Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Ourense contará cun ‘Roteiro Carlos Casares’ formado por 20 placas relacionadas coa súa vida e obra literaria

25 Xaneiro, 2017



O escritor Carlos Casares terá un roteiro na cidade de Ourense para contribuír ao coñecemento e ao diálogo co autor e a súa obra. Estará composto por 20 placas de cerámica que fan un percorrido pola vida e a obra do escritor ao que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas.

O roteiro presenta “Ourense coma o grande marco de referencia das obras de Casares, pero serve tamén como merecida homenaxe de todos os veciños para elevalo ao universo literario de Lamas Carvajal, Otero Pedrayo, Risco, Blanco Amor, Valente…”, dicía o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez. Non en van, Casares “é fillo predilecto desde o ano 2003”, lembraba o rexedor.

Carlos Casares

 

Cada unha das placas -18 no núcleo urbano e outras en Beiro e no Seminario, facendo alusión a etapas da súa vida- está ineludiblemente vencellada aos fitos culturais da cidade e aos seus persoeiros: aparecen Risco, a xeración dos “artistiñas”, Blanco Amor ou as tertulias do Liceo “un lugar que consideraba a súa segunda casa”, en palabras de Alfonso V. Monxardín, autor do roteiro.

Trátase da “primeira de moitas actividades pública que presentamos do ano Casares”, explicaba Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, quen salientou que estivese dirixido ao ámbito educativo e do profesorado. Así, o primeiro percorrido deste roteiro será o vindeiro 18 de febreiro coa presenza dun cento de profesores.

Porén, o roteiro servirá para potenciar o destino Ourense como cidade literaria en conexión con outras realidades (termal, patrimonial, gastronómica…), un reclamo turístico máis nunha cidade que xa conta con outro roteiro literario, o de A Esmorga de Eduardo Blanco Amor. Así, xunto coas 20 placas editaranse tamén un total de 2.500 folletos explicativos da vida e da obra de Carlos Casares, que se engadirán á oferta educativa e turística da cidade de Ourense.

¬VER / DESCARGAR RUTA CARLOS CASARES

 




Comparte esta Publicación!!!










Ourense
Pontevedra
Vigo


Buscar
Historia
Cultura
Turismo
Naturaleza
Fotos - Vídeos
Autores
Webs Amigas

Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS








Porgaliciabaixo

Contacto | Mapa Web | Aviso Legal


Este sitio Web publícase baixo licenza CREATIVE COMMONS.

Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo