Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Xornadas dos Oficios do Coiro - Allariz

 3- 7 de maio. Xornadas dos Oficios do Coiro - Allariz (Ourense) ¬VER / DESCARGAR PROGRAMA

VER +

Máis dun cento de vídeos na recta final de Youtubeir@s

Este venres 28 de abril é o último día para participar na primeira edición de Youtubeir@s -Concurso de vídeos na Rede. Esta iniciativa pretende fomentar a videocreación en galego na segunda rede social máis empregada do mundo, Youtube, a través ...

VER +

“O poder do Arcabuz” de Quique Peón, Ciclo Summum - Pontevedra

Quique Peón Cía presenta en Pontevedra o espectáculo ‘O Poder do Arcabuz’, un musical que recrea a Revolución Irmandiña que tivo lugar en Galicia na Baixa Idade Media. Trátase dun espectáculo que combina música e danza (tradicional e contemporánea) en ...

VER +

“Noite de cine na rúa” - Ourense

26 abril - 13, 20, 27 de maio - 10 de xuño O Concello de Ourense iniciará este sábado unha nova proposta de lecer para as fines de semana: “Noite de cine na rúa”, un ciclo de 4 proxeccións dunha escolma ...

VER +

A Real Filharmonía de Galicia e o Coro Xove da Orquestra Sinfónica no día das Letras Galegas - Ourense

O Día das Letras 2017 réndelle homenaxe a un fillo predilecto da cidade, Carlos Casares Mouriño, e desde o Concello de Ourense perfílase unha programación de altura con motivo desta celebración, achegando esforzos con entidades e institucións para dotar 2017 ...

VER +

Maratón Fotográfico Pontevedra

Pontevedra volve a súa cita coa fotografía da man do Maratón Fotográfico, que celebrará o sábado 13 de maio a súa terceira edición, baixo o título “Saca a Lingua”. Os participantes terán que fotografar tres temáticas que se desvelarán o ...

VER +

Artistas na rúa - Pontevedra

O evento desenvolverase o próximo sábado 29 de na Praza da Ferraría, en horario de 16.30h a 20.30 horas. O evento pontevedrés Artistas na rúa, cree no proceso e no resultado da Naturalización das Artes, rompendo cos mitos establecidos e acurtando ...

VER +

XII Encontro de Palilleiras - Pontevedra

O Recinto feiral da Xunqueira acollerá o próximo domingo, 30 de abril, o XII Encontro de Palilleiras Cidade de Pontevedra. “Un clásico xa”, en palabras do alcalde Miguel Fernández Lores, quen recibiu hoxe ás representantes da asociación A Fieitiña, organizadora ...

VER +

E chegou o comandante e mandou parar… O pai de Fidel e Raúl Castro

Galegos polo mundo, ese parece noso sino que nos persegue secularmente. Dese ir e vir, temos descendentes por medio mundo. É o caso entre outros, de grandes figuras históricas como Simón Bolivar fundador das repúblicas da Gran Colombia e Bolivia ...

VER +

Presentación do libro Secretos de una crack - Pontevedra

O autor pontevedrés Félix Alfonsín presenta o libro Secretos de una crack publicado pola Editorial Círculo Rojo. O acto terá lugar o próximo día 21, ás 20 horas no salón de actos do Sexto. Na novela nárrase a historia dunha galega ...

VER +

O Museo recibe en doazón a biblioteca e o arquivo de José Luis Souto - Pontevedra

Os fondos bibliográficos e documentais do Museo víronse recentemente incrementados coa incorporación do arquivo e biblioteca persoais de José Luis Souto (1942-2016) que foron legados no seu testamento. O arquivo e biblioteca de José Luis Souto, composta por aproximadamente 18.000 títulos ...

VER +

Castelao. De Chumbo a Verba. Un Filme de Miguel López

Estrea 20 de maio, no Pazo da Cultura de Pontevedra. A Trama: Nun colexio de Pontevedra celébrase o día dás artes Galegas adicado á ilustre figura de Castelao. A mestra encarga un traballo que teñen que realizar os alumnos durante o fin ...

VER +

“Pasen e lean”, a proposta de Pontevedra no Día internacional do Libro

Desfrutar de lectura e do mundo ao redor do libro será o eixo central de Pasen e Lean, a nova iniciativa do Concellaría de Cultura para conmemorar o Día Internacional do Libro, que se celebrará este domingo 23 de abril. ...

VER +

Aberto o prazo para 'Re-creando', un obradoiro de arte dirixido á mocidade - Ourense

O centro de coñecemento La Molinera abre o prazo de inscrición -gratuíto- para un obradoiro dedicado á arte, Re-creando. Desenvolverase todos os venres durante os tres vindeiros meses en horario de 16:00 a 18:00 horas, e a primeira sesión será, precisamente, ...

VER +

A 22-MITEU abre o telón - Ourense

Circo, danza, concertos e... por suposto, moito teatro do 22 de abril ao 6 de maio Pablo Carbonell, Albert Plá, Clownic, Kukai danza, Vaivén, Teatro da Didascalia... son algúns dos nomes máis atraentes desta edición. Auditorio Municipal, Teatro Principal, Campus universitario e ...

VER +

A sétima edición de Ponte Poética, o Festival Internacional de Poesía de Pontevedra, chega con novidades: novos escenarios e máis internacional que nunca.

Desenvolverase do 7 ao 9 de abril e reunirá na cidade a poetas que farán uso da palabra en sete linguas: as cinco da Península Ibérica máis polaco e islandés.

A cita reúne en pé de igualdade a poetas galegos -Ana Romaní, Cesáreo Sánchez Iglesias, Berta Dávila e Antón Lopo- con poetas do resto do mundo -Andrés Neuman, Mireia Calafell, Bernardo Atxaga, Sjón, Grazyna Wojcieszko e Joâo Luís Barreiro Guimarâes-, subliñou Antón Sobral, responsábel do Ateneo de Pontevedra, promotor do evento xunto coa Concellería de Cultura.

Ponte Poética sairá da súa “casa”, o Teatro Principal ás Ruínas de Santo Domingo onde será a inauguracións o venres, 7 de abril ás 17.30 horas: un recital dos/as poetas Andrés Neuman, Berta Davila, Grazyna Wojcieszko e Antón Lopo. Tamén haberá encontros poéticos nos institutos A Xunqueira I, A Xunqueira II e Torrente Ballester.

O encontro inclúe tamén dous obradoiros: un de narrativa, impartido por Andrés Neuman e outro de poética, impartido por Bernardo Atxaga. Son de balde pero precisan inscrición: a través do correo cfuentesmodelo@yahoo.es ou telf. 669.428188

¬VER/ DESCARGAR PROGRAMA

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario