pasos de Xoves Santo escoltan á referida imaxe de Xesús coa Cruz ao Lombo, realizada en 1952 por José Puente Otero a semellanza do Paso zamorano «Camiño do Gólgota» do gran imaxineiro valenciano Mariano Benlliure; esta imaxe protagoniza, xunto a Virxe da Soidade, a Procesión do Encontro na mañá do Venres Santo. Xa pola noite do Venres a confraría acompaña ao Cristo Xacente conservado durante o ano en San Francisco, obra de Joan Carrera i Dellunder en 1915, polo que este ano cúmprese o centenario da súa realización.

Confraría de Noso Pai Xesús do Silencio: Foi no ano 1952 cando se fundou esta confraría por un grupo de pontevedreses estudantes en Santiago de Compostela. Por isto, o seu emblema é a Cruz de Santiago, portada no lado esquerdo da capa dos nazarenos. Visten túnica negra; cíngulo, capuz e luvas brancas e capa de cor dourada. No Martes Santo procesionan xunto a imaxe de Xesús Nazareno, obra dos irmáns Rivas en 1956. Anteriormente era a imaxe da capeliña da rúa Tetuán a que se sacaba nesta procesión, a cal tamén acode invitada a Confraría de Nosa Nai da Maior Dor, acompañando á Virxe da Esperanza tamén saída do taller compostelá dos irmáns Rivas en 1958. O Xoves Santo a Confraría do Silencio acompaña aos Pasos de Xesús Cativo –mesma imaxe que o martes pero con túnica branca– e a Flaxelación, Xunto coa Orde Franciscana Segrar. O grupo escultórico da Flaxelación composto por a figura de Cristo, ao culto en San Francisco, e dous saións é obra de Enrique Carballido de 1929. Para o Venres Santo, esta confraría saca a rúa un belido paso de palio levando a Nosa Señora das Angustias, imaxe do século XIX conservada na Basílica de Santa María, obra de Juán Manuel Magariños Blanco.

A. C. R. Confraría do Espírito Santo: Fundada polo polígrafo pontevedrés Xosé Filgueira Valverde en 1952. Coñecida como «Confraría do Instituto» debido a que os seus membros eran estudantes e ex estudantes do antigo Instituto Masculino de Pontevedra, os seus estatutos aprobaranse en 1953. O hábito está composto por túnica granate, cinto de esparto, capuz, luvas, e máis capa branca . O emblema desta confraría –na que un alto número de membros desfilan descalzos– representa unha cruz flordelisada coas siglas IP (Instituto Pontevedra) no medio. Os seus membros portan fachóns eléctricos. No Xoves Santo sacan polas rúas o paso do Ecce Homo, coñecido como «Noso Señor da Canela», representando o momento da Coroación de Espiñas. A imaxe exposta ao culto durante o ano na Igrexa de Santiago de O Burgo, é unha lograda replica feita por Manuel Delgado Gambino de outra conservada no Museo Provincial que procesionou ata 2008; é esta unha das máis antigas tallas da Semana Santa pontevedresa (S. XVII) atribuída a Estebo Cendón Buceta. Na Procesión do Santo Enterro acompañan, dende 2001, á Santa Cruz; antes escoltaban á reliquia do Lignum Crucis que pecha a procesión no Venres Santo.

Confraría de Nosa Nai da Maior Dor e Angustias e Noso Pai Xesús do Encontro: Foi fundada en 1956, disolvida en 1967, e volveu a fundarse no ano 1984. Esta confraría, formada exclusivamente por mulleres, viste dende 1998 con uniformidade hábito negro con mantilla e luvas negras. Seu emblema fórmano unha cruz sobre a que está un corazón atravesado por un puñal. As confrades portan o escapulario da Irmandade máis rosario e candea. É a confraría que maior número de saídas procesionais realiza: o Martes Santo acompaña á Virxe da Esperanza; en 1994 recuperaron para o Mércores Santo a Procesión da Santísima Virxe da Soidade e Xesús coa Cruz ao Lombo, a primeira, de finais do XIX, exponse en Santa María namentres que a imaxe de Cristo, de 1956, e obra de Aldrey; O Xoves Santo pon na rúa o paso da Santa Cea, conxunto de moita tradición na cidade –tamén saía polo Corpus– recuperado no ano 2000; para a Procesión Xeral do Santo Enterro concorren coas imaxe de Nosa Nai da Maior Dor, tamén obra de Aldrey en 1956, e o San Xoán de José Puente Otero realizado cara 1950, o cal volve a saír no Domingo de Pascua.

ponte3

Alzada da Virxe da Misericordia diante da Peregrina. (Imaxe: Pedro Giménez Domínguez).

Confraría de Nosa Señora do Amor Fermoso: Afincada na Parroquia de San Xosé de Campolongo, fundouse en 1997 saíndo en procesión por primeira vez en 1998. Os confrades visten túnica e capuz de cor morada (branco para o Domingo de Resurrección) con capa de raso branca, tamén brancas son as luvas e o cíngulo. O emblema mariano coas letras A M rematado por unha coroa vai no capuz Os confrades levan farois. Para o Xoves Santo portan o paso da Oración no Horto, cedido pola Xunta Coordinadora da Semana Santa de Pontevedra, que está formado polas figuras de Cristo, imaxe do século XVIII que procede do antigo Paso da Cruz ao Lombo, e o Anxo tallado en 1953 polos irmáns Rivas; desde 2016 tamén acompañan ao paso do Bico de Xudas, saído dos talleres de Arte Martínez en Guadalajara. No Venres Santo sae a imaxe que dá nome a confraría: Nosa Señora do Amor Fermoso, obra de 1998 que tamén sae o Domingo de Resurrección –con outro manto e outra expresión– na procesión a cargo da Confraría na que se reúnen as imaxes do Resucitado, a Virxe, San Xoán e a Magdalena. Esta imaxe da Magdalena e a da Verónica –incorporada o Venres Santo desde 2016– realizáronse nos talleres de Arte Martínez en Guadalajara. Non cabe dúbida de que esta xove confraría pontevedresa supuxo un pulo na incorporación de novos aspectos da Semana Santa da cidade.

Confraría do Corpo Santo: Vinculada ao Gremio de Mareantes, trátase da confraría con maior sabor mariñeiro da cidade. Refundiuse por primeira vez en 1924 ata 1932, a segunda refundición produciríase en 2008. O traxe penitencial inspírase nun dos patróns do gremio, San Telmo, e componse de hábito dominico, esclavina e capa de veludo negro con caparuza e bordado dourado. Levan o emblema do Gremio de Mareantes: dous remos sobre unha áncora e as figuras de San Miguel e Teucro aos lados. Os membros portan fachóns eléctricos. Participa nas procesións do Xoves e o Venres Santo. Na primeira acompaña ao paso de Xesús Atado á Columna, tamén coñecido como «O atadiño», imaxe de considerable antigüidade (pode ser da transición do S. XVI ao XVII), conservada na Basílica de Santa María; na segunda acompañan ao emblemático Cristo Crucificado, obra do século XVIII da escola compostelá, tamén sito en Santa María.

Para finalizar recordar á primeira das imaxes que saen na Semana Santa de Pontevedra: Xesús Entrando en Xerusalén, máis coñecida como a «Borriquita». Obra de 1950 realizada por Manuel Miranda. Protagoniza a Procesión de Palmas e Ramos na que os máis cativos zorregan á imaxe do asno cos seus ramos de oliveira e as súas palmas.

Para saber máis:
– AGEITOS MIGUEZ, J. L.: “Pontevedra”, en La Semana Santa en Galicia, Vol. III, Hercules de Ediciones, A Coruña, 2008, pp. 17-91.
– FERNÁNDEZ- VILLAMIL Y ALEGRE, E.: “La Semana Mayor de la antigua Pontevedra”, Cuadernos de Estudios Gallegos, tomo VII, Santiago de Compostela, 1952. O mesmo texto pódese atopar en separata de El Museo de Pontevedra, 1952.
– Documental «Pasión en Pontevedra. Historia de la Semana Santa». DVD, edita Junta Coordinadora, Pontevedra, 2010. (Dispoñible en YouTube).

Autor:

 

mateo_pub
Mateo Fontán Couto. Historia, Arqueoloxía, Natureza / Historia, Arqueología, Naturaleza

face_icono

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 1 Promedio: 2]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario

buscar_navegador

 

 

Navegador da Web