Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Programa Concertos Festas de Ourense 2017

24 de xuño - 2 de xullo ¬VER / DESCARGAR PROGRAMACIÓN CLICK AQUÍ

VER +

Programación de todas as Festas de Verán Pontevedra 2017

Música de bandas Xoves, 6 de xullo 21.00 h Baila a Banda. Praza do Teucro Concerto da Banda de Música de Pontevedra coa colaboración do Club de Baile Deportivo Adrián Esperón & Patricia Martínez “Baila Mos” Domingo, 9 de xullo 21.00 h ...

VER +

Lourizán repasa a súa historia - Pontevedra

Na praza de Marqués de Valterra a exposición “Lourizán”, un percorrido histórico pola parroquia, que se centra en varias actividades municipais de presente e futuro, como o ARI, as últimas reformas e obras, o e o proxecto da Casa da ...

VER +

Baiona, Unha Vila Real

Esta preciosa vila está situada nunha tranquila baía entre Monte Real e ou Monteferro. A súa boa condición como porto natural motivou que fose unha poboación moito máis importante que Vigo ata o s. XVIII, cunha notable liberdade de comercio grazas ...

VER +

40 Aniversario da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia

8-11 de xuño en Silleda (Pontevedra) A maior feira de mostras e lecer do noroeste cumpre catro décadas como espazo de referencia para innumerables sectores e empresas polo seu gran valor como ferramenta comercial. E faino cunha edición na que seguirá fortalecendo ...

VER +

Inauguración escultura en pedra adicada ao boi de Allariz

Sábado 3 de xuño ás 19:30h O Paseo da Alameda incorporará, ademáis dunha nova imaxe renovada no seu acceso, un novo elemento decorativo. Este sábado 3 de xuño o Concello de Allariz inaugurará neste espazo, unha escultura en pedra adicada ao boi ...

VER +

Ponteverán-2017 (Programa)

Ponteverán-2017 está á volta “para encher o verán de actividades de lecer” en palabras do concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña. Campamentos e obradoiros, actividades culturais, deportivas e no medio natural e actividades formativas integran a oferta de tempo libre á ...

VER +

A muiñeira ocupará a cidade o 2 de xuño - Pontevedra (Programa)

Pontevedra celebra unha vez máis -e van 46- o Día da Muiñeira. A cita é o próximo 2 de xuño e o seu epicentro estará na avenida Montero Ríos, a partir das 20.00 horas. Media hora antes os grupos participantes ...

VER +

A música máis popular dos anos 80 e 90 animará as Festas de Ourense

A Praza Maior de Ourense viaxará no tempo para homenaxear á mellor música dos anos 80 e 90, o luns, día 26 de xuño, ás 22:30 horas. Será coa actuación de La edad de oro del pop español, a superbanda ...

VER +

A Andaina de Allariz cumpre 20 anos

A concellería de Deportes do Concello de Allariz abre o prazo de inscrición para participar nunha nova edición, e xa van 20, da Andaina de Allariz, que se celebrará o vindeiro sábado 27 de maio. A Andaina popular de Allariz, pioneira ...

VER +

O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra cumpre 25 anos (Programa)

Cinema e música en vivo irán da man neste aniversario coa programación do ciclo Notametraxes-17, que se desenvolverá no Teatro Principal todos os mércores dende o 24 de maio ao 14 de xuño. O XXV Festival converterá á cidade no referente ...

VER +

Ecomuseo de Arxeriz mostra un mapa interactivo das igrexas románicas da Ribeira Sacra

O Ecomuseo de Arxeriz, dependente da Fundación Xosé Soto de Fión, acaba de facer público un mapa interactivo que localiza as igrexas románicas presentes na Ribeira Sacra. O plano amosa a localización destes bens, o xeito de chegar e fotografías ...

VER +

Festival de Títeres de Redondela

15 - 21 de maio A XVIII Edición do Festival de Títeres de Redondela encherá a Vila dos Viadutos de actuacións en rúas en salas. Un total de 25 compañías chegadas de Brasil, Italia, Estados Unidos, Dinamarca, Arxentina e Galicia. ¬+INFO NA ...

VER +

Notas acerca do Camiño Portugués de Santiago

O Camiño ou ruta xacobea desde Portugal, moi posiblemente xa era un feito na época alta medieval, agora ben, é a partir da independencia do territorio luso no século XII cando comeza a tonarse máis vigorosa. Estas diferentes sendas do camiño, ...

VER +

Unha vez cumprido o compromiso público do Presidente da Deputación Provincial de facilitarlle ao ATENEO un espazo temporal transitorio logo da promesa do Concelleiro de Cultura e Educación Universitaria de reubicar a entidade no edificio da Rúa Concello 11, informamos á opinión pública de que a reubicación no Centro Cultural Marcos Valcárcel xa se fixo efectiva, administrativa e fisicamente.

A dispoñibilidade deste espazo fixo posible que dende o ATENEO puidésemos continuar coas actividades programadas, entre as que destacamos as seguintes:

 Continuidade do Grupo de Canto e Instrumentos tradicionais e das actividades de Adestramento do equipo de xadrez do Ateneo.

 Reunión da Plataforma Pro-Centro de Atención a Persoas con Discapacidade.

 Celebración do Día Internacional dos Museos coa visita ao Museo Internacional de Cornamusas.

 Presentación do libro: “Aves da Limia. Dende a Lagoa de Antela aos nosos días. Vol. I: Non paseriformes”; e “Vol. II: Paseriformes”, de Serafín González, Antonio Villarino e Felipe Bárcena

 Celebración do Día das Letras Galegas, “Carlos Casares 2017”, coa lectura do conto “O xogo da guerra” por Marisa Calvo, lectura do artigo “Salvar as verbas” por Dolores Alonso, e actuación do “Grupo de canto e instrumentos tradicionais do Ateneo de Ourense”.

 Conferencia “Reprodución asistida. O dereito da muller a decidir sobre a súa maternidade”, organizada pola Plataforma Feminista Galega de Ourense.

 Primeira xuntanza da Plataforma Pro ATENEO para ser informada pola Directiva da entidade de todo o relativo ao traslado ao Centro Cultural, actos xa realizados e actividades programadas.

 Celebración do Día do Medio Ambiente cunha visita guiada polos arredores de Laza-Verin, en colaboración coa SGHN e a Asociación de Estudios Santa Marina de Aguas Santas.

Para as próximas datas, a programación do ATENEO inclúe as seguintes actividades:

 Visita guiada a dous monumentos de Zamora, San Pedro de la Nave e Mosteiro de Granja de Moreruela, en colaboración coa Asociación de Estudios Santa Marina de Aguas Santas, e a SGHN.

 Tres conferencias programadas polas Xuventudes Comunistas de Ourense

  •  “A vixencia dos valores socialistas na actualidade”
  •  “Feminismo e violencia machista”.
  • “A difícil e complicada situación que se está vivindo en Venezuela”

Cara ao futuro, na primeira xuntanza da Plataforma ProATENEO celebrada na nova ubicación provisional do Centro Cultural Marcos Valcarcel, tomouse a decisión de que as organizacións sindicais CCOO, CIG e UGT, integrantes da Plataforma, solicitasen unha xuntanza informativa coa Xefa Territorial de Cultura e Educación Universitaria a fin de recabar información relativa ao proxecto de reforma prevista do edificio da rúa Concello 11, e asemade poder trasladar as propostas, alegacións e suxestións da Plataforma e das propias Organizacións Sindicais con respecto ao proxecto, estando pendentes, nestes momentos, da súa celebración.

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario