Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Programa Concertos Festas de Ourense 2017

24 de xuño - 2 de xullo ¬VER / DESCARGAR PROGRAMACIÓN CLICK AQUÍ

VER +

Programación de todas as Festas de Verán Pontevedra 2017

Música de bandas Xoves, 6 de xullo 21.00 h Baila a Banda. Praza do Teucro Concerto da Banda de Música de Pontevedra coa colaboración do Club de Baile Deportivo Adrián Esperón & Patricia Martínez “Baila Mos” Domingo, 9 de xullo 21.00 h ...

VER +

Lourizán repasa a súa historia - Pontevedra

Na praza de Marqués de Valterra a exposición “Lourizán”, un percorrido histórico pola parroquia, que se centra en varias actividades municipais de presente e futuro, como o ARI, as últimas reformas e obras, o e o proxecto da Casa da ...

VER +

Baiona, Unha Vila Real

Esta preciosa vila está situada nunha tranquila baía entre Monte Real e ou Monteferro. A súa boa condición como porto natural motivou que fose unha poboación moito máis importante que Vigo ata o s. XVIII, cunha notable liberdade de comercio grazas ...

VER +

40 Aniversario da Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia

8-11 de xuño en Silleda (Pontevedra) A maior feira de mostras e lecer do noroeste cumpre catro décadas como espazo de referencia para innumerables sectores e empresas polo seu gran valor como ferramenta comercial. E faino cunha edición na que seguirá fortalecendo ...

VER +

Inauguración escultura en pedra adicada ao boi de Allariz

Sábado 3 de xuño ás 19:30h O Paseo da Alameda incorporará, ademáis dunha nova imaxe renovada no seu acceso, un novo elemento decorativo. Este sábado 3 de xuño o Concello de Allariz inaugurará neste espazo, unha escultura en pedra adicada ao boi ...

VER +

Ponteverán-2017 (Programa)

Ponteverán-2017 está á volta “para encher o verán de actividades de lecer” en palabras do concelleiro de Xuventude, Alberto Oubiña. Campamentos e obradoiros, actividades culturais, deportivas e no medio natural e actividades formativas integran a oferta de tempo libre á ...

VER +

A muiñeira ocupará a cidade o 2 de xuño - Pontevedra (Programa)

Pontevedra celebra unha vez máis -e van 46- o Día da Muiñeira. A cita é o próximo 2 de xuño e o seu epicentro estará na avenida Montero Ríos, a partir das 20.00 horas. Media hora antes os grupos participantes ...

VER +

A música máis popular dos anos 80 e 90 animará as Festas de Ourense

A Praza Maior de Ourense viaxará no tempo para homenaxear á mellor música dos anos 80 e 90, o luns, día 26 de xuño, ás 22:30 horas. Será coa actuación de La edad de oro del pop español, a superbanda ...

VER +

A Andaina de Allariz cumpre 20 anos

A concellería de Deportes do Concello de Allariz abre o prazo de inscrición para participar nunha nova edición, e xa van 20, da Andaina de Allariz, que se celebrará o vindeiro sábado 27 de maio. A Andaina popular de Allariz, pioneira ...

VER +

O Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra cumpre 25 anos (Programa)

Cinema e música en vivo irán da man neste aniversario coa programación do ciclo Notametraxes-17, que se desenvolverá no Teatro Principal todos os mércores dende o 24 de maio ao 14 de xuño. O XXV Festival converterá á cidade no referente ...

VER +

Ecomuseo de Arxeriz mostra un mapa interactivo das igrexas románicas da Ribeira Sacra

O Ecomuseo de Arxeriz, dependente da Fundación Xosé Soto de Fión, acaba de facer público un mapa interactivo que localiza as igrexas románicas presentes na Ribeira Sacra. O plano amosa a localización destes bens, o xeito de chegar e fotografías ...

VER +

Festival de Títeres de Redondela

15 - 21 de maio A XVIII Edición do Festival de Títeres de Redondela encherá a Vila dos Viadutos de actuacións en rúas en salas. Un total de 25 compañías chegadas de Brasil, Italia, Estados Unidos, Dinamarca, Arxentina e Galicia. ¬+INFO NA ...

VER +

Notas acerca do Camiño Portugués de Santiago

O Camiño ou ruta xacobea desde Portugal, moi posiblemente xa era un feito na época alta medieval, agora ben, é a partir da independencia do territorio luso no século XII cando comeza a tonarse máis vigorosa. Estas diferentes sendas do camiño, ...

VER +

A Concellaría de Deportes continúa o elevado ritmo inversor para pór en perfectas condicións de uso as distintas infraestruturas deportivas do Concello na Xunqueira entre as que se inclúen as melloras do Pavillón Municipal ou a remodelación do campo de herba sintética de fútbol 11.

Nesta ocasión tócalle o turno ao Pavillón Multiusos Municipal da Xunqueira, unha instalación que viviu ao longo da súa historia sucesivas reparacións parciais, pero que agora precisa dunha intervención de envergadura que permita empregar o pavillón na súa totalidade. O Goberno Local e a Concellaría de Deportes son conscientes da precaria situación do Multiusos nalgunha das súas zonas, por iso acaba de encargar ao equipo de arquitectos Laf artec a redacción dun proxecto de mellora integral do Multiusos.

Aínda que será este proxecto o que determine as necesidades que presenta a instalación, dende a Concellaría de Deportes déronselle unhas directrices sobre os elementos que necesariamente hai que intervir:

• Adaptación e mellora de toda a zona de público (a grada)

• Mellora da accesibilidade coa instalación dun montacargas e revisión de toda a instalación para mellorar a accesibilidade.

•Arranxo da cuberta das terrazas para resolver o problema das filtracións que entran no pavillón (o resto da cuberta é de recente instalación).

• Eficiencia enerxética coa substitución da iluminación da pista por iluminación leds e mellora do sistema da auga quente sanitaria, e probablemente a substitución da caldeira.

• Ventilación forzada da instalación

• Mellora do equipamento deportivo (como última parte da intervención).

Aínda que o proxecto será o encargado de determinar o custe de toda a actuación, dende a Concellaría de Deportes estímase que o investimento pode superar os 300.000 euros.

Cabe lembrar que o Pavillón Multiusos da Xunqueira é xunto ao Pavillón Municipal, a instalación deportiva que máis usos ten durante todo o ano. Emprégase todos os días e está aberto dende primeira hora da mañá até as doce da noite, agás os domingos pola tarde. Os usos do Multiusos son arredor de 7.000 ao mes, fundamentalmente de deporte federado, segundo os datos de reserva do Servizo de Deportes.

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario

Navegador Web

buscar_navegador