Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN DE MATEO FONTÁN COUTO

Mateo Fontán Couto Autor: Mateo Fontán Couto. Historia, Arqueoloxía, Natureza

Podes seguilo tamén en:

» facebook

→ OUTRAS PUBLICACIÓNS DE MATEO FONTÁN COUTO NESTA WEB




Obra de Ramón Conde en Pontevedra

Data: 4 de agosto 2016

Obra: “Fiel Contraste” // Foto: Porgaliciabaixo

Nado na cidade de Ourense o 18 de Decembro de 1951 Ramón Conde é un referente da escultura contemporánea española; dono dun linguaxe propio e atrainte que fala dende a plena expresión artística baixo un tratamento coidado e “científico”.

Estudante de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela –non rematou a carreira aínda que nutriuse de moitas experiencias e consolidou un sistema de coñecemento autodidacta–, a súa obra e primeiras exposicións se verán influídas polo psicanálise. A obra de Ramón Conde será, polo tanto, un camiño dilatado e harmonioso no tocante a propoñer un discurso onde a arte enténdese –segundo o propio autor di– coma un sistema de comunicación. A procura dun estado de ánimo mediante o estudo e a expresión dos grandes volumes –o colosalismo– e os retorcimientos do corpo que desembocan na exploración da alma. Anatomía e espírito, por tanto, fronte a fronte nun diálogo expresionista e, a miúdo, interior. Un referente da actual escultura cun selo moi recoñecible nos seus afamados gordos e moles que posúen a capacidade de fascinarnos.

A súa traxectoria levouno a realizar numerosas exposicións –dende a primeira no Museo Arqueolóxico en Ourense aló polos 70 do pasado século– en Galicia (de especial polémica foi unha titulada “O Poder” realizada en Santiago de Compostela en 2014) , Europa e América. As súas obras atópanse repartidas por toda a xeografía do país, constituíndo algunhas delas verdadeiras iconas. Da súa autoría son, por exemplo, “Os Redeiros” en Vigo (1991), “Gardián” A Coruña (1994), “A Leiteira” Ourense (1999), “Man con man” Vilagarcía de Arousa (2004), “Arco de triunfo” Lugo (2007), etc. Tamén realizou monumentos a coñecidos personaxes como Manuel Antonio, Macías o “Namorado”, Anxel Fole, Ferro Couselo ou Alonso III de Fonseca no claustro do Pazo de Fonseca en Compostela.

Na cidade de Pontevedra podemos admirar, na rúa da Alhondiga tras o Concello, a obra titulada “Fiel contraste”, onde o protagonista é un personaxe histórico, documentado dende o século XVI, encargado de dirimir os conflitos do peso exacto dos produtos nas feiras.

 

Obra: “A Leiteira” Ourense // Foto: Porgaliciabaixo

Na cidade de Pontevedra podemos admirar, na rúa da Alhondiga tras o Concello, a obra titulada “Fiel contraste”, onde o protagonista é un personaxe histórico, documentado dende o século XVI, encargado de dirimir os conflitos do peso exacto dos produtos nas feiras. A escultura principal mostra trazos fortes e unha sensación de autoridade e poder, no seu rostro atopamos o rostro do autor –característica da obra de Conde– mentres o personaxe sostén unha balanza. A escena completase con catro siluetas representando tratantes e vendedores das feiras. O conxunto non deixa lugar a dúbidas respecto a súa autoría. A obra foi inaugurada o derradeiro día de abril de 2010. Dende aquela sufriu varias agresións sobre todo na pesa que sostén o “forzudo”.

Ata datas recentes podiamos admirar a escultura titulada “Cabeza amistosa”, na Avenida Estación, como parte da colección do xa pechado Centro de Arte Jaime Trigo.

 

Antiga escultura “Cabeza Amistosa” no Centro de Arte Jaime Trigo // Foto: Wikipedia /P.Lameiro

Ningunha outra mostra deste autor atopamos no noso de seu interesante catálogo de escultura pública da cidade. Sen embargo ata datas recentes podiamos admirar a escultura titulada “Cabeza amistosa”, na Avenida Estación, como parte da colección do xa pechado Centro de Arte Jaime Trigo. Formaba unha imaxe xa típica no pequeno xardín diante do establecemento. Descoñezo se a obra foi vendida ou a onde puido ir dar a parar. Teño a impresión de que fose unha boa cousa o adquirila, por parte dalgunha administración, e deixala no sitio no que tanto tempo estivo, ampliando a nómina de obras na cidade de este autor transcendental na arte actual.

Para saber máis:
¬WEB RAMÓN CONDE
¬WEB PONTEVEDRA PARA EL MUNDO
¬WEB PINTORES GALLEGOS


Comparte este Artigo!!!




Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo