Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

Vídeos Deportes

Situado na cidade de Vigo. É o estadio no que xoga como local o Real Club Celta de Vigo, equipo da Primeira división española.

O topónimo do lugar deriva de Abeladíos, facendo referencia a un lugar onde abondan as abeleiras (arbusto) . O estadio é obra do arquitecto Jenaro de la Fuente Álvarez e foi inaugurado o 30 de decembro de 1928 cun partido entre o Celta de Vigo e o Real Unión de Irún, no que gañou o Celta por 7-0. Entre 1967 e 1971 o concello levou a cabo unha reforma en profundidade unha por unha a tódalas bancadas, dándolle a configuración actual, salvo a banda de Río (que recibe o seu nome por estar sobre o río Lagares).

Ler máis

Felices co premio Princesa de Asturias a Gómez Noya, un premio que leva merecendo hai moito tempo. É quizá un dos mellores deportistas de todos os tempos, e con orgullo vive e adestrase na nosa querida Pontevedra.
Felicidades Campión!

Francisco Javier Gómez Noya (Basilea, Suíza, 25 de marzo de 1983) é un triatleta profesional , nove veces número uno mundial segundo a Unión Internacional de Tríatlon, cinco veces campión mundial, nos anos 2008, 2010,  2013,  2014  e 2015,  medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Londres 2012,  e catro veces campión de Europa, nos anos 2007,  2009,  2012  e 2016.

Ler máis


O triatleta Javier Gómez Noya perdeu a conta das veces que se subiu ao podio, aínda que si se sabe o número de mundiais que atesoura: cinco. Un pentacampeón que é xa, até o momento, o mellor triatleta da historia.

Ler máis

O Río Umia nace no interior das montañas da provincia de Pontevedra, máis exactamente en Aciveiro no Concello de Forcarei.

 Xorde da unión dos arroios de Raigosa, Filloi, Alende e Grela, sumándose o Río Galo como importante afluente á altura de Ponte Taboada, sendo outros afluentes a ter en conta O Canón, o San Martiño, O Chaín, o Amergeira e o arroio de Bermaña.

Ler máis

O Río Ulla arrinca na provincia de Lugo, en concreto nas proximidades dos Montes de Vacaloura (Monterroso), no Concello de Antas de Ulla.

Ten un percorrido de cento trinta e dous quilómetros, ao longo dos cales pasa por concellos como A Estrada, A Golada, Ames, Antas de Ulla, Arzúa, Boqueixón, Catoira, Dodro, Dozón, Forcarei, Lalín, Melide, Monterroso, Pas de Rei, Padrón, Rianxo, Rodeiro, Santiago de Compostela, Santiso, Silleda, Teo, Toques, Touro, Valla, Vedra e Vila de Cruces, ata desembocar nas augas da Ría de Arousa; alimentándose de diferentes afluentes: Postillón, Valpedre, Deza, Sar e Arneiro,sendo así, a segunda conca máis importante de Galicia (2.764 quilómetros cadrados) logo da do Miño.

Ler máis

O Río dos Gafos é o outro río que desemboca (xunto co Lérez) na ría pontevedresa, na cidade e capital da provincia; Pontevedra. De feito a súa ponte nas proximidades da súa unión co mar, xunto ca Ponte do Burgo do río Lérez foi o que pudo facer   acuñar o termo de “Ad Duos Pontes á poboación de Pontevedra en tempo dos romanos.

Tamén existe a teoría sobre que por un das súas pontes pasaba unha calzada romana que ía de Tui a Padrón; a discusión non está clara e quizá este discorrese pola Ponte do Burgo, do Río Lérez, ou por Pontesampaio pola ponte sobre o Río Verdugo.

Ler máis