Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Noelia Cacheiro: Unha ourensá de altura

3 Abril, 2017



O 30 de novembro de 1987 nacía Noelia Cacheiro Quintas, en Ourense, criándose na capital da provincia pero tamén crecendo nos pobos dos seus pais, Xunqueira de Ambia e Gueral. Os seus primeiros pasos non os deu no baloncesto, deunos como unha gran maioría dos nenos neste país, en algo que está moito máis estendido e a man: o fútbol.

O seu primeiro contacto co baloncesto, ten que ver moito coa súa irmá Laura, que era a que o practicaba nas Carmelitas,  e a pequena Noelia, visitaba aqueles adestramentos.

Noelia doutra banda, naceu naquela época do mítico e adorado C.O.B ourensán…
Con 12 anos comeza a participar no equipo coa súa irmá, e a súa progesión foi tal que en pouco tempo pasou á selección ourensá, para pouco despois ser escollida para a selección galega.

Noelia Cacheiro

E Noelia seguiu progresando e crecendo, pero non só no deporte, tamén nos estudos, conxugando o deporte coas súas clases e a Escola de Idiomas. Noelia é licenciada en Tradución e interpretación, Linguas Modernas, pose ademais dous másteres e un doutoramento. Estes estudos superiores realizounos na Universidade de Vigo, e tamén pasou en baloncesto co Vigo na súa categoría junior.

Foise de Erasmus a Durham e jugaba no Northumbria University; e foi alí onde pousaron a atención nela os observadores do Oral Roberts (universidade de EEUU).
Noelia fixo as malestas e cruzou o Océano Atlántico, mudouse aos EEUU e aproveitou a ocasión parar estudar Linguas Modernas, introducíndose de cheo no berce do baloncesto mundial.

Unha anécdota; nos partidos do Oral Roberts chamábana “Cuintas”, xa que o speaker do equipo era incapaz de pronunciar Cacheiro.
Nesta etapa entrou de cheo coa profesionalización dos equipos femininos de baloncesto, acumulou minutos de gloria e de aprendizaxe , tanto no plano dos estudos como o deportivo.

Despois desta primeira etapa americana, volve a Durham para rematar os seus estudos cun máster. Inmediatamente fíchana por un equipo en Australia, pero sofre unha lesión e trúncase este proxecto.

Regresa á súa terra natal, a Ourense onde volvería xogar na liga feminina unha soa tempada. Chegará a continuación un proxecto desde Holanda, que tampouco sairía todo o ben que se esperabana a priori, pero nesta etapa escribe un libro“Excusas”, onde relexiona sobre a situación do baloncesto feminino, e as diferenzas entre o modelo americano e europeo.

Noelia Cacheiro

E entón ponse en contacto con ela para volver a Inglaterra, en concreto a Newcastle, e é así como volve de cheo á pista de xogo. E faino aos grande!!! MVP (mellor xogadora) no tres primeira xornadas, era a líder indiscutible.

MVP do PlayOff de ascenso, e con ela á cabeza sobe ao Newcastle de categoría, e logra un contrato por tres anos, que aproveita tamén para facer o seu doutoramento.

Noelia Cacheiro xa está na Historia dos grandes entre os deportistas, ninguén lle pode negar tal mérito. Sendo un exemplo na súa traxectoria deportiva e tamén no outro plano, de estudos e profesional.

Vídeo

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo