Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense – Pontevedra

os_palleiros1progrape_1

Fran Cortegoso (Imaxe: Chan da polvora)

Un ano sen Fran Cortegoso

As veces na excitada pero imperturbable fraga da lírica unha árbore cae, e como formula o enigma: se non ai ninguén preto para confirmalo, fai ruído? Francisco Cortegoso naceu en Pontevedra no agosto de 1985. Fíxose filólogo en lingua galega; escribiu ...

VER +

- GALLEGO REI, M.: A beira da Santiña, edita Mario Gallego Rei, Pontevedra, 2016.
- Hemeroteca.

O Milagre das Uvas e do Millo

O Burgo, verdadeiro territorio de carácter e circunstancias propias, é a Triana da nosa Pontevedra. Nunca alleo ao discurso e ao devir da cidade, ofrécenos unha historia e, ao fin, un legado que convén non desprotexer. O crecemento urbano nunca ...

VER +

Sinsabores dunha Pedra Importante: O Miliario de Adriano

Por miliario entendemos unha columna pétrea de gran peso e  tamaño que funcionaba a xeito de marco quilométrico nas antigas vías romanas. E frecuente que leven inscricións onde se especifica a vía na que se atopaba, así como a distancia ...

VER +

Lourizán repasa a súa historia - Pontevedra

Na praza de Marqués de Valterra a exposición “Lourizán”, un percorrido histórico pola parroquia, que se centra en varias actividades municipais de presente e futuro, como o ARI, as últimas reformas e obras, o e o proxecto da Casa da ...

VER +

Presentación Libro Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República - Pontevedra

Venres 9 de xuño, ás 19,30h na Libraría Baroja  Presentación do libro "Galleguismo, Tradicionalismo y Segunda República"  de Álvaro Rodríguez Núñez.  

VER +

Oito Apelidos Galegos . Sí, pero invisibles

Nestes días de aprobación de orzamentos do Estado, de negociacións entre grupos políticos varios; non me podo sentir máis invisible. E conste que non llo reprocho a eses diferentes territorios, máis ben é un reproche a nós mesmos, aos galegos. Esta ...

VER +

A guerra também foi nossa. Portugueses na Guerra Civil de Espanha

O Concello de Pontevedra, en colaboración coa comisión pola memoria histórica "Sempre con vós. Cidadanía pola verdade", xunto co "Instituto de Estudos Miñoranos" de Gondomar e a "Asociación Cultural Vagalumes" da Estrada traen a Galiza o documental "A Guerra também ...

VER +

Pablo Iglesias: O galego fundador do PSOE e a UGT

Nestes días tan atarefados na política nacional en xeral, e o Partido Socialista en particular, pensei que podería ser interesante un pequeno artigo sobre o fundador dun partido con tantos anos de historia ás súas costas como é o PSOE, ...

VER +

Exeria; a primeira turista de orixe galego da Historia

Que os galegos somos "viaxeiros" sabémolo todos, pero o curioso  é a historia desta muller, que viviu na antigüidade, alá polo século IV, e emprendeu viaxes culturais ata Oriente Próximo. Se lle coñece tamén como Egeria, Echeria e Eteria, nacida en ...

VER +

Aqueles Festivais do Verán. O Festival del Miño de Ourense

Con estes días de verán adiantado, sol por milleiros,  temperaturas inusualmente altas para a época do ano, e a resaca do festival de Eurovisión,  empezan a virme á memoria recordos daqueles festivais estivais que triunfaban na España dos 60 e ...

VER +

Ecomuseo de Arxeriz mostra un mapa interactivo das igrexas románicas da Ribeira Sacra

O Ecomuseo de Arxeriz, dependente da Fundación Xosé Soto de Fión, acaba de facer público un mapa interactivo que localiza as igrexas románicas presentes na Ribeira Sacra. O plano amosa a localización destes bens, o xeito de chegar e fotografías ...

VER +

Notas acerca do Camiño Portugués de Santiago

O Camiño ou ruta xacobea desde Portugal, moi posiblemente xa era un feito na época alta medieval, agora ben, é a partir da independencia do territorio luso no século XII cando comeza a tonarse máis vigorosa. Estas diferentes sendas do camiño, ...

VER +

O Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé - Ourense

A escasamente tres kilómetros do centro da capital de Ourense, encóntrase o Conxunto Arqueolóxico Natural de Santomé. Concorren nel, os valores históricos característicos dun complexo xacemento arqueológico, cos naturais derivados dunha contorna na que se conserva unha peculiar vexetación, con suxerentes ...

VER +

Haiche moito yeyé: A Movida Galega, Madrid escríbese con ‘V’ de Vigo

Ninguén que teña una certa idade – tampouco tan maiores eh! – poderá esquecer que pensabamos que entón eran “malos tiempos para la lírica” (ilusos que eramos, xa os quixésemos agora), e despregabamos o noso humor negro galego con aquilo de “y ...

VER +

E chegou o comandante e mandou parar… O pai de Fidel e Raúl Castro

Galegos polo mundo, ese parece noso sino que nos persegue secularmente. Dese ir e vir, temos descendentes por medio mundo. É o caso entre outros, de grandes figuras históricas como Simón Bolivar fundador das repúblicas da Gran Colombia e Bolivia ...

VER +

De todal-as realizacións d’arte conseguidas na nosa Terra n-iste tempo, no que se nos pode por menos de reconocer que’a xente bule e traballa, pode que ninguna teña a considerábele importancia que tuvo a presentación ó púbrico do Coro Polifónico de Pontevedra, o 23 do mes de Marzal.

Había moito tempo qu’iste agrupamento, do que forma parte moita xente principal da vila do Lérez, e, o que vai mais ainda, moita xente educada musicalmente viñase preparando para escomenzal-o seu labor . Foi unha preparación d’obra ben feita, com’o seu emprendimento requería.

A Sociedad Coral,  com’ela mesma decrara no programa do seu primeiro concertó, nasceu d’unha pequeña e interna xuntanza d’amigos da música, os que siguen sendo, co mestre direitor Antçon Blanco Porto, o esprito animador do meritorio agrupamento. Antr’iles atópanse dous dos nosos mais queridos amigos e colaboradores, dous homes ateigados d’amor pol-a grande arte e pol-a nosa Terra e a sua cultura: Antón Lousada Diéguez. Presidente do Coro, e cantor tamén na corda de barçitonos, e Antón Iglesias Vilarelle.

Foto: patrimoniomusicalgalego

Na creación do coro propuxéronse somentes un labor educativo: atrague-a atención e a querencia do púbrico galego car’as fontes enxebres da música, a arte polular e as obras dos grandes Mestres da polifonía, precurando espallal-a sua coñecencia.  Para elo xuntaron un Coro de voces (señoritas e homes) que baixo a dirección de Blanco Porto estivese moito tempo ensaiando na interpretación das millores obras clásicas de música vocal, e de cantos populares, nosos e alleos, armonizados pró xeito polifónico. A porta pechada e sen púbrico, sen mais púbrico qu’o Castelao. Que se les agregou com’escenógrafo, foronse levando os ensaios.

Por fin, xa maduros pr’emprincipial-o seu labor, o mentado día deron o concertó de presentación no Teatro Principal de Pontevedra.

O Programa

Tivo tres partes. A primeira, de música d’autores antigos e modernos, emprincipiando co mestre de Corales, o iniciador do estilo polifónico e da música moderna, Xan Bastián Bach, a quen debíase iste homaxe.

Cantaron d’il o Coral Freuet euch, ihr Christen alle. Seguiron e’un fermoso madrigal de Roland de Lassus, mestre belga do século XVI, titulado Vinde Ledos , que chamou moito a atención dos entendidos. Iste madrigal cantárono en galego, para elo, a sua letra foi traducida á nosa língia por Iglesias Vilarelle e Filgueira Valeverde co tino e gusto con qu’iles saben facelo. Despois a  Serenata de catro galás a unha dona, quarteto cómico de Borodín, e Don Joan y Don Ramón, romance popular sobre temas mallorquís, do mestre da música española, Felipe Pedrell.

A segunda parte foi toda de música relixosa, dos grandes Mestres do século XVI e XVII: In nimine Jesu de Jacob Handl: O Sacrum convivium de Ludovico Viadana: Hievir de Tomás Luis da Victoria: Tristis est anima mea de Giambattista Martini, rematando con Exultante Deo de Palestrina.

A terceira parte foi de música popular: Los Mozos de Monleón tonada Salmantina, por Benedicto: El Cant deis aucells, cçantiga popular de Nadal por L. Millet, e tres cantos populares nosos, armonizados por Fray Luís María Fernández: Porque choras miña prenda?. Este é o tempo e Camiña Don Sancho (romance) que marcan vieiro novo prà nosa música.

Fora de programa, cantou o Coro unha fermosa canción rusa do Volga –Stienka Razin.

É dina de loubanzaa escolma feita nas obras para compór iste programa, e o seu ordeamento en partes, qu’amostran gusto e coñecencia.

Os decorados de Castelao

Por primeira vez, o Castelao revelouse com’escenógrafo, e tan grande, tan forte, tan xenial, coma nas outras modalidñas da sua arte.

Castelao soupo colaborar no labor do Coro Polifónico coa punxente intuición que ten de cote, que fura no sinificado interno das cousas, e tradúceo en adautaciós maravillosas.

Fixo primeiro un telón de boca: un gran pano mouro sementado de froles de vivos tons, qu’estrelan sobr’o fondo negro en leda e brillante policromía. No meio e meio está o rubro da Sociedade: O Rei David do Pórtico de Platerías co-a lenda en letras románicas que di “Sociedad Polifónica de Pontevedra”. Despois fixo fondos para cada unha das partes do programa.

D’iste geito, a primeira parte, fundamentalmente profana, cantouse n-un fondo de salón, en gris, con alfombra e gradería bermella, d’un contraste perfeito, d’unha maxestosa sinxeleza.

A segunda parte, de música relixosa, cantouna o Coro atrás d’un telón, representando un fermoso pórtico románico con moitas figuras, e pr’o Exultate Deo de Palestrina, locíu un soberno rosetón oxival, d’un efeito prodixoso, e que consideran com’un dos millores acertos da escenografía moderna.

Por fín, a terceira parte fíxose e’un decorado representando unha gran fiestra alumeada pol-o luar.

O trunfo do Castelao foi superior a canto s’agardaba do seu inmenso xenio.

A Interpretación

Ainda sendo homildes as arelas da Sociedade Polifónica, soupo abranguar un éisito coma se lembran poucos na nosa Terra. O Teatro Principal estivo cheo, con moita mais xente da que n-il acolle comodamente: había cadeiras metidas antr’as lunetas, xente de pé, algún subíndose onde podían. O aspeuto da sala era do mais locido.

A xente  ovacionou os lenzos do Castelao, e o Coro dend’o comenzó.

A labor dos cantantes estivo á outura que s’agardaba, e chegou ó cume na segunda parte. Houbo que repetir o Exultante Deo .

Tamén mereceron loubanza os solistas; a Srta. Luz Fernández, soprano, no Cant dels aucells , e Xosé Castro Souto, tenor, na Canción do Volga. E aínda os cantos galegos do derradeiro.

Remate

Veleiquí as novas que temos do acontecemento artísteco do 23 de Marzal. Non sei cando poderemos escoital-o Coro Polifónico fora de Pontevedra. D’un xeito ou d’outro, podémonos gabar xa d’un bó emprendimento d’arte grande, e precisamente na música, onde tanto domina o gusto ruin na nosa Terra; n-esta terrra d’artistas espontáneos, onde cada nozo da aldeia é múseco e poeta.

 

NÓS – Boletín Mensual da Cultura Galega – Ano VIII – Ourense 15 de Mayo de 1926 – Número 28

Valora o Artigo / Artículo!
[Total: 0 Promedio: 0]
COMPARTE!!!

Deixa un comentario / Deja un comentario