Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN DE MARÍA DEL PUERTO PORTELA - PORGALICIABAIXO

Maria del Puerto Portela - Porgaliciabaixo Autora: María del Puerto Portela / Porgaliciabaixo

Autora e deseñadora de Porgaliciabaixo

Podes seguirme tamén en:

» facebook

→ OUTRAS PUBLICACIÓNS DE MARÍA DEL PUERTO PORTELA NESTA WEB




Exposición de Mario Iglesias “DE TEMPESTADES Y RUINAS”

24 Febreiro, 2016

Foto: Porgaliciabaixo

Como sinxela espectadora, non experta na materia, hei de dicir que ao facer o percorrido por estes lenzos sentín que dalgún xeito conseguía entrar o meu interior, no meu subconsciente, con esa sensación de “que isto me soa”, sóame sí, sóame dos meus soños…  retazos que asoman da parte máis recóndita da miña propia consciencia.

Mario Iglesias transmite perfectamente estas “sensacións” na obra exposta, coa súa visión particular como artista e prolixo en detalles, con “monstros” que asoman de augas turbulentas, con resacas do mar embravecidas, con cores e matices envoltos en nebulosas máxicas, con pobos suspendidos sobre arquitecturas imposibles, algún destes últimos chegóueme asemellar a un “robot” sobre o que se vai construíndo toda unha cidade nun tronco que termina rematando nun cume a modo de cabeza, cun pobo de fermosas casiñas rodeado de verde frondoso e bañado polo sol.

Algunha vez escoitei que soñamos en branco e negro, eu non estou de acordo, xa que son unha persoa que soña moito, moitísimo, e ademais lembro en gran parte os meus soños, rememorando e recoñecendo vívidamente as cores dos mesmos.

Agradezo a Mario Iglesias, que esperte esa parte somnolienta que aínda que tamén viva a cor, empéñase en esconderse na brumas da inconsciencia.

Como di o Gran Benedetti:

“…Dale vida a los sueños que tienes escondidos,

descubrirás que puedes vivir estos momentos

con los ojos abiertos y los miedos dormidos,

con los ojos cerrados y los sueños despierto”

Vídeo da Exposición

 

 


Comparte esta Publicación!!!




Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo