Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

O marisco en Galicia

19 Marzo, 2016



Os mariscos transformáronse, durante moitas, na única tarxeta de visita de Galicia para o foráneo .

E o elemento promocional número un.

Case todos se dan ben nas súas rías, ben nas súas augas próximas: centola, gamba, camarón, percebe, lagostino, ostra, mexillón, ameixa, berberecho, zamburiña, vieira, ourizo, santiaguiño, navalla…

Marisco en Galicia

O xeito clásico de preparalos é cocelos en auga de mar e cunhas follas de loureiro, algo que segue en vigor hoxe en día pero polo xeral substituíndo a auga mariña por outra da traída e engadindo unha presa de sal. Aquí o segredo non é outro que calcular de maneira exacta cando os hai que introducir na pota o tempo que ten que ferver. Os gustos sempre foron os mesmos con algúns deses mariscos: o percebe tomouse sempre moi quente ata queimar os dedos do comensal, por exemplo, mentres que a centola foi derivando e sérvese fría mais non en exceso, e, desde logo, sen pasar polo frigorífico.

Paseniñamente introduciuse unha nova maneira de preparalos: á prancha, e, polo tanto, cun fondo de aceite para que non se pegasen e lles desen un toque de sabor, e salpicándoos con sal. Obviamente non todos os mariscos se podían preparar así (percebe, ostra, centola… quedaban fora), como non todos podían ir ao forno, unha preparación que se centrou sobre todo na zamburiña e na vieira.

Algúns fixeron incursións, ben recentes, en pratos que se elaboraban cos restos. Así o salpicón, orixinalmente un xeito de aproveitar aquilo que sobraba en restaurantes e en celebracións multitudinarias, e a lagosta, o lumbrigante, o boi e a gamba pasaron a formar parte deles como broche de honra, substituíndo certos tipos de peixe ou acompañándoos. Timidamente están presentes nalgunha ensalada, estatisticamente difícil de encontrar, como é o caso da lagosta e o lumbrigante.

Fonte: http://www.gastronomiadegalicia.com/

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo