Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Por fin Valle Inclán en galego

2 Xaneiro, 2017



Fai xa moito tempo que se esperaba con impaciencia a primeira representación de Valle Inclán en galego. 

Moitos de vós poderédes preguntar por qué non foi posible até o ano 2017.  A resposta está que neste ano quedan libres de dereitos a obra do dramaturgo, e as limitacións  ás traducións aplicadas  até o momento actual.

Valle Inclán

A primeira estrea será no Teatro Principal de Compostela o 3 de Marzo, a cargo de Quico Cadaval; a obra en cuestión “A Cabeza do Dragón”. A compañía está formada por Víctor Mosqueira, Patricia Vázquez, Josito Porto, Yelena Molina , Marcos Orsi , Iván Marcos e Ana San Martín.

A CABEZA DO DRAGÓN, Producións Teatrais Excéntricas

‘A cabeza do Dragón’ foi incluída polo autor, Ramón María del Valle-Inclán, nunha colección de farsas que, titulou, ironicamente, ‘Retábulo de marionetas para educación de príncipes. A historia conta a viaxe ao corazón do dragón que se narra en todas as culturas do mundo.

Un príncipe, Verdemar, foxe do reino materno por ter desobedecido ao rei, seu pai. No seu camiñar, cheo de experiencias, vai dar ao reino de Micomicón, que está a tremer baixo o alento fétido do Dragón. Como é costume, débenlle entregar a princesa Brancaflor ao monstro se queren salvar as vidas e as facendas do reino.

Axudado por unha máscara para ocultar a súa identidade, Verdemar mata ao Dragón coa espada máxica e desaparece. Un capitán de bandidos, Espandián, topa a cabeza do mostro, e con ela vai reclamar o premio: a man da princesa e a coroa do reino.

Ela rexeita ao impostor, e aquí é onde traballa o Duende, que leva toda a historia a coidar do príncipe en pago dunha antiga débeda: a liberdade.

Esta fábula, que é do dominio público, está brillantemente manipulado polo autor. Valle-Inclán introduce elementos actuais, crítica social, brincadeiras políticas, anacronismos argumentais, comentarios alleos á tradición do conto marabilloso … A función liberadora do riso, a corrupción política, a violencia machista, a anacrónica institución da monarquía, o medo á liberdade ou a banalización do amor romántico son temas da obra que continúan de actualidade. Valle-Inclán, coas oportunas manipulacións, leva a fábula ao grotesco contemporáneo que el creou: o esperpento.

Entre a magnética influencia do Xapón e a potente tradición da farsa europea, chea de máscaras e de acrobáticos combates, móvese esta primeira versión galega de ‘A Cabeza do Dragón’ no 80 aniversario da morte de Valle-Inclán.

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo