Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Kiwi Atlántico

13 Setembro, 2016



Kiwi Atlántico constituíuse no ano 1988 como resultado da unión de 30 kiwicultores de Galicia e Asturias coa clara vocación de lograr a maior rendibilidade para os seus socios. Actualmente conta con máis de 70 socios e 20 produtores colaboradores, con explotacións de diversas dimensións.

Kiwi Atlántico

É unha sociedade formada unicamente por produtores con grande arraigamento na agricultura, avalada pola súa longa tradición no norte de España nas economías agrarias complementarias a nivel familiar. Esta unión de esforzos e de ideas á hora de cultivar permitiu unha comercialización conxunta, uniforme e empeñada en que o froito sexa da máxima calidade.

As zonas de produción proporciónanlle unhas características específicas a esta froita debido á acidez do solo e da auga, así como á falta de xeadas no outono, o que dá como resultado un froito cun grao de azucre ideal para o seu consumo e cun sabor agridoce longo e afroitado característico que non teñen as froitas doutras zonas europeas.

A comercialización realízase a partir de producións propias, con asesoramento técnico que uniformiza os criterios produtivos. As producións realízanse sen ningún tipo de tratamento pesticida. As actividades que desenvolve Kiwi Atlántico son a recepción, a conservación, a clasificación, o envasado e a expedición de kiwi.

Conta coa certificación de Galicia Calidade

Fuente: Galicia Calidade

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo