Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

E chegou o comandante e mandou parar… O pai de Fidel e Raúl Castro

Galegos polo mundo, ese parece noso sino que nos persegue secularmente. Dese ir e vir, temos descendentes por medio mundo. É o caso entre outros, de grandes figuras históricas como Simón Bolivar fundador das repúblicas da Gran Colombia e Bolivia ...

VER +

Presentación do libro Secretos de una crack - Pontevedra

O autor pontevedrés Félix Alfonsín presenta o libro Secretos de una crack publicado pola Editorial Círculo Rojo. O acto terá lugar o próximo día 21, ás 20 horas no salón de actos do Sexto. Na novela nárrase a historia dunha galega ...

VER +

O Museo recibe en doazón a biblioteca e o arquivo de José Luis Souto - Pontevedra

Os fondos bibliográficos e documentais do Museo víronse recentemente incrementados coa incorporación do arquivo e biblioteca persoais de José Luis Souto (1942-2016) que foron legados no seu testamento. O arquivo e biblioteca de José Luis Souto, composta por aproximadamente 18.000 títulos ...

VER +

Castelao. De Chumbo a Verba. Un Filme de Miguel López

Estrea 20 de maio, no Pazo da Cultura de Pontevedra. A Trama: Nun colexio de Pontevedra celébrase o día dás artes Galegas adicado á ilustre figura de Castelao. A mestra encarga un traballo que teñen que realizar os alumnos durante o fin ...

VER +

“Pasen e lean”, a proposta de Pontevedra no Día internacional do Libro

Desfrutar de lectura e do mundo ao redor do libro será o eixo central de Pasen e Lean, a nova iniciativa do Concellaría de Cultura para conmemorar o Día Internacional do Libro, que se celebrará este domingo 23 de abril. ...

VER +

Aberto o prazo para 'Re-creando', un obradoiro de arte dirixido á mocidade - Ourense

O centro de coñecemento La Molinera abre o prazo de inscrición -gratuíto- para un obradoiro dedicado á arte, Re-creando. Desenvolverase todos os venres durante os tres vindeiros meses en horario de 16:00 a 18:00 horas, e a primeira sesión será, precisamente, ...

VER +

A 22-MITEU abre o telón - Ourense

Circo, danza, concertos e... por suposto, moito teatro do 22 de abril ao 6 de maio Pablo Carbonell, Albert Plá, Clownic, Kukai danza, Vaivén, Teatro da Didascalia... son algúns dos nomes máis atraentes desta edición. Auditorio Municipal, Teatro Principal, Campus universitario e ...

VER +

Ponte a Debuxar - Pontevedra

19 de maio e 26 de maio

VER +

Obradoiros Audiovisuais Pontevedra Rodando

2-3-9-10-12-13-14 de maio O curso ofrece a alumnos de calquera idade a partir de los 12 anos a posibilidade de crear historias audiovisuais dende o inicio ata o final do proceso creativo. Durante as sesións se traballa sobre a idea, simúlanse equipos ...

VER +

Ciclo de Butaca - Pontevedra

Próximos concertos 6 e 27 de abril   ¬+INFO CLICK AQUÍ

VER +

A Semana Santa en Galicia

Aínda que en todas as poboacións de Galicia celébrase a Semana Santa, hai determinadas localidades que destacan polo valor artístico das súas imaxes, e que ademais teñen unha personalidade propia;  son actos  polo xeral,  contidos e de marcado carácter austero. Entre ...

VER +

Ciclo de curtametraxes Ficciónate

Ficciónate é unha iniciativa desenvolvida por Abella Creativa. A idea xurdiu da necesidade de crear un espazo no cal as curtametraxes tiveran cabida, alén dos certames, festivais e circuitos habituais de cinema, provistos para albergar este tipo de obras. As ...

VER +

Noelia Cacheiro: Unha ourensá de altura…

O 30 de novembro de 1987 nacía Noelia Cacheiro Quintas, en Ourense, criándose na capital da provincia pero tamén crecendo nos pobos dos seus pais, Xunqueira de Ambia e Gueral. Os seus primeiros pasos non os deu no baloncesto, deunos ...

VER +

O pianista Juan Pérez Floristán, protagonista do Enclave de Cámara do mes de abril - Ourense

Logo do Festival Pórtico do Paraíso, a música volta cun un dos concertos máis esperados da tempada o ciclo Enclave de Cámara. O concerto será o MÉRCORES ás 20:30 horas, e o programa inclúe pezas de Liszt, Chopin e Músorgski. Entradas ...

VER +

O Auditorio de Ourense presenta a programación infantil para o trimestre abril, maio e xuño

O Concello de Ourense presentou, esta mañá no salón de plenos, “a xoia da coroa de Cultura, a programación infantil do Auditorio”, segundo avanzou a súa titular, Belén Iglesias. Nos meses de abril, maio e xuño, o Auditorio ofrecerá un ...

VER +

Aplicacións

A vida cultural, festeira e de ocio da cidade ten desde xa un novo referente virtual: a web axenda.pontevedra.gal, un espazo que recolle a oferta tanto municipal como doutras institucións públicas e privadas.

O novo espazo virtual estrutúrase, sobre todo, en catro partes: un primeiro menú resumen coa información inicial: categorías, un formulario para engadir eventos, a carteleira comercial de cinema e o espazo “Buscapistas”, con links de interese cultural. Tamén dispón dun acceso directo á programación do Pazo, o Principal e o Recinto feiral, a través da web do Pazo da Cultura.

Ler máis

O Concello de Ourense pon a disposición dos cidadáns a aplicación para teléfono móbil Ourense Colabora, unha nova canle de comunicación para informarnos de todas as incidencias que considere oportunas.

Dispoñible para descargar, de balde, en calquera teléfono intelixente (tanto Android coma IOs ), “é unha forma de atender dunha forma máis eficaz as demandas dos nosos veciños”, explicaba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a súa presentación: “Tanto para que os cidadáns poidan canalizar as súas queixas como para que o Concello poida identificar incidencias alá onde os nosos ollos, a nosa acción, non chega”, dixo.

Ler máis

O Concello de Pontevedra e a Universidade de Vigo presentaron hoxe os cursos de formación práctica para Youtubeir@s, o concurso de vídeos para potenciar a presenza do galego na Rede. A presentación tivo lugar na Casa das Campás.

Ler máis

O alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores recolleu hoxe en Santiago o diploma que acredita á web municipal como a máis transparente de Galiza, tal como recolle o índice Dyntra.

Este recoñecemento é compartido co Concello da Coruña, que ata onte ía por debaixo do de Pontevedra pero que a pasada noite actualizou os seus datos para escalar algunha posición o que lle permitiu empatar coa cidade do Lérez.

Ademais de agradecer este diploma, o alcalde de Pontevedra dixo que para el a transparencia é moito máis que os índices publicados no web, xa que o goberno de Pontevedra “non é agora máis transparente ca antes”, ao que engadiu que os novos instrumentos web permiten unha maior facilidade para acceder aos datos, pero que en ningún caso a transparencia é un antídoto contra a corrupción, como algúns sosteñen: “estou seguro que a Declaración da Renda de Bárcenas non inclúe nada do que se está a ver”.

Ler máis

O salón de plenos do Concello de Ourense acolleu esta mañá a presentación na cidade o Concurso Youtubeir@s, unha iniciativa dos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove, e tamén das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Youtubeir@s ten a vontade de incrementar o uso do galego nos contidos audiovisuais dunha das redes sociais máis empregadas no mundo -máis de 1.000 millóns de usuarios empregan esta ferramenta, un de cada tres usuarios da internet- e tamén quere incitar e facilitar que tódalas persoas compartan as súas habilidades e criterios con vídeos autoproducidos.

Ler máis

Os máis pequenos están de noraboa, agora van poder ver os seus debuxos favoritos da tvG2 no seu dispositivo móbil favorito. E é que a semana pasada a CRTVG presentou no Culturgal en Pontevedra Xabarín TVG, unha nova aplicación para dispositivos móbiles desde a que se poderán ver todas as series de animación en galego que se emiten dentro do espazo Xabarín Club.

Esta aplicación nace co fin de ofrecer a unha xeración enteiramente dixital os contidos que máis lle gustan, adaptándose aos seus hábitos de consumo e sendo a única aplicación que existe orientada a nenos e con contidos audiovisuais exclusivamente en galego.

Ler máis