Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

Cursos – Obradoiros

Martes 13 – ás 20,15h

Ler máis

O Concello editou mil exemplares da unidade didáctica co fin de achegala aos centros educativos da cidade e traballar con ela no propio arquivo onde tamén fanse visitas guiadas. A unidade foi elaborada polo persoal do Arquivo municipal e ilustrada polo debuxante Kiko da Silva.

Ler máis

A Concellaría de Cultura cederá unha aula á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) no Pazo da Cultura para que teña unha aula permanente en Pontevedra onde poida impartir os obradoiros da Escola de Escritores que organiza habitualmente na cidade do Lérez.

Ler máis

Achegarse a ciencia e a innovación dende a escola, promover o coñecemento científico, despertar a curiosidade, visibilizar a ciencia e todo elo vinculando a Universidade aos colexios.

Con estes obxectivos chega Pontenciencia, a cita dos mini-científicos/as que presentarán, após de traballar durante o curso os resultados das súas investigacións.

Ler máis

A Concellaría de Normalización Lingüística afronta a última semana das actividades de Maio mes da lingua con cinema, a entrega dos premios da Certame de Relatos Curtos da Fanpa, e a recepción ás entidades culturais da cidade.

• Martes 30, de maio:

• Ás 19.00 h, no auditorio do Pazo da Cultura, V Certame de Relato Curto, entrega de premios.

Certame cuxos principais obxectivos son: fomentar a creatividade no alumnado, potenciar a expresión e comprensión escrita, estimular o uso do galego nas familias, facilitar as posibilidades de publicación a novos creadores/as, apoiar os escritores/as noveis e afeccionados/as, crear un espazo común e familiar para a creación literaria. Os relatos deben ser orixinais e escritos en galego. Están convidados/as 120 finalistas que coñecerán os ganadores no momento da entrega dos premios:

Ler máis

Ponteverán-2017 está á volta “para encher o verán de actividades de lecer” en palabras do concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña.

Campamentos e obradoiros, actividades culturais, deportivas e no medio natural e actividades formativas integran a oferta de tempo libre á mocidade e infancia que promove a Concellería de Xuventude e que este ano inclúe novidades como o obradoiro “Divesidade-On. Ser diferente é normal” o unha estadía na Costa da Morte.

Ler máis