Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

Programa Concertos Festas de Ourense 2017

24 de xuño - 2 de xullo ¬VER / DESCARGAR PROGRAMACIÓN CLICK AQUÍ

VER +

Unha nova unidade didáctica convida aos escolares a descubrir o Arquivo municipal - Pontevedra

O Concello editou mil exemplares da unidade didáctica co fin de achegala aos centros educativos da cidade e traballar con ela no propio arquivo onde tamén fanse visitas guiadas. A unidade foi elaborada polo persoal do Arquivo municipal e ilustrada ...

VER +

Programación de todas as Festas de Verán Pontevedra 2017

Música de bandas Xoves, 6 de xullo 21.00 h Baila a Banda. Praza do Teucro Concerto da Banda de Música de Pontevedra coa colaboración do Club de Baile Deportivo Adrián Esperón & Patricia Martínez “Baila Mos” Domingo, 9 de xullo 21.00 h ...

VER +

O Pazo cede unha aula permanente a Asociación de Escritores en Lingua Galega - Pontevedra

A Concellaría de Cultura cederá unha aula á Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) no Pazo da Cultura para que teña unha aula permanente en Pontevedra onde poida impartir os obradoiros da Escola de Escritores que organiza habitualmente na ...

VER +

Surfing The Lérez - Pontevedra

A cita será o 17 de xuño con catorce grupos e moitas actividades infantís. Volve unha nova edición do Surfing The Lérez que se celebrará o vindeiro 17 de xuño na Illa do Covo, como en citas anteriores. Este ano terá como ...

VER +

Baiona, Unha Vila Real

Esta preciosa vila está situada nunha tranquila baía entre Monte Real e ou Monteferro. A súa boa condición como porto natural motivou que fose unha poboación moito máis importante que Vigo ata o s. XVIII, cunha notable liberdade de comercio grazas ...

VER +

Homenaxe a Carlos Casares no Liceo de Ourense

7 de xuño ás 20h no Liceo de Ourense

VER +

Comeza o ciclo Sons na Rúa coa Banda de Música de Pontevedra (Programa)

Serán sete concertos, que se celebrarán entre o 8 de xuño e 18 de agosto, unha cita esta última que se desenvolverá na recta final das Festas da Peregrina. Coa chegada do tempo de verán as prazas e rúas da cidade ...

VER +

Presentación Libro Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República - Pontevedra

Venres 9 de xuño, ás 19,30h na Libraría Baroja  Presentación do libro "Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República"  de Álvaro Rodríguez Núñez.  

VER +

Concerto Solidario Ourense

Con 10 euros podemos contribuir, desde Ourense, ao desenvolvemento de países de África occidental, concretamente de Guinea Bissau, mediante proxectos sanitarios, sociais, educativos e medioambientais, así como de axuda a colectivos e persoas marxinadas ou desfavorecidas. E precisamente esa é a ...

VER +

Premios III Maratón Fotográfico Cidade de Ourense

1º Premio - Marta Dorribo Gonzalez - 1.000€ 2º Premio - Rafael Juliana Méndez - 500€ 3º Premio - Alba Araújo Pinto - 300€ A maiores, catro accesit ás mellores fotografías de cada serie. Accesit ¨Negro¨ - María Belén Alonso ...

VER +

Nova Páxina Web do Concello de Allariz

O Concello de Allariz lanza a súa nova páxina web www.allariz.gal, centrada na administración electrónica, a actualidade e o turismo (esta última aínda en construción). O novo espazo foi deseñado co obxectivo de transmitir unha maior transparencia ademais de permitir aos ...

VER +

Mini-científicos/as amosan as súas investigacións en Pontenciencia - Pontevedra (programa)

Achegarse a ciencia e a innovación dende a escola, promover o coñecemento científico, despertar a curiosidade, visibilizar a ciencia e todo elo vinculando a Universidade aos colexios. Con estes obxectivos chega Pontenciencia, a cita dos mini-científicos/as que presentarán, após de ...

VER +

Feira do Libro de Ourense

31 de maio – 4 de xuño en Ourense

VER +

Actores e Actrices

Pontevedra acollerá do 8 ao 11 de xuño a sexta edición do Encontro Internacional de Contadores/as de historias, Sete Falares.

Un proxecto que, como explica a concelleira de Festas e Dinamización Cultura, Carme Da Silva, “pretende dúas cousas: dar a coñecer e divulgar unha actividade artística e cultural importante como é contar historias, que ademais está moi vinculada a tradición cultural galega e tamén utilizar os distintos espazos do concello, como as Ruínas de San Domingos, a Casa das Campás, o Teatro Principal ou o CITA como escenarios de actividades culturais”

Ler máis

Quique Peón Cía presenta en Pontevedra o espectáculo ‘O Poder do Arcabuz’, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media.

Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en gran formato, con case un cento de artistas no escenario: 33 bailaríns, 24 músicos e 40 persoas no coro.

Ler máis

Estrea 20 de maio, no Pazo da Cultura de Pontevedra.

A Trama:

Nun colexio de Pontevedra celébrase o día dás artes Galegas adicado á ilustre figura de Castelao.
A mestra encarga un traballo que teñen que realizar os alumnos durante o fin de semana. Un neno intelixente e un pouco vago recibe unha reprimenda da súa mestra porque toda a semana dedicárona a dar información sobre Castelao para o posterior traballo e cada pregunta que lle fai non a sabe contestar.
A partir de aí, Xavi (o neno) percorrerá un mundo entre a fantasía e a realidade que o levará a coñecer de primeira man, a vida de Castelao.

Ler máis

Circo, danza, concertos e… por suposto, moito teatro do 22 de abril ao 6 de maio
Pablo Carbonell, Albert Plá, Clownic, Kukai danza, Vaivén, Teatro da Didascalia… son algúns dos nomes máis atraentes desta edición.
Auditorio Municipal, Teatro Principal, Campus universitario e as rúas da cidade serán os escenarios.

Natureza propia, a nova creación de Sabela Gago para Rosaura, a Aula de Teatro Universitario de Galicia, abrirá este xoves 20 de abril (desde ás 19:00 horas na praza de San Martiño) a vixésimo segunda edición da MITEU.

No programa, un total de 30 espectáculos de diferentes e diversas disciplinas da expresión escénica, desde o circo ata a danza, pasando pola música e, como non, polo teatro máis clásico, e nomes tan recoñecidos coma os de Pablo Carbonell, Albert Plá ou Bruno Martins xunto aos de novos valores da escena procedentes de lugares tan dispares coma Colombia, Costa de Marfil ou Irak. Pero na festa do teatro non van faltar nomes coma os de García Lorca, Shakespeare, Baricco ou Valle Inclán, demostrando a universalidade das historias que trae a 22-Miteu.

Ler máis

Ficciónate é unha iniciativa desenvolvida por Abella Creativa. A idea xurdiu da necesidade de crear un espazo no cal as curtametraxes tiveran cabida, alén dos certames, festivais e circuitos habituais de cinema, provistos para albergar este tipo de obras. As obras de cinema de curta duración tamén tiñan que chegar ó gran público.

Nesta segunda edición de Ficciónate, a primeira na que se abriu convocatoria de recepción de obras, foron un total de 29 as obras presentadas para a selección oficial de 4 filmes. Houbo inmensa variedade de xéneros e temáticas: humor, drama, comedia, documental, históricas, terror, acción e animación. Directores noveis e cineastas experimentados así como recoñecidas caras na interpretación dentro do panorama audiovisual galego e nacional.

Ler máis

Xoves 30 de marzo, ás 20h. no Teatro Principal

Dirixida por Adrián González e Tamara Andrés, transcorre ao longo de seis historias.

Ler máis