Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Programa Concertos Festas de Ourense 2017

24 de xuño - 2 de xullo ¬VER / DESCARGAR PROGRAMACIÓN CLICK AQUÍ

VER +

Programación de todas as Festas de Verán Pontevedra 2017

Música de bandas Xoves, 6 de xullo 21.00 h Baila a Banda. Praza do Teucro Concerto da Banda de Música de Pontevedra coa colaboración do Club de Baile Deportivo Adrián Esperón & Patricia Martínez “Baila Mos” Domingo, 9 de xullo 21.00 h ...

VER +

Surfing The Lérez - Pontevedra

A cita será o 17 de xuño con catorce grupos e moitas actividades infantís. Volve unha nova edición do Surfing The Lérez que se celebrará o vindeiro 17 de xuño na Illa do Covo, como en citas anteriores. Este ano terá como ...

VER +

Comeza o ciclo Sons na Rúa coa Banda de Música de Pontevedra (Programa)

Serán sete concertos, que se celebrarán entre o 8 de xuño e 18 de agosto, unha cita esta última que se desenvolverá na recta final das Festas da Peregrina. Coa chegada do tempo de verán as prazas e rúas da cidade ...

VER +

40 Aniversario da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia

8-11 de xuño en Silleda (Pontevedra) A maior feira de mostras e lecer do noroeste cumpre catro décadas como espazo de referencia para innumerables sectores e empresas polo seu gran valor como ferramenta comercial. E faino cunha edición na que seguirá fortalecendo ...

VER +

Normas para a celebración das fogueiras de San Xoán - Pontevedra

As normas ás que terán que axeitarse a instalación e queima das fogueiras son as seguintes: 1ª.- Presentación no rexistro xeral do Concello da solicitude de celebración da fogueira, antes do próximo día 16/06/2017 ás 13,00 horas, facendo constar os seguintes ...

VER +

Ponteverán-2017 (Programa)

Ponteverán-2017 está á volta “para encher o verán de actividades de lecer” en palabras do concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña. Campamentos e obradoiros, actividades culturais, deportivas e no medio natural e actividades formativas integran a oferta de tempo libre á ...

VER +

Ourenrock Sound 2017 (Programa)

O ourenrock sound 2017 vai seguir a mesma filosofia que ata agora, que o fan especial , na primeria edicion tódolos grupos foron de Galicia, nesta segunda edición contaremos con bandas nacionais SIN DEIXAR de traer bandas galegas e como ...

VER +

A muiñeira ocupará a cidade o 2 de xuño - Pontevedra (Programa)

Pontevedra celebra unha vez máis -e van 46- o Día da Muiñeira. A cita é o próximo 2 de xuño e o seu epicentro estará na avenida Montero Ríos, a partir das 20.00 horas. Media hora antes os grupos participantes ...

VER +

Máis de 4.100 mozos e mozas participaron nas Noites Abertas- 2017 - Pontevedra

Rematada a dezaoito edición de Noites Abertas, é tempo de avaliación e reflexión. 92 propostas ofertadas, 26 días de actividades e 237 sesións, 115 monitores, 4.150 participantes son cifras que falan do éxito do programa de ocio xuvenil que promove ...

VER +

Burning, nova incorporación as festas de Ourense

As Festas de Ourense 2017 amplían a súa programación musical cunha das bandas máis populares e lonxevas do panorama rock nacional: Burning, que actuará o día 28 de xuño na Praza Maior. A lendaria banda de rock madrileña cumpridos xa ...

VER +

Pontevedra acredita na Gala do Libro 2017 que “é unha potencia cultural”

A Gala do Libro 2017 acreditou que Pontevedra “é unha potencia creativa, literaria e cultural” en palabras da concelleira de Cultura, Carme Fouces, quen acompañada pola xerente do Pazo da Cultura, Pilar Portela, asistiu ao evento celebrado no Teatro Principal ...

VER +

A música máis popular dos anos 80 e 90 animará as Festas de Ourense

A Praza Maior de Ourense viaxará no tempo para homenaxear á mellor música dos anos 80 e 90, o luns, día 26 de xuño, ás 22:30 horas. Será coa actuación de La edad de oro del pop español, a superbanda ...

VER +

Festa do Apego na Illa do Covo - Pontevedra

O programa Apego pon o ramo ás actividades de primavera cunha festa na Illa do Covo, o próximo 27 de maio. “A idea é pasar un día en galego, pasar un dia en familia” subliñou o concelleiro de Normalización Lingüística. O ...

VER +

A Concellaría de Festas ten aberto o prazo inscribirse no Concurso de maios 2017 que se celebrará, como é habitual, ás 11.00 horas do 1 de maio na Praza da Ferraría. As bases son as seguintes:

1. Poderán participar todos os grupos, asociacións, centros educativos, etc., que estean inscritos na Casa do Concello de Pontevedra antes das 13:00 horas do día 27 de abril de 2017.

2. No intre da inscrición deberán presentar 10 copias dos cantares xunto cunha solicitude na que conste, a lo menos, o nome, DNI e enderezo do solicitante.

3. Os maios concursantes terán dereito á tradicional rosca e a unha gratificación de 150 €, agás que o xurado o descualifique por non cumprir as presentes bases.

4. O xurado estará integrado por un representante de cada un dos grupos políticos con representación municipal, e un máximo de catro persoas de recoñecida traxectoria no coñecemento e valoración da Festa dos Maios de Pontevedra.

5. Os maios participantes deberán presentarse ao xurado na Praza da Ferraría ás 11:00 da mañá. O concurso dará comezo ás 11:30 horas coa “Benvida ao maio”. As actuacións realizadas polos maios na Ferraría antes do comezo poderán ser valoradas polo xurado nas súas puntuacións.

6. O xurado emitirá o seu veredicto a través da suma das puntuacións dos seus membros, obtidas polos maios en cada modalidade. O xurado seguirá, para as súas puntuacións, os seguintes criterios:

a. O maio será tradicional de Pontevedra, de forma cónica, de entre 1,5 e 2 metros de altura aproximadamente, adornado con produtos tradicionais (fiúncho, pampillos, margaridas, laranxas e ovos). Tamén se aceptarán, por ser tamén de tradición local, cartuchos (calas, camelias, rosas silvestres e bandeiriñas de papel. Calquera outro elemento de adorno será penalizado.

b. Os materiais que compoñen a estrutura non serán visíbeis a non ser os pés de maio e as andas, que serán de madeira.

i. Serán valorados elementos de tipo técnico (como a uniformidade do manto de fiúncho, a elaboración uniforme das coroas de pampillos, margaridas e laranxas, etc.) e artísticos (a distribución dos adornos no maio, a composición de formas e cores, etc.).

ii. A coroa, no caso de presentarse, non deixará ver os materiais da estrutura. Poderá presentarse como remate do maio, ou mellor (por ser tradición en Pontevedra) en estrutura á parte enriba dun pé de madeira. Valorarase a composición de formas e cores, así como o motivo que represente.

c. Nas cantigas valorarase a retranca, a composición, o ritmo e a linguaxe utilizados. Penalizarase o uso de palabras malsoantes e o uso de coplas copiadas de anos anteriores.

d. Na interpretación valorarase o emprego do canto tradicional do maio de Pontevedra, así como a entoación, ritmo e voz dos actuantes. Tamén se valorará o uso dos materiais de acompañamento (paos de man ou estadullos).

e. Quedarán á interpretación do xurado todos aqueles aspectos non contidos nos presentes criterios.

7. O ditame do xurado será inapelábel.

8. As letras dos maios premiados poderán ser publicadas polo Concello de Pontevedra, citando a procedencia e sen que os seus autores teñan dereito a percibir ningunha cantidade.

9. A orde de actuación dos maios será elexía por sorteo, antes do comezo das interpretación.

10.Trala entrega dos premios, o maio gañador realizará no palco unha nova actuación.

11. Os premios serán os seguintes:

1º Premio ao maio 350,00 €

2º Premio ao maio 300,00 €

3º Premio ao maio 250,00 €

4º Premio ao maio…………………………………………100,00 €

 

1º Premio ás cantigas 350,00 €

2º Premio ás cantigas 300,00 €

3º Premio ás cantigas 250,00 €

4º Premio ao cantigas 100,00 €

 

1º Premio á interpretación 350,00 €

2º Premio á interpretación 300,00 €

3º Premio á interpretación 250,00 €

4º Premio á interpretación 100,00 €

 

1º Premio á coroa 350,00 €

2º Premio á coroa 300,00 €

3º Premio á coroa 250,00 €

4º Premio á coroa 100,00 €

 

Premio especial do xurado 300,00 €

Premio especial para Maios (figura)

A participación no concurso supón a aceptación das presentes bases.

 

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario