Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

Hoteis e Similares Ourense

Antigo mosteiro benedictino situado na comarca de Ourense, ó norte do municipio de Nogueira de Ramuín, na ladeira meridional do río Sil.

Aínda que se atribuíu a súa fundación a San Martín Dumiense no século VI, a primeira documentación conservada é un privilexio de Ordoño II do ano 921; nel autoriza ao abad Franquila a reconstruír o mosteiro, concedéndolle numerosas posesións. Durante os séculos posteriores crece a súa importancia, creándose a que parece en parte lenda, que afirma que durante os séculos X e XI retiráronse ó mosterio nove santos bispos, o que estendeu a súa fama e foi recollido no escudo do mosterio con nove mitras. A finais do século XV, a reforma monástica imposta polos Reis Católicos e o Cardeal Cisneros propicia a súa incorporación, en 1499, á congregación de San Benito de Valladolid. Desde 1530 ata a exclaustración de 1875 é Colexio de Artes, pasando despois a igrexa a parroquial.

Ler máis

Fundado como mosteiro  no 928, adscribiuse á reforma cisterciense no 1225 e foi incorporado á congregación de Castela no 1536. Coa desamortización pasou a ser cuartel militar e en 1891 instalouse unha comunidade benedictina de Samos. Foi declarado Monumento Histórico Artístico en 1982 e actualmente alberga un hotel de catro estrelas. A variedade de estilos, dende o románico ao barroco, configuran un monumento singular.

Ler máis

A Audiencia Nacional fallou a favor de Turismo de Galicia ao desestimar o recurso contencioso-administrativo contra a Orde Ministerial con data 27 de xuño de 2014 ditada polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas pola que se acordou a ampliación do destino previsto na cesión á Xunta de Galicia do Castelo de Monterrei e o seu recinto amurallado.

En consecuencia, a Audiencia Nacional confirma dita Orde Ministerial permitindo o uso hostaleiro para o cal está destinado o Castelo de Monterrei na actualidade.

Ler máis

Monterrei, dominado pola súa cidade-fortaleza, e Verín, terra de entroidos ancestrais, mostrarannos os segredos do viño da máis xove denominación de orixe galega.

A beleza e monumentalidade do Val de Monterrei

Propoñémosvos chegar a primeira hora da tarde ao Val de Monterrei, na marxe do río Támega. Estamos na zona suroriental da provincia de Ourense, moi preto de Portugal.

Ler máis