Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Haiche moito yeyé: A Movida Galega, Madrid escríbese con ‘V’ de Vigo

3 Maio, 2017



Ninguén que teña una certa idade – tampouco tan maiores eh! – poderá esquecer que pensabamos que entón eran “malos tiempos para la lírica” (ilusos que eramos, xa os quixésemos agora), e despregabamos o noso humor negro galego con aquilo de “y bailaré sobre tu tumba”, e quen non chegou tarde a casa e sentou na súa cociña cunha “cena recalentada”, ou pasou unhas “vacaciones en Marín o Hawai”, usou lentes de “sol de noite e de día” porque “fai un sol de carallo”, mentres adorabamos nas voltas ciclista de España a “Álvaro Pino, que comprou unha vespino”, e tamén comprometidos coa “Reconversión Naval”; sen deixar de mergullarnos en nosa máis ancestral cultura , establecendo “amistad con fantasmas y visiones, bañando en terror , a los pobres espíritus. Cierrense ventanas, atrancase puertas, ¡Encomiendate al Santo! ¡A Santa Compaña!

… Naquela Galicia Caníbal nas que devorabamos as noites e cantabamos como un himno “miña terra galega”… E murmurábaslle aos teus amigos…”no mires a los ojos de la gente…”

Corrían os finais dos 70 e principios dos 80….e estabamos na, non sei si ben   ou mal chamada “movida española”, cuxos eixos centrais eran a movida galega e a madrileña, tamén considerada por algúns como a idade dourada do pop español. Sobra dicir, que aquí nos ocuparemos da propia,   da movida galega ou tamén coñecida como viguesa; aínda que houbo un lema famoso en 1986 que invocaba o principio de “Vigo  escríbese con ‘M’ de Madrid e Madrid con ‘V’ de Vigo”, unha época na que polo día pelexábase duramente nas barricadas pola reconversión naval, e polas noites as rúas de Vigo bulían de actividade cultural, que deu paso ao salto á fama de grupos como Siniestro Total, Golpes Bajos, Semen Up, Aerolíneas Federales, Os Resentidos,  Bromea o Qué?, Ultramarinos Troncoso (único grupo de techno deses anos en Vigo) entre outros.

Movida gallega

Foto: Radio Televesión Española

Din os expertos que foi este un movemento musical e estético, resultado da nocturnidade (tampouco sei sen con aleivosía ou sen ela…) que resultou como resposta á música convencional da época, e que veu dada no contexto dunha gran crise económica (parece que sempre vivimos nela, polo menos en Galicia) orixinada pola reconversión industrial e naval, e do xa entón –  para que  non nos “descubran as Américas” agora –  fartazgo e apatía producida pola desilusión e decepción do período chamado como transición da política española tras a morte de Franco.

Pero onde empezaron a soar os grupos que marcarían unha época? Pois de concertos nuns pubs (os pubs logo chamados discopubs eran o máis entón) de Vigo, en concreto Angara , Satchmo , Ruralex,  El Manco de Lepanto y Kremlin..

Movida Gallega

Polo pub Angara deixouse  caer un grupo coñecido como Mari Cruz Soriano y los que arreglan su piano, cun tema“Las tetas de mi novia”, que sería o xerme da revolución cultural que viña encima. Este grupo sería máis tarde coñecido como Siniestro Total. As súas primeira intervencións musicais como tales faríana no pub Satchmo, que era un recolleito club de jazz, frecuentado por xente de corte intelectual que quedaban completamente anonadados polos temas caóticos, antiacadémicos e provocadores  de Siniestro Total

No Manco podíase ver a grupos como Golpes Bajos, Aerolíneas Federales ou Semen Up, , onde empezaron a dar os seus primeiros pasos. Posteriormente aquí actuarán tamén Siniestro Total, ou persoas procedentes da outra  movida, a  madrileña,  como Coque Malla, Poch ou Los Toreros Muertos…

Movida Gellga

Eran os tempos da famosa Radio Popular de Vigo, na que nos regalaba os oídos o locutor Luís  López Valeiras coa súa marabillosa voz , e aquel nocturno “Musical Casette”, cuxa sintonía era Mirage de Jean Luc Ponty, e sabías que a partir da primeira intervención na que che dicían os discos que puñan esas noite, podías pór a gravar a túa magnetofón sen interrupcións os temas musicais, cuxo criterio era que tiñan que ser peticións de calidade, Aí crecemos con Kansas e “Polvo en el viento”, América e “Un cabalo sen nome”, con “Noites de Branco satén” dos Moody Blues, co “ano do gato” de All Stewart, con Steely Dann, con Pink Floyd, Camel, Génesis, Yes…

E no medio de todo isto, xurdiu esta nova onda, chamada movida. Estas son algunhas opinións sobre ela recollidas:

Galicia paso de exportar latas de sardina a emerger como competencia que había que tener en cuenta en el ámbito de la creatividad” (Fernando Franco) (1)
“Una ciudad que intenta superar el franquismo sumida en una cruda reconversión industrial, con enormes desigualdades sociales a la orden del día y aires de libertad brotando a borbotones por todas las esquinas. Un contexto propicio para el desafío, la transgresión, la imaginación, el surrealismo o la ironía.vigocc_21936 Para la mezcla, la innovación, para ir siempre un paso más allá. Sin límites, sin prohibiciones, sin censuras. Una ciudad en efervescencia donde la vena creativa se impone por encima de todo. Una ciudad epicentro de la movida gallega, ese babel de estilos que marcó para siempre una de las épocas más creativas de nuestra historia…” (2) Con reconversión ou sen reconversión, Vigo é unha nación! … (Os Resentidos) (3)

E pasaron os anos e como dicía Germán Coppini na canción de Golpes Bajos “desconocido”:

“Capitanes de quince años que fuimos

Para ser ahora dos desconocidos…”

Definitivamente non, no eran malos tiempos para la lírica…

(1)(2)(3)Do libro Toward a Cultural Archive of la Movida: Back to the Future  

Vídeo: GALICIA CANÍBAL. Documental cultura gallega de los 80.

Documental La Movida Viguesa de los 80. Madrid se escribe con V de Vigo.

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo