Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Aqueles Festivais do Verán. O Festival del Miño de Ourense

16 Maio, 2017



Con estes días de verán adiantado, sol por milleiros,  temperaturas inusualmente altas para a época do ano, e a resaca do festival de Eurovisión,  empezan a virme á memoria recordos daqueles festivais estivais que triunfaban na España dos 60 e os 70.

Quizais o que lembre a maioría da xente sexa o Festival de Benidorm – por ser máis recente e polo cachondeo nacional – co debut nos 90 con aquel “toa toa toa, te necesito toa” de Jesulín de Ubrique. Pero antes nacera doutra maneira, sempre lembrando aquela España peculiar a branco e negro con éxitos como «Comunicando», «Tu loca juventud», «La vida sigue igual» e «Amor amargo».
Ademais contou coa participación de emerxentes figuras da canción lixeira española, como Dúo Dinámico, Raphael, Bruno Lombas, Michel, Los Gritos ou Julio Iglesias. E aínda que non foi oa súa catapulta cara ao éxito, durante estes anos presentáronse artistas como Karina, Víctor Manuel ou Manolo Otero. Ademais, tamén participou Rosa Morena, quen xa gozaba de éxito no estranxeiro antes da súa consagración en España.

Pero aquí en Galicia – claro que si, xa eramos un pouco Galicia Caníbal daquela –, tiñamos nosa propia versión de festival estival, integrado dentro das festas grandes de Ourense. Comezou chamándose Festival Hispano Portugués del Miño, para coñecerse popularmente como Festival del Miño.

Festival do Miño

Foto: nitope.blogspot.com.es

Servidora non é natal de Ourense, e non viviu esa época na cidade auriense. Con todo, non hai persoa nesta  cidade, que pase do corenta e pico anos, que non lembre este festival e algunha das actuacións estelares no Xardín do Posío.

Teño que confesar que a maioría dos cantantes que pasaron por este festival son para min perfectos descoñecidos, entoo o meu mea culpa de ignorancia neste asunto.

Festival do Miño

Foto: discogs.com

Xil Ríos

Foto: todocoleccion.net

Entre os participantes e gañadores están Adriangela, que era polo visto unha habitual deste tipo de festivais, non perdéndose un; gañando co tema “Gigante” , composto por José Solá. Tamén  Ixidro e  Los Unisonos. Ata aquí grupos e cantantes que descoñezo absolutamente, pero tamén hai outros máis coñecidos ( sen ánimo de menosprezar aos anteriores) , como Ana Kiro, Os Tamara, Xil Ríos… ou o mesmo Víctor Manuel que nunha entrevista recollida no xornal La Región dicía:

“Ganar el festival del Miño de Ourense fue vital para componer mi primer disco”
Tengo aquí, a la vista el Afilador de Oro que me dieron en el Festival del Miño por “Lazos azules y rosas”, una canción que había compuesto, pero que yo no canté, lo hicieron Paco Ruano y Los Unísonos. Para mí aquello fue fantástico,porque de una atacada me vi con 100.000 pesetas en el bolsillo y fue como un bálsamo. Me encerré en casa, me puse a componer y no hice ninguna otra cosa durante más de un año, y de esa hornada de Ourense vienen “El abuelo Vítor”, “Paxariños”, “El cobarde”, “La romería” o “La planta 14”, todas esas canciones que están en el recuerdo de mucha gente y que formaron parte de mi primer disco.”

(Ver Artigo na Región)

Cancións, sons e sintonías doutra época, así se vivía a música comercial naqueles anos.

Remato cunha canción dos Tamara coa que participaron en Festival do Miño do ano 68: “Mi Tierra Gallega”

Qué hay en tu sol

Qué hay en tu cielo azul

Qué hay en tu ser

Qué guardas tanta luz

 

Qué hay en tu corazón mi tierra gallega

Que cuando el alba llega

Me siento preso de su esplendor

 

Quién fue el pintor que unió con su pincel

Todo el color verde sobre tu piel

Quién dibujó las rías de tu paisaje

Quién puso en tu linaje la vida errante del afilador

 

Sólo Dios pudo crear

Lo que tiene la tierra que me vio nacer

Sólo Dios pudo poner el color y la luz

Que en Galicia se ve

 

Aunque me encuentre muy lejos mi tierra querida

Yo sé que jamás te olvidaré


Vídeo. Canción de Los Tamara “Mi Tierra Gallega”

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo