Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

A Nosa Lingua e Cultura

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído?

Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu poesía e con trinta e un anos morrería, moi cedo. Foi un cinco de outubro de 2016, data no que o seu libro de poemas titulado Suicidas chegaba ás librerías, cando este mozo deixaba unha obra intensa e breve como o ronsel da lumarada que xurde na boca dun dragón.

Ler máis

O Burgo, verdadeiro territorio de carácter e circunstancias propias, é a Triana da nosa Pontevedra. Nunca alleo ao discurso e ao devir da cidade, ofrécenos unha historia e, ao fin, un legado que convén non desprotexer. O crecemento urbano nunca debería estar pelexado co coidado das identidades intrínsecas que definen a un determinado territorio, coma unha urbe. Cómpre coidar a memoria que conforman os barrios e diversos lugares, pois deles manan –xunto a estrita condición natural e xeográfica– o máis sintetizado do carácter dunha poboación.

Conta a lenda que no emblemático barrio de O Burgo produciuse un feito insólito, dos nomeados milagres, que tivo ao Apóstolo Santiago como protagonista. Convén non esquecer que  Santiago «o Maior», un dos máis destacados discípulos de Cristo, mantivo con Galicia un vínculo que ben sexa polo mito ou  polos feitos, uniu para sempre xamais ao territorio co personaxe ata tal punto que atreveríame a dicir que aí quen pensa que Santiago sempre foi de Padrón, e non de Betsaida.

Ler máis

A Concellaría de Cultura cederá unha aula á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) no Pazo da Cultura para que teña unha aula permanente en Pontevedra onde poida impartir os obradoiros da Escola de Escritores que organiza habitualmente na cidade do Lérez.

Ler máis

7 de xuño ás 20h no Liceo de Ourense

Ler máis

Achegarse a ciencia e a innovación dende a escola, promover o coñecemento científico, despertar a curiosidade, visibilizar a ciencia e todo elo vinculando a Universidade aos colexios.

Con estes obxectivos chega Pontenciencia, a cita dos mini-científicos/as que presentarán, após de traballar durante o curso os resultados das súas investigacións.

Ler máis

31 de maio – 4 de xuño en Ourense

Ler máis