Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

Campings e Albergues Pontevedra


A Concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías mantivo esta mañá unha reunión co presidente da Asociación de Autocaravanas de Galicia, Francisco Penas para presentarlle o proxecto de reordenación da parcela de Tafisa na que o Concello ten previsto habilitar un estacionamento de autocaravanas, que tentará estar operativo no verán.

Ler máis

A Concellaría de Promoción da Cidade creará un área de estacionamento de autocaravanas de curta estancia na parcela de Tafisa que o Concello ten destinada para uso hoteleiro.

A concelleira Anabel Gulías xa leva tido varias reunións coa Asociación galega de autocaravanas para buscar un lugar acaído para este tipo de vehículos, e aínda que eles suxerían o estacionamento fronte ao Pavillón de deportes, o Concello optou por darlle uso á parcela de Tafisa, neste momento sen uso. E a decisión foi aplaudida pola asociación.

Ler máis