Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

A Fala “galega” de Estremadura

29 Setembro, 2016

Foto: Wikipedia / Olarcos

A fala de Estremadura, tamén coñecida como fala de Xálima, fala dos tres lugares ou valego, e galego estremeño polos partidarios da teoría sobre a relación entre a fala e a lingua galega, é unha variedade lingüística galego-portugues falada nos concellos de San Martiño de Trebello, Valverde do Fresno e As Ellas, no Val de Xálima, no noroeste da provincia de Cáceres, en Estremadura.

Aínda que non se pode considerar galego en sentido estrito , a maior parte dos lingüistas galegos trátana como unha variedade histórica do galego por consideraren que ten moito máis que ver coas falas galegas que co portugués estándar e pola súa orixe, pero non todos pensan da mesma forma, algúns pensan que é unha lingua diferenciada do galego pero o galego é a máis próxima. O Ethnologue recólleo como unha lingua e dálle o seu propio código ISO 639-3, fax, non obstante a maioría dos investigadores evitaron darlle a denominación de lingua.

Tradicionalmente non hai un nome propio que abranga as tres modalidades que se falan en cada un dos tres concellos do val:

  • Mañego (mañegu), en San Martiño de Trebello.
  • Valverdeiro (valverdeiru), en Valverde do Fresno.
  • Lagarteiro (lagarteiru), nas Ellas.

No Val hai uns 5.000 falantes destas tres falas, ademais como consecuencia da emigración hai uns 3.000 nados no val que viven fóra e que manteñen un uso familiar da fala reforzado por pasaren o período estival no val moitos deles. A fala é a lingua habitual da poboación, coa excepción dos funcionarios, Garda Civil e outra xente nada fóra do Val.

Non hai perda lingüística entre as xeracións máis novas, aínda que Valverde amósase como o concello máis castelanizado. A partir de 1960 o número de castelanismos da lingua falada aumentou progresivamente debido á escola, ao servizo militar e aos medios de comunicación.

Coñecemento da fala en Galicia

 

A fala comezou a se coñecer en Galicia en 1991 cando Antón Reixa entrevista en Sitio Distinto, un programa da Televisión de Galicia, a Tomás Fernández Vázquez, un camioneiro de Valverde que fala na súa modalidade, o que esperta o interese do filólogo galego Francisco Fernández Rei, quen llo comenta a Xosé Henrique Costas González e este vai ó val para facer unha primeira enquisa lingüística.

En abril de 1992 Costas fala na Radio Galega sobre a situación da fala e en maio, na presentación dos Premios da Crítica de Galicia, Costas refírese á existencia da fala, o que ten como consecuencia que xornais como El Correo GallegoDiario 16 de Galicia ou A Nosa Terra recollan esa existencia sen moitas máis explicacións.

En setembro de 1992, Costas publica o primeiro artigo sobre a fala en Galicia e en galego na revista A Trabe de Ouro e organiza unha excursión de estudantes da Universidade de Vigo, que fundan a Asociación Cultural Alén do Val, para realizar un traballo de campo lingüístico que en xaneiro de 1993 obtén un premio nun certame de investigadores novos. Os cartos dese premio posibilitan a realización de dúas viaxes máis para un traballo de campo máis detallado (outubro de 1993 e xaneiro de 1994) e publican o Primeiro Calendario do galego do Val das Ellas.

O 13 de marzo de 1994, o programa Informes TVG dedica unha ampla reportaxe á fala, facendo posible o seu coñecemento fóra dos ambientes culturais.

 

Vídeo:

Fonte: Wikipedia

Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo