Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN DE MATEO FONTÁN COUTO

Mateo Fontán Couto Autor: Mateo Fontán Couto. Historia, Arqueoloxía, Natureza

Podes seguilo tamén en:

» facebook

→ OUTRAS PUBLICACIÓNS DE MATEO FONTÁN COUTO NESTA WEB




Cedros do Himalaia no Parque das Palmeiras

Data: 17 de Febreiro 2016

Foto: Un cedro do Himalaia cercano á cafeteria «Blanco y Negro» en Pontevedra. (imaxe: Mateo Fontán Couto).

Moitas veces, sendo conscientes do valor patrimonial dos noso monumentos, restos arqueolóxicos, obras de arte, etc., téndese a obviar outro tipo de monumentos de carácter «natural» ou «vexetal» que nos rodean. É preciso non esquecer a estas testemuñas da historia, e membros, como seres vivos que son, da nosa comunidade.

Nos xardíns de Vicenti, popularmente coñecidos como parque das palmeiras, atopámonos con algunhas das árbores máis impresionantes da cidade. Nesta ocasión, chamarei a atención sobre os maxestosos cedros procedentes do Himalaia. Neste lugar contamos con catro exemplares mesturándose con outras especies, tamén de moito interese.

Os exemplares que se atopan nos xardíns de Vicenti están integrados no “Catálogo de formacións senlleiras de Galicia”; sen embargo no é o único lugar de Pontevedra onde podemos admiralos

Esta variedade de árbore conífera, de porte cónica e follas aciculares, dáse a chamar tamén cedro chorón. O seu nome científico é “Cedrus deodara” —familia “Pinaceae”— e ten a súa orixe nas montañas do Himalaia, no continente asiático, onde andavía producen inmensos bosques. O nome do seu xénero procede do grego “kedron”, namentres que o epíteto “deodara” procede do sánscrito “devadara” significando «madeira dos deuses». Constitúen uns exemplares moi aptos, durante todo o ano, para a ornamentación, por isto é frecuente localizalos en parques e xardíns; durante a súa poda é posible realizar diferentes e fermosas figuras no enramado destes espécimes que poden alcanzar os 50 metros de altura e os 3 metros de diámetro no seu tronco. Como notas curiosas podemos dicir que a introdución desta especie en Europa levouna a cabo Leslie Melville; que da madeira aromática procedente desta árbore sácase incenso e o aceite de cedro, con moitas propiedades como ben saben na India; ademais un paxaro denominado «Tragopan occidental» vive con exclusividade nos bosques desta especie.

Os exemplares que se atopan nos xardíns de Vicenti están integrados no “Catálogo de formacións senlleiras de Galicia”; sen embargo no é o único lugar de Pontevedra onde podemos admiralos xa que tamén existen espécimes nos xardíns de Rosalía de Castro, na Illa do Covo, o cemiterio de San Amaro, o Campus Universitario da Xunqueira e noutros varios lugares.

Cando un se para a contemplar detidamente a estes xigantes, decátase da súa atracción que non proven tan só da súa beleza, senón tamén do misterio das formas que producen e das telúricas sensacións de poderío manso que transmiten.

Para saber máis:

– Alvarez Corbacho, A.; Molina Poch, M. J.; Porta Vila, M. del C.: Árboles y arbustos en los jardines de Pontevedra, Excema. Diputación Provincial de Pontevedra, Pontevedra, 1990.
– Bernardo Blanco-Dios, J.; Castro González, A.: Pontevedra. As árbores da cidade, Concello de Pontevedra, Pontevedra, 2010.

 

 

 

 


Comparte este Artigo!!!




Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo