Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Adeus a Sabino Torres desde a ” Bella Helenes”

23 Maio, 2016



Sabino Torres Ferrer (Pontevedra, 1924-Madrid, 2016 ) comezou a súa carreira xornalística na Pontevedra do ano 1943 coa revista Finisterre, acompañado de Emilio Canda e Celso Emilio Ferreiro.

En 1944 lánzase a publicar un xornal deportivo, que  foise convertendo nun semanario de información cultural (“Cidade” ),  sendo director do mesmo.

Sabino Torres

 

Foi Sabino Torres dos poucos que se atreveu a distribuír polas librarías pontevedresas, unha colección de poesías, moitas delas traducidas ao galego, sen ningún permiso da autoridade competente da época; a famosa colección levaba o nome de Benito Soto, en honra ao soado pirata pontevedrés. Din que el lembraba eses anos como unha das súas “aventuras máis bonitas” ; naquela época a ninguén se lle pasou pola cabeza que a puxese en circulación sen ser autorizada. Contan tamén que tras a oposición destas publicacións de “ilustres pontevedreses” que lle fixeron chegar a súa protesta ao gobernador civil, polo nome entre outras cousas da colección, non só foi capaz de convencelo, é que ademais fíxose socio de honra da mesma.

Sabino Torres

En 1949, coa colaboración de Manuel Cuña Novás e Emilio Alvarez Negreira editou a colección poética Benito Soto cuxo primeiro director foi Celso Emilio Ferreiro. 

Anos despois volveu entrar en conflito coas autoridades da época, cando decidiu publicar “Musa Alemá” , unha obra de posuía alemá traducida ao galego por Ferreiro e Antonio Branco Freijeiro.  Parece ser que nesta ocasión Sabino Torres decidiu facer as cousas legalmente por indicación do subcomisario Carlos Caba, e tramitou todo o necesario  para solicitar o permiso correspondente. Neses momentos xa tiña a edición preparada e decidiu difundila igualmente, antes da súa aprobación. O certo, é que lle multaron e destruíron a obra, e o expediente nunca se chegou a resolver.

En 1952 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega. En 1953 creou o semanario Litoral, do que foi ademais de editor, redactor-xefe e subdirector. En 1992 con Emilio Álvarez Negreira fundou a colección poética Hipocampo Amigo que continúa editando poesía.

Sabino Torres

“Versos para a bella Helenes” reúne un total de 31 poemas dedicados á cidade de Pontevedra (a bela Helenes do autor), cidade onde naceu Sabino Torres e que nos mostra a través dos seus poemas: as Pontes,  as cinco calles, o río dos Gafos, a Moureira, Praza da Leña, Ruínas de Santo Domingo, na Alameda, Paseo da Oliva…

Video: Entrevista  Sabino Torres

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo