Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

- GALLEGO REI, M.: A beira da Santiña, edita Mario Gallego Rei, Pontevedra, 2016.
- Hemeroteca.

O Milagre das Uvas e do Millo

O Burgo, verdadeiro territorio de carácter e circunstancias propias, é a Triana da nosa Pontevedra. Nunca alleo ao discurso e ao devir da cidade, ofrécenos unha historia e, ao fin, un legado que convén non desprotexer. O crecemento urbano nunca ...

VER +

Sinsabores dunha Pedra Importante: O Miliario de Adriano

Por miliario entendemos unha columna pétrea de gran peso e  tamaño que funcionaba a xeito de marco quilométrico nas antigas vías romanas. E frecuente que leven inscricións onde se especifica a vía na que se atopaba, así como a distancia ...

VER +

Lourizán repasa a súa historia - Pontevedra

Na praza de Marqués de Valterra a exposición “Lourizán”, un percorrido histórico pola parroquia, que se centra en varias actividades municipais de presente e futuro, como o ARI, as últimas reformas e obras, o e o proxecto da Casa da ...

VER +

Presentación Libro Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República - Pontevedra

Venres 9 de xuño, ás 19,30h na Libraría Baroja  Presentación do libro "Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República"  de Álvaro Rodríguez Núñez.  

VER +

Oito Apelidos Galegos . Sí, pero invisibles

Nestes días de aprobación de orzamentos do Estado, de negociacións entre grupos políticos varios; non me podo sentir máis invisible. E conste que non llo reprocho a eses diferentes territorios, máis ben é un reproche a nós mesmos, aos galegos. Esta ...

VER +

A guerra também foi nossa. Portugueses na Guerra Civil de Espanha

O Concello de Pontevedra, en colaboración coa comisión pola memoria histórica "Sempre con vós. Cidadanía pola verdade", xunto co "Instituto de Estudos Miñoranos" de Gondomar e a "Asociación Cultural Vagalumes" da Estrada traen a Galiza o documental "A Guerra também ...

VER +

Pablo Iglesias: O galego fundador do PSOE e a UGT

Nestes días tan atarefados na política nacional en xeral, e o Partido Socialista en particular, pensei que podería ser interesante un pequeno artigo sobre o fundador dun partido con tantos anos de historia ás súas costas como é o PSOE, ...

VER +

Exeria; a primeira turista de orixe galego da Historia

Que os galegos somos "viaxeiros" sabémolo todos, pero o curioso  é a historia desta muller, que viviu na antigüidade, alá polo século IV, e emprendeu viaxes culturais ata Oriente Próximo. Se lle coñece tamén como Egeria, Echeria e Eteria, nacida en ...

VER +

Aqueles Festivais do Verán. O Festival del Miño de Ourense

Con estes días de verán adiantado, sol por milleiros,  temperaturas inusualmente altas para a época do ano, e a resaca do festival de Eurovisión,  empezan a virme á memoria recordos daqueles festivais estivais que triunfaban na España dos 60 e ...

VER +

Ecomuseo de Arxeriz mostra un mapa interactivo das igrexas románicas da Ribeira Sacra

O Ecomuseo de Arxeriz, dependente da Fundación Xosé Soto de Fión, acaba de facer público un mapa interactivo que localiza as igrexas románicas presentes na Ribeira Sacra. O plano amosa a localización destes bens, o xeito de chegar e fotografías ...

VER +

Notas acerca do Camiño Portugués de Santiago

O Camiño ou ruta xacobea desde Portugal, moi posiblemente xa era un feito na época alta medieval, agora ben, é a partir da independencia do territorio luso no século XII cando comeza a tonarse máis vigorosa. Estas diferentes sendas do camiño, ...

VER +

O Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé - Ourense

A escasamente tres kilómetros do centro da capital de Ourense, encóntrase o Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé. Concorren nel, os valores históricos característicos dun complexo xacemento arqueológico, cos naturais derivados dunha contorna na que se conserva unha peculiar vexetación, con suxerentes ...

VER +

Haiche moito yeyé: A Movida Galega, Madrid escríbese con ‘V’ de Vigo

Ninguén que teña una certa idade – tampouco tan maiores eh! – poderá esquecer que pensabamos que entón eran “malos tiempos para la lírica” (ilusos que eramos, xa os quixésemos agora), e despregabamos o noso humor negro galego con aquilo de “y ...

VER +

E chegou o comandante e mandou parar… O pai de Fidel e Raúl Castro

Galegos polo mundo, ese parece noso sino que nos persegue secularmente. Dese ir e vir, temos descendentes por medio mundo. É o caso entre outros, de grandes figuras históricas como Simón Bolivar fundador das repúblicas da Gran Colombia e Bolivia ...

VER +

Idade Moderna (s.XVI-XVII)

Non  é fácil atopar territorios que garden tantos rastros de prehistoria como podemos achar en toda a provincia de Pontevedra, que abarcan desde o Neololítico ao Megalítico, pasando pola etapa castrexa e o dominio romano. Igualmente poderiamos falar da abundancia de montículos, mámoas e petróglifos que poderemos admirar en Cotobade, Campo Lameiro, Ponte Caldelas , Marín, Vilaboa, Poio… Todo iso forma parte do noso patrimonio inmaterial  colectivo, en forma de lendas, mitos… en definitiva da nosa cultura. No caso de Pontevedra cidade, alcanza a lenda ao mismísimo Teucro como fundador da mesma. Fundando este heroe da guerra de Troia en terras galegas “Helenes” (Pontevedra).

Ler máis

Atópase no corazón de Pontevedra, de feito, a praza onde está situada do mesmo nome, é considerada o centro do centro da cidade de Pontevedra, e punto de encontro para os pontevedreses.

Dedicado á patroa da provincia de Pontevedra e patroa do Camiño Portugués de Santiago; e é sen dúbida, unha das edificacións máis recoñecidas e representativas da capital das Rías Baixas.

Ler máis

Foi en xaneiro do ano 1515 cando Pontevedra en plena crise dun período de epidemia de peste volveu os seus ollos con devoción a San Sebastián, intercesor e salvador ante enfermidades.

O brote de peste foise aplacando, e estando preto a festividade do santo, comezóuselle a render unha especial dedicación ofrecéndoselle a Vila de Pontevedra .

Ler máis

A Biblioteca da USC está a desenvolver un proxecto para a preservación e difusión a través de internet da súa colección de mapas, algúns deles pezas de singular valor. Son un total de 600 documentos aos que a tecnoloxía posibilita unha revitalización a través da súa dixitalización o que facilitará a súa difusión e acceso a través do repositorio institucional Minerva onde poden ser consultados, visualizados e descargados de xeito libre e gratuíto.

O proceso de dixitalización atópase actualmente en desenvolvemento e comezou polos mapas anteriores a 1900 relacionados con Galicia. A día de hoxe, todos os antigos e relativos á comunidade autónoma, un total de 20, están xa catalogados na base de datos Iacobus. Ademais o repositorio Minerva xa conta coa correspondente versión dixital de 14 destes documentos, cifra que se completará en datas próximas. O proxecto da Biblioteca para dixitalizar as súas coleccións do fondo antigo contribuirá á súa preservación en paralelo coa súa difusión a través da rede, posibilitando así o seu uso remoto e continuado por parte de persoal investigador e estudosos/as. Ler máis

O Couto Mixto (en portugués: Couto Misto) foi un microestado independente situado no val do río Salas, na vertente norte da serra do Larouco entre Galicia e Portugal. Constituído polas aldeas de Santiago, onde se estableceu a capital, Rubiás e Meaus. Ocupaba unha superficie de 26,9 Km² e tiña, en opinión de Pascual Madoz, unha poboación de 200 veciños no 1845, é dicir, o equivalente a 800-900 habitantes.

Descoñécese a orixe da súa institución, ligada dende a Baixa Idade Media ó castelo da Picoña, posteriormente vinculado á Casa de Bragança, constituíuse nun pequeno territorio fronteirizo con organización propia, comparable á dun Estado soberano, que non estaba ligado nin á Coroa de Portugal nin á de España.

Ler máis

Sobre a fermosura da Basílica de Santa María de Pontevedra se ten escrito moito –aínda que diría que nunca de abondo– e máis en concreto acerca da impresionante fachada principal, verdadeiro retablo pétreo de sabor renacentista e formas similares ao Hospital Real de Santiago, primeiro edificio deste estilo realizado en Galicia.

Moitos foron os autores e intelectuais que louvaron o belido desta obra encargada polo poderoso Gremio de Mareantes aos artistas Cornellis de Holanda e Joan Noble, –Begoña Fernández fala dunha terceira man na execución, a dun «Mestre Borgoñón»–.

Ler máis