Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Visitando o Entroido de Cobres (Festa de Interese Turístico de Galicia)

17 Febreiro, 2017

No municipio de Vilaboa, nas parroquias de San Adrián e Santa Cristina, celébrase o famoso Entroido de Cobres, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Nestas parroquias que miran cara á Enseada de San Simón segue vivo un Entroido de fondas raíces medievais, con tradicións relacionadas cos gremios das xentes do mar.

Os protagonistas absolutos do Entroido de Cobres son as madamas (mozas) e os galáns (mozos). Durante varios días, madamas e galáns percorren as casas do municipio integrados en comparsas. Cada unha das comparsas fórmana catro madamas e catro galáns, ataviados con vistosos traxes, decorados con espellos, xoias e símbolos florais. Ademais integran as comparsas varios paisanos vestidos de branco, calados con boina.

As comparsas percorren as casas bailando ao son da gaita, mentres van recadando diñeiro para a celebración das festas. Un mordomo vai tomando nota do dado por cada veciño. O día grande é o Martes de Entroido, día de grandes comidas, elaboradas a base de produtos do porco. Até hai uns anos celebrouse a “corrida do galo”, que foi prohibida polas autoridades por ser lesiva para o animal.

 

Vídeo

Fonte: Turismo de Galicia 

 

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo