Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

Ecoloxía – Medio Ambiente

4 de xuño en Arbo

Ler máis

O Concello de Ourense vén de presentar as actividades para a Semana do Medio Ambiente, un programa no que participaron as concellerías de Medio Ambiente, Xuventude, Educación e Participación Cidadá e que se traduce en actividades lúdicas e formativas diarias para toda a familia desde este sábado até o vindeiro 6 de xuño.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, que presentou o programa acompañado dos concelleiros das respectivas áreas, salientou que “deseñamos actividades moi diversas nas que toda a poboación poida, en distintos puntos do municipio, non só estar en contacto coa natureza, senón coñecela, gozala e, consciente do seu valor, protexela”.

Ler máis

A concellería de Deportes do Concello de Allariz abre o prazo de inscrición para participar nunha nova edición, e xa van 20, da Andaina de Allariz, que se celebrará o vindeiro sábado 27 de maio.

A Andaina popular de Allariz, pioneira en Galicia, celebrábase por primeira vez no ano 1998 e dende entón a súa popularidade non parou de medrar. “50 kilómetros en 12 horas” é unha iniciativa coa que se pretende familiarizar aos participantes neste tipo de proba longa, ademais de potenciar e dinamizar o fermoso itinerario que discorre por antigas vereas, corredoiras e sendeiros naturais de Allariz e arredores. A proba terá un importante compoñente medioambiental porque descorrerá pola práctica totalidade dos camiños que cruzan a Reserva da Biosfera “Área de Allariz”.

Ler máis

A Concellaría de Cultura organiza por quinto ano consecutivo Fluíndo no Lérez Encontro de Cultura: Arte e Natureza que se celebrará os vindeiros 9, 10 e 11 de xuño na Illa do Covo, na Casa das Campás, e no Pazo da Cultura en colaboración co Vicerreitorado do Campus de Pontevedra.

Nesta edición que leva por título “Hortus conclusus e a paisaxe creada” pretende traballar durante dous días nas marxes do río Lérez executando obras efémeras e respectuosas coa natureza. A Casa das Campás tamén será sede deste Encontro de Cultura, xa que o venres 9 de xuño, ás 20.00 horas, Christian Villamide será o encargado de iniciar estas sesións artísticas coa conferencia Horturs conclusus e a paisaxe creada.

Ler máis

13 de maio – 20 de outubro

O Festival Internacional de Xardíns de Allariz inaugura, este sábado día 13 de maio, una nova edición na que os visitantes poderán gozar de novas creacións efémeras, adicadas, este ano, á Memoria.

Baixo o tema “Os Xardíns da Memoria, esta oitava edición congrega a paisaxistas internacionais  con propostas novidosas no sector chegadas dende Galiza, Madrid, Brasil, República Checa, Austria ou México.

Ler máis

O Concello de Ourense está a planificar as actividades que se desenvolverán no Botánico de Montealegre. Así, estanse a producir reunións de traballo entre os técnicos da Concellería de Medio Ambiente e a empresa Xesmega, ganadora do concurso da xestión do Centro de Visitantes Montealegre desde o 7 de abril.

Cabe lembrar que neste enclave realízanse actividades e visitas guiadas (martes a viernes ás 18h) , que nos sábados, domingos e festivos, son ás 12 e 18h. O horario de apertura do Montealegre é de martes a domingo de 10 a 20h e desde maio ata as 21h.

Ler máis