Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

As Praias

O Concello de Pontevedra iniciou hai uns días traballos intensivos de mantemento nos areeiros do municipio para que estean en boas condicións de uso de cara ao período estival.

A praia fluvial do Lérez, a de Ponte Sampaio e tamén a de Praceres reciben estes días aos servizos municipais para facer labores de limpeza, achega de area, retirada de algas, reposición ou reparación de mobiliario urbano e de praia… Ademais, nos vindeiros días incorporaranse os socorristas ás praias do Lérez e Ponte Sampaio, que realizarán o control de ambos areeiros até primeiros de setembro.

Ler máis

Desde a Praia do Vilar (Ribeira – A Coruña), Bo día!!!

Ler máis

O concello de Marín ocupa unha posición intermedia na marxe sur da Ría de Pontevedra, e conta con agradables praias, con excelentes panorámicas sobre este sector do litoral das Rías Baixas.

Ler máis

Vilagarcía, situada ó fondo da ría de Arousa, pode presumir de ter unhas praias de augas tranquilas e non demasiado frías, para o que é habitual nas rías galegas. O principal areal do municipio, distinguido ano tras ano coa Bandeira Azul da UE, é o da Concha-Compostela. Durante os meses de verán acoden diariamente a este areal non só veciños do municipio, senón xentes doutros concellos do interior, atraídas polas seus óptimos servicios e as boas comunicacións. De feito, foi a gran afluencia de santiagueses a que bautizou ó areal co nome de Compostela.

Ler máis

O area enmárcase ao bordo do río Deva e, coa praia fluvial que existe na mesma zona, o paseo fluvial, os recentemente restaurados molinos de auga, no lugar onde no seu tempo houbo un aserradero hidráulico, a ponte romana que domina todo o lugar, constitúe unha das zonas de lecer e recreo máis belas e visitadas da comarca. Trátase dunha zona cun relevo moi compartimentado, pola incisión dunha densa rede fluvial.

Ler máis