Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

- GALLEGO REI, M.: A beira da Santiña, edita Mario Gallego Rei, Pontevedra, 2016.
- Hemeroteca.

O Milagre das Uvas e do Millo

O Burgo, verdadeiro territorio de carácter e circunstancias propias, é a Triana da nosa Pontevedra. Nunca alleo ao discurso e ao devir da cidade, ofrécenos unha historia e, ao fin, un legado que convén non desprotexer. O crecemento urbano nunca ...

VER +

Sinsabores dunha Pedra Importante: O Miliario de Adriano

Por miliario entendemos unha columna pétrea de gran peso e  tamaño que funcionaba a xeito de marco quilométrico nas antigas vías romanas. E frecuente que leven inscricións onde se especifica a vía na que se atopaba, así como a distancia ...

VER +

Lourizán repasa a súa historia - Pontevedra

Na praza de Marqués de Valterra a exposición “Lourizán”, un percorrido histórico pola parroquia, que se centra en varias actividades municipais de presente e futuro, como o ARI, as últimas reformas e obras, o e o proxecto da Casa da ...

VER +

Presentación Libro Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República - Pontevedra

Venres 9 de xuño, ás 19,30h na Libraría Baroja  Presentación do libro "Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República"  de Álvaro Rodríguez Núñez.  

VER +

Oito Apelidos Galegos . Sí, pero invisibles

Nestes días de aprobación de orzamentos do Estado, de negociacións entre grupos políticos varios; non me podo sentir máis invisible. E conste que non llo reprocho a eses diferentes territorios, máis ben é un reproche a nós mesmos, aos galegos. Esta ...

VER +

A guerra também foi nossa. Portugueses na Guerra Civil de Espanha

O Concello de Pontevedra, en colaboración coa comisión pola memoria histórica "Sempre con vós. Cidadanía pola verdade", xunto co "Instituto de Estudos Miñoranos" de Gondomar e a "Asociación Cultural Vagalumes" da Estrada traen a Galiza o documental "A Guerra também ...

VER +

Pablo Iglesias: O galego fundador do PSOE e a UGT

Nestes días tan atarefados na política nacional en xeral, e o Partido Socialista en particular, pensei que podería ser interesante un pequeno artigo sobre o fundador dun partido con tantos anos de historia ás súas costas como é o PSOE, ...

VER +

Exeria; a primeira turista de orixe galego da Historia

Que os galegos somos "viaxeiros" sabémolo todos, pero o curioso  é a historia desta muller, que viviu na antigüidade, alá polo século IV, e emprendeu viaxes culturais ata Oriente Próximo. Se lle coñece tamén como Egeria, Echeria e Eteria, nacida en ...

VER +

Aqueles Festivais do Verán. O Festival del Miño de Ourense

Con estes días de verán adiantado, sol por milleiros,  temperaturas inusualmente altas para a época do ano, e a resaca do festival de Eurovisión,  empezan a virme á memoria recordos daqueles festivais estivais que triunfaban na España dos 60 e ...

VER +

Ecomuseo de Arxeriz mostra un mapa interactivo das igrexas románicas da Ribeira Sacra

O Ecomuseo de Arxeriz, dependente da Fundación Xosé Soto de Fión, acaba de facer público un mapa interactivo que localiza as igrexas románicas presentes na Ribeira Sacra. O plano amosa a localización destes bens, o xeito de chegar e fotografías ...

VER +

Notas acerca do Camiño Portugués de Santiago

O Camiño ou ruta xacobea desde Portugal, moi posiblemente xa era un feito na época alta medieval, agora ben, é a partir da independencia do territorio luso no século XII cando comeza a tonarse máis vigorosa. Estas diferentes sendas do camiño, ...

VER +

O Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé - Ourense

A escasamente tres kilómetros do centro da capital de Ourense, encóntrase o Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé. Concorren nel, os valores históricos característicos dun complexo xacemento arqueológico, cos naturais derivados dunha contorna na que se conserva unha peculiar vexetación, con suxerentes ...

VER +

Haiche moito yeyé: A Movida Galega, Madrid escríbese con ‘V’ de Vigo

Ninguén que teña una certa idade – tampouco tan maiores eh! – poderá esquecer que pensabamos que entón eran “malos tiempos para la lírica” (ilusos que eramos, xa os quixésemos agora), e despregabamos o noso humor negro galego con aquilo de “y ...

VER +

E chegou o comandante e mandou parar… O pai de Fidel e Raúl Castro

Galegos polo mundo, ese parece noso sino que nos persegue secularmente. Dese ir e vir, temos descendentes por medio mundo. É o caso entre outros, de grandes figuras históricas como Simón Bolivar fundador das repúblicas da Gran Colombia e Bolivia ...

VER +

Historia Galega

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído?

Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu poesía e con trinta e un anos morrería, moi cedo. Foi un cinco de outubro de 2016, data no que o seu libro de poemas titulado Suicidas chegaba ás librerías, cando este mozo deixaba unha obra intensa e breve como o ronsel da lumarada que xurde na boca dun dragón.

Ler máis

O Burgo, verdadeiro territorio de carácter e circunstancias propias, é a Triana da nosa Pontevedra. Nunca alleo ao discurso e ao devir da cidade, ofrécenos unha historia e, ao fin, un legado que convén non desprotexer. O crecemento urbano nunca debería estar pelexado co coidado das identidades intrínsecas que definen a un determinado territorio, coma unha urbe. Cómpre coidar a memoria que conforman os barrios e diversos lugares, pois deles manan –xunto a estrita condición natural e xeográfica– o máis sintetizado do carácter dunha poboación.

Conta a lenda que no emblemático barrio de O Burgo produciuse un feito insólito, dos nomeados milagres, que tivo ao Apóstolo Santiago como protagonista. Convén non esquecer que  Santiago «o Maior», un dos máis destacados discípulos de Cristo, mantivo con Galicia un vínculo que ben sexa polo mito ou  polos feitos, uniu para sempre xamais ao territorio co personaxe ata tal punto que atreveríame a dicir que aí quen pensa que Santiago sempre foi de Padrón, e non de Betsaida.

Ler máis

Por miliario entendemos unha columna pétrea de gran peso e  tamaño que funcionaba a xeito de marco quilométrico nas antigas vías romanas. E frecuente que leven inscricións onde se especifica a vía na que se atopaba, así como a distancia entre as mansios ou as capitais dos conventus e o nome do emperador que mandouno erguer ou ben reparar. Tamén existen miliarios conmemorativos do emperador de quenda.

No Museo Provincial de Pontevedra custódiase unha moi interesante colección de miliarios conformada por reunións anteriores e achados arqueolóxicos. Sebastián Malvar Pinto, arcebispo de Santiago de Compostela, reuniu catro miliarios a finais do século XVIII; A Sociedad Arqueológica de Pontevedra aportou outros dez na transición do século XIX ao XX, e a estes temos que unir o aparecido en 1988 –o de Adriano– durante as escavacións da cabeceira meridional da ponte de O Burgo, e máis outros descubertos nos últimos anos, como o de Maximino Daia.

Ler máis

Na praza de Marqués de Valterra a exposición “Lourizán”, un percorrido histórico pola parroquia, que se centra en varias actividades municipais de presente e futuro, como o ARI, as últimas reformas e obras, o e o proxecto da Casa da Cultura, finalidade para a que se restaurará o edificio do antigo mercado, e principal argumento para crear esta exposición.

En total son 9 cubos e 3 estruturas máis grandes, reutilizadas de pasadas exposicións municipais. As partes superiores dos cubos conteñen o percorrido documental, con pequenos textos que fan referencias ás pegadas máis significativas da historia da parroquia, e que son da autoría de Enrique Sotelo, arquiveiro municipal.

Ler máis

Nestes días de aprobación de orzamentos do Estado, de negociacións entre grupos políticos varios; non me podo sentir máis invisible. E conste que non llo reprocho a eses diferentes territorios, máis ben é un reproche a nós mesmos, aos galegos.

Esta é a crúa realidade:

  • Oito apelidos Vascos: Negociacións do Estado cos diferentes gobernos do País Vasco, económica e política. Política fiscal propia e plan Ibarretxe.
  • Oito apelidos Cataláns: Negociación do Estado con diferentes gobernos de Cataluña. Formulación de referendo.
  • Oito apelidos Canarios. : Negociación do Estado con diferentes partidos canarios.
  • Oito apelidos Galegos: A Nada… Só na época do bipartito galego negociáronse vantaxes reais para Galicia. Por non ser, nin somos merecedores, dunha versión mala e pouco orixinal dunha película ao xeito de “Oito apelidos vascos” ou “Oito apelidos cataláns”…  tan pouco contamos.

Ler máis