Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

A arte dun Belén; Arturo Baltar

27 Decembro, 2016



Arturo Baltar Santos, naceu en Noalla (San Cibrao das Viñas) en 1924,  e é escultor.

Autor de esculturas sobre arxila, comezou modelando pequenas pezas ou conxuntos delas, anticipo dos complexos retablos que había de realizar máis tarde, con escenas imaxinarias ou vividas, relixiosas ou profanas.

Peregrinos, esmoleiros, cantores de “panxoliñas”, son o seu mundo.

Arturo Baltar

 

A súa escenografía policromada, en beléns, boticas, tabernas, altares etc. son a súa obra máis característica, entre a que destaca o Belén de Baltar, conxunto de figuras de temática de nadal que continúa en proceso de creación ao longo dos anos.

Está representado en museos de toda Galiza e en importantes coleccións institucionais e particulares.

O Belén Baltar e o Espazo Expositivo Arturo Baltar

O Belén de Arturo Baltar ten a súa orixe nun encargo que lle fixo ao escultor, no mes de outubro do ano 1967, a Asociación de Belenistas de Ourense presidida daquela por Amando Prada Castrillo.

Comezaba así o primeiro Belén de Arturo Baltar formado polas figuras principais do Portal: Xosé, María co neno no colo, o boi e a mula, un anxo, os tres Reis Magos… Que se presentou nos soportais da Casa do Concello de Ourense.

No ano 1969 colocouse no Museo Arqueolóxico de Ourense ante o claustro románico e xa en 1970 e toda a década instálase, durante o Nadal, xunto ao Pórtico do Paraíso da Catedral Auriense.

No Nadal de 1980, aproveitando o espazo da capela se San Cosme e Damián, no espazo que hoxe coñecemos como Espazo Expositivo Arturo Baltar; instalouse definitivamente o Belén moito máis ampliado e xa como un conxunto escultórico de grande beleza.

No ano 2010 remodélase por completo a capela e máis o edificio anexo para albergar o Belén de Arturo Baltar e unha parte significativa da súa obra.

 
Vídeo do Belén de Baltar en Ourense

+INFO SOBRE O EL ESPACIO EXPOSITIVO BALTAR CLICK AQUÍ

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo