Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

Programa Concertos Festas de Ourense 2017

24 de xuño - 2 de xullo ¬VER / DESCARGAR PROGRAMACIÓN CLICK AQUÍ

VER +

Unha nova unidade didáctica convida aos escolares a descubrir o Arquivo municipal - Pontevedra

O Concello editou mil exemplares da unidade didáctica co fin de achegala aos centros educativos da cidade e traballar con ela no propio arquivo onde tamén fanse visitas guiadas. A unidade foi elaborada polo persoal do Arquivo municipal e ilustrada ...

VER +

Programación de todas as Festas de Verán Pontevedra 2017

Música de bandas Xoves, 6 de xullo 21.00 h Baila a Banda. Praza do Teucro Concerto da Banda de Música de Pontevedra coa colaboración do Club de Baile Deportivo Adrián Esperón & Patricia Martínez “Baila Mos” Domingo, 9 de xullo 21.00 h ...

VER +

O Pazo cede unha aula permanente a Asociación de Escritores en Lingua Galega - Pontevedra

A Concellaría de Cultura cederá unha aula á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) no Pazo da Cultura para que teña unha aula permanente en Pontevedra onde poida impartir os obradoiros da Escola de Escritores que organiza habitualmente na ...

VER +

Surfing The Lérez - Pontevedra

A cita será o 17 de xuño con catorce grupos e moitas actividades infantís. Volve unha nova edición do Surfing The Lérez que se celebrará o vindeiro 17 de xuño na Illa do Covo, como en citas anteriores. Este ano terá como ...

VER +

Baiona, Unha Vila Real

Esta preciosa vila está situada nunha tranquila baía entre Monte Real e ou Monteferro. A súa boa condición como porto natural motivou que fose unha poboación moito máis importante que Vigo ata o s. XVIII, cunha notable liberdade de comercio grazas ...

VER +

Homenaxe a Carlos Casares no Liceo de Ourense

7 de xuño ás 20h no Liceo de Ourense

VER +

Comeza o ciclo Sons na Rúa coa Banda de Música de Pontevedra (Programa)

Serán sete concertos, que se celebrarán entre o 8 de xuño e 18 de agosto, unha cita esta última que se desenvolverá na recta final das Festas da Peregrina. Coa chegada do tempo de verán as prazas e rúas da cidade ...

VER +

Presentación Libro Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República - Pontevedra

Venres 9 de xuño, ás 19,30h na Libraría Baroja  Presentación do libro "Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República"  de Álvaro Rodríguez Núñez.  

VER +

Concerto Solidario Ourense

Con 10 euros podemos contribuir, desde Ourense, ao desenvolvemento de países de África occidental, concretamente de Guinea Bissau, mediante proxectos sanitarios, sociais, educativos e medioambientais, así como de axuda a colectivos e persoas marxinadas ou desfavorecidas. E precisamente esa é a ...

VER +

Premios III Maratón Fotográfico Cidade de Ourense

1º Premio - Marta Dorribo Gonzalez - 1.000€ 2º Premio - Rafael Juliana Méndez - 500€ 3º Premio - Alba Araújo Pinto - 300€ A maiores, catro accesit ás mellores fotografías de cada serie. Accesit ¨Negro¨ - María Belén Alonso ...

VER +

Nova Páxina Web do Concello de Allariz

O Concello de Allariz lanza a súa nova páxina web www.allariz.gal, centrada na administración electrónica, a actualidade e o turismo (esta última aínda en construción). O novo espazo foi deseñado co obxectivo de transmitir unha maior transparencia ademais de permitir aos ...

VER +

Mini-científicos/as amosan as súas investigacións en Pontenciencia - Pontevedra (programa)

Achegarse a ciencia e a innovación dende a escola, promover o coñecemento científico, despertar a curiosidade, visibilizar a ciencia e todo elo vinculando a Universidade aos colexios. Con estes obxectivos chega Pontenciencia, a cita dos mini-científicos/as que presentarán, após de ...

VER +

Feira do Libro de Ourense

31 de maio – 4 de xuño en Ourense

VER +

‘O mundo que queremos’ aposta polo cine con 8 proxeccións de balde no Salón de Actos do Pazo da Cultura os días 11,12, 18 e 19 de marzo.

O Salón do Libro 2017 comeza a pechar algúns detalles da súa programación. Logo de coñecer hai un par de semanas os espectáculos teatrais que contarán con pases concertados con escolares e para público familiar, presentan un ciclo de cine de carácter infantil para as fins de semana.  Hai anos que o Salón aposta por este tipo de proxeccións e nesta ocasión, en colaboración co Cineclube Pontevedra, achegará 8 títulos entre os que se atopan estreas recentes de animación nas  que os valores de ‘O mundo que queremos’ están moi presentes.

salon_libro

Sábado 11 de marzo

 

  • ‘Pompoko’ – 12:00h.

Isao Takahata, Xapón, 1994

Os mapaches viven felices nos montes: a comida abonda, a auga é clara, a convivencia coa humanidade, que os venera, é boa. Pero Tokio medra, os humanos precisan máis casas e o hábitat dos mapaches corre perigo. Fai falla un plan para frear o avance da humanidade!

Duración: 114 min.

  • ‘O teito do mundo’18:00h

Rémi Chayé, Francia, 2015

  1. San Petersburgo. Sasha é unha mociña aristócrata rusa fascinada pola vida de aventuras do seu avó Olukin, explorador de sona que fixo construír o Davai, un magnífico barco que nunca regresou da súa derradeira expedición ao Polo Norte.

Duración: 81 min

Domingo 12 de marzo

  • ‘Neve e as árbores máxicas’ 12:00h.

Antoine Lanciaux, Sophie Roze e Benoît Chieux, Francia, 2014

Catro contos inesquecibles que xiran arredor do medio ambiente e as árbores, en cuxos mundos, poboados por entrañables personaxes, hai un lugar para o enxeño, a amizade, o respecto e a alegría de convivir coa natureza.

Duración: 51 min.

Domingo 12 de marzo

  • ‘Brave’ 18:00h

Mark Andrews, Brenda Chapman e Steve Purcell, 2012, EE UU

A princesa Mérida é unha hábil arqueira con ansias de vivir as aventuras que lle escoita ao seu pai, o rei Fergus. Por iso,  facéndolle fronte  ao destino e aos costumes do seu tempo, emprenderá unha longa viaxe  na procura do seu soño.

Duración: 90 min.

Sábado 18 de marzo

 

  • ‘Wall.E ‘ – 12:00h.

Andrew Stanton, 2008, EE UU

Ano 2800. Unha Terra devastada e sen vida. Tras centos de solitarios anos limpando o lixo do planeta, Wall.E atópase con Eve, unha moderna robot exploradora con quen vivirá unha emocionante aventura ao longo da Galaxia.

Duración: 103 min.

  • Zootrópolis18:00h

Byron Howard, Rich Moore e Jared Bush, 2016, EE UU

Cando a optimista Judy Hopps pon un pé en Zootrópolis, decobre que ser unha coelliña nun corpo de policía cheo de temibles animais non é doado. Decidida a mostrar a súa valía, lánzase a resolver un caso, aínda que isto implique traballar canda a un raposo lingoreteiro coma Nick Wilde.

Duración: 108 min.

Domingo 19 de marzo

 

  • ‘O principiño’ – 12:00h

Mark Osborne, 2015, Francia

Adaptación animada da obra mestra de Saint-Exupéry. Unha nena que está a ser preparada pola súa esixente nai para vivir no mundo adulto faise amiga do seu veciño, un excéntrico e ancián aviador que lle vai revelar un mundo extraordinario onde todo é posible..

Duración: 106 min.

  • ‘Buscando a Dory’ – 18:00h

Andrew Stanton e Angus MacLane, 2016, EE UU

Dory é un peixe cirurxián cunha irresistible personalidade. Sofre perdas de memoria a curto prazo, o que non adoita influír no seu bo humor e felicidade… Ata que se decata de que esqueceu algo ben importante: a súa familia!

Duración: 103 min.

 

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario