Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

- GALLEGO REI, M.: A beira da Santiña, edita Mario Gallego Rei, Pontevedra, 2016.
- Hemeroteca.

O Milagre das Uvas e do Millo

O Burgo, verdadeiro territorio de carácter e circunstancias propias, é a Triana da nosa Pontevedra. Nunca alleo ao discurso e ao devir da cidade, ofrécenos unha historia e, ao fin, un legado que convén non desprotexer. O crecemento urbano nunca ...

VER +

Sinsabores dunha Pedra Importante: O Miliario de Adriano

Por miliario entendemos unha columna pétrea de gran peso e  tamaño que funcionaba a xeito de marco quilométrico nas antigas vías romanas. E frecuente que leven inscricións onde se especifica a vía na que se atopaba, así como a distancia ...

VER +

Lourizán repasa a súa historia - Pontevedra

Na praza de Marqués de Valterra a exposición “Lourizán”, un percorrido histórico pola parroquia, que se centra en varias actividades municipais de presente e futuro, como o ARI, as últimas reformas e obras, o e o proxecto da Casa da ...

VER +

Presentación Libro Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República - Pontevedra

Venres 9 de xuño, ás 19,30h na Libraría Baroja  Presentación do libro "Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República"  de Álvaro Rodríguez Núñez.  

VER +

Oito Apelidos Galegos . Sí, pero invisibles

Nestes días de aprobación de orzamentos do Estado, de negociacións entre grupos políticos varios; non me podo sentir máis invisible. E conste que non llo reprocho a eses diferentes territorios, máis ben é un reproche a nós mesmos, aos galegos. Esta ...

VER +

A guerra também foi nossa. Portugueses na Guerra Civil de Espanha

O Concello de Pontevedra, en colaboración coa comisión pola memoria histórica "Sempre con vós. Cidadanía pola verdade", xunto co "Instituto de Estudos Miñoranos" de Gondomar e a "Asociación Cultural Vagalumes" da Estrada traen a Galiza o documental "A Guerra também ...

VER +

Pablo Iglesias: O galego fundador do PSOE e a UGT

Nestes días tan atarefados na política nacional en xeral, e o Partido Socialista en particular, pensei que podería ser interesante un pequeno artigo sobre o fundador dun partido con tantos anos de historia ás súas costas como é o PSOE, ...

VER +

Exeria; a primeira turista de orixe galego da Historia

Que os galegos somos "viaxeiros" sabémolo todos, pero o curioso  é a historia desta muller, que viviu na antigüidade, alá polo século IV, e emprendeu viaxes culturais ata Oriente Próximo. Se lle coñece tamén como Egeria, Echeria e Eteria, nacida en ...

VER +

Aqueles Festivais do Verán. O Festival del Miño de Ourense

Con estes días de verán adiantado, sol por milleiros,  temperaturas inusualmente altas para a época do ano, e a resaca do festival de Eurovisión,  empezan a virme á memoria recordos daqueles festivais estivais que triunfaban na España dos 60 e ...

VER +

Ecomuseo de Arxeriz mostra un mapa interactivo das igrexas románicas da Ribeira Sacra

O Ecomuseo de Arxeriz, dependente da Fundación Xosé Soto de Fión, acaba de facer público un mapa interactivo que localiza as igrexas románicas presentes na Ribeira Sacra. O plano amosa a localización destes bens, o xeito de chegar e fotografías ...

VER +

Notas acerca do Camiño Portugués de Santiago

O Camiño ou ruta xacobea desde Portugal, moi posiblemente xa era un feito na época alta medieval, agora ben, é a partir da independencia do territorio luso no século XII cando comeza a tonarse máis vigorosa. Estas diferentes sendas do camiño, ...

VER +

O Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé - Ourense

A escasamente tres kilómetros do centro da capital de Ourense, encóntrase o Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé. Concorren nel, os valores históricos característicos dun complexo xacemento arqueológico, cos naturais derivados dunha contorna na que se conserva unha peculiar vexetación, con suxerentes ...

VER +

Haiche moito yeyé: A Movida Galega, Madrid escríbese con ‘V’ de Vigo

Ninguén que teña una certa idade – tampouco tan maiores eh! – poderá esquecer que pensabamos que entón eran “malos tiempos para la lírica” (ilusos que eramos, xa os quixésemos agora), e despregabamos o noso humor negro galego con aquilo de “y ...

VER +

E chegou o comandante e mandou parar… O pai de Fidel e Raúl Castro

Galegos polo mundo, ese parece noso sino que nos persegue secularmente. Dese ir e vir, temos descendentes por medio mundo. É o caso entre outros, de grandes figuras históricas como Simón Bolivar fundador das repúblicas da Gran Colombia e Bolivia ...

VER +

Idade Contemporánea (s.XVIII-XIX)

O Burgo, verdadeiro territorio de carácter e circunstancias propias, é a Triana da nosa Pontevedra. Nunca alleo ao discurso e ao devir da cidade, ofrécenos unha historia e, ao fin, un legado que convén non desprotexer. O crecemento urbano nunca debería estar pelexado co coidado das identidades intrínsecas que definen a un determinado territorio, coma unha urbe. Cómpre coidar a memoria que conforman os barrios e diversos lugares, pois deles manan –xunto a estrita condición natural e xeográfica– o máis sintetizado do carácter dunha poboación.

Conta a lenda que no emblemático barrio de O Burgo produciuse un feito insólito, dos nomeados milagres, que tivo ao Apóstolo Santiago como protagonista. Convén non esquecer que  Santiago «o Maior», un dos máis destacados discípulos de Cristo, mantivo con Galicia un vínculo que ben sexa polo mito ou  polos feitos, uniu para sempre xamais ao territorio co personaxe ata tal punto que atreveríame a dicir que aí quen pensa que Santiago sempre foi de Padrón, e non de Betsaida.

Ler máis

Na praza de Marqués de Valterra a exposición “Lourizán”, un percorrido histórico pola parroquia, que se centra en varias actividades municipais de presente e futuro, como o ARI, as últimas reformas e obras, o e o proxecto da Casa da Cultura, finalidade para a que se restaurará o edificio do antigo mercado, e principal argumento para crear esta exposición.

En total son 9 cubos e 3 estruturas máis grandes, reutilizadas de pasadas exposicións municipais. As partes superiores dos cubos conteñen o percorrido documental, con pequenos textos que fan referencias ás pegadas máis significativas da historia da parroquia, e que son da autoría de Enrique Sotelo, arquiveiro municipal.

Ler máis

Nestes días tan atarefados na política nacional en xeral, e o Partido Socialista en particular, pensei que podería ser interesante un pequeno artigo sobre o fundador dun partido con tantos anos de historia ás súas costas como é o PSOE, e evidentemente, porque ademais falaremos dunha personalidade da nosa terra, de Don Pablo Iglesias Posse (non confundir con Pablo Iglesias Turrión –Podemos –, que xa ten o seu aquel que se chamen igual). Aínda que teñen un nexo de unión, ao parecer, por parte de nai. Un dos avós de Pablo Iglesias Turrión, resulta ser un dos fundadores tamén da Unión Xeral da Traballadores UGT.

Pablo Iglesias Posse naceu en Ferrol (A Coruña) un 18 de outubro de 1850. É peculiar, que a mesma localidade, dese dous personaxes á política española tan diametralmente opostos, como Francisco Franco e Pablo Iglesias, son dese tipo de casualidades, que non deixan de ser unha sorte de burla da Historia.

A súa vida non foi nada fácil desde a máis tenra infancia. Falece o seu pai, Pedro Iglesias, e Pablo acompañado do resto da súa familia; a súa nai e irmán Manuel, vanse a vivir a Madrid. Xa a viaxe dio todo, o seu irmán é enviado á capital con anterioridade, pero tanto el como a súa nai, realizan a viaxe a pé. E os problemas non veñen sós. Juana Posse, a súa nai, esperaba ser acollida polo seu irmán, que vivía e traballaba en Madrid, pero cando por fin chegan, descobren que falecera, quedando completamente desvalidos e abandonados á súa sorte.

Ler máis

Galegos polo mundo, ese parece noso sino que nos persegue secularmente. Dese ir e vir, temos descendentes por medio mundo. É o caso entre outros, de grandes figuras históricas como Simón Bolivar fundador das repúblicas da Gran Colombia e Bolivia e descendente de vascos e galegos, e o mesmo ocorre con Fidel Castro e o actual presidente de Cuba, o seu irmán, Raúl Castro.

Pero para iso temos que falar do seu pai; Ángel María Bautista Castro, que naceu en Láncara (Lugo), na Comarca de Sarria, un 5 de decembro de 1875.

O pai dos irmáns Castro, era un labrego, que como moitos na súa época emigraron na procura dunhas mellores condicións de vida. El fíxoo á Habana desde A Coruña en decembro de 1899 a bordo do vapor de bandeira francesa Mavane.

Quizá os seus motivos para elixir Cuba como destino, explícanse no contexto da súa mocidade. En 1895 comezou a guerra de Cuba con España, e aínda que se sabe que Ángel se librou de ir alí como soldado no sorteo, o certo é que naquela época as familias podentes pagaban ás que tiñan menos recursos para evitar que os seus fillos tivesen que ir ao servizo militar; e foi este caso o do pai do Castro, aceptou este diñeiro e substituíu a outro mozo da Coruña. Foi a súa primeira viaxe a Cuba, en plena guerra, onde traballou nun economato militar. Ao rematar o conflito, regresou a España e tentou gañarse a vida en Madrid sen éxito. Tamén contan que o que lle impulsou  a marchar, sendo a puntilla definitiva, foi  o feito de decatarse  de que a súa noiva de sempre en Láncara, casara na súa ausencia.

Ler máis

No contexto da Guerra da Independencia Española (1808-1814), rexurdiu este movemento na Universidade de Santiago de Compostela  – xa se constituíu previamente en 1663, ante os ataques portugueses á vila de Monterrei, tras a sublevación de Portugal contra España en 1640 –, formándose na etapa da invasión francesa, unha compañía integrada por estudantes que decidiron loitar contra as  tropas de Napoleón, sendo coñecidos como o Batallón Literario.

Este movemento veu determinado tras unha reunión na universidade,  tutelada polo arcebispo de Compostela Rafael Múzquiz Aldunate.

Ler máis

Non  é fácil atopar territorios que garden tantos rastros de prehistoria como podemos achar en toda a provincia de Pontevedra, que abarcan desde o Neololítico ao Megalítico, pasando pola etapa castrexa e o dominio romano. Igualmente poderiamos falar da abundancia de montículos, mámoas e petróglifos que poderemos admirar en Cotobade, Campo Lameiro, Ponte Caldelas , Marín, Vilaboa, Poio… Todo iso forma parte do noso patrimonio inmaterial  colectivo, en forma de lendas, mitos… en definitiva da nosa cultura. No caso de Pontevedra cidade, alcanza a lenda ao mismísimo Teucro como fundador da mesma. Fundando este heroe da guerra de Troia en terras galegas “Helenes” (Pontevedra).

Ler máis