Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Lores felicita a José Lorenzo Lago polo seu 103 aniversario

27 Marzo, 2017



O alcalde Miguel Anxo Fernández Lores visitou esta fin de semana a José Lorenzo Lago no seu domicilio para felicitalo polo seu 103 aniversario.

Lores comprobou que José Lorenzo ten unha boa saúde -coa condición propia destas idades-, e os dous falaron, entre outras cousas, do BNG xa que José é o militante máis veterano do Bloque en Pontevedra.

José Lorenzo Lago y el alcalde Lores

José estaba acompañado da súa muller, que agarda visitar pronto Fernández Lores xa que ten 97 anos, e da súa familia máis directa.

José Lorenzo sumouse dende hai tres anos ao selecto grupo dos centenarios do municipo que tan gustosamente visita Fernández Lores dende que é alcalde para felicitalos en tan sinaladas datas.

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo