Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

Pesar polo falecemento do poeta Fran Cortegoso con trinta e un anos

6 Outubro, 2016



As letras galegas lamentan  o temperán pasamento do escritor Francisco Cortegoso (Pontevedra, 1985) que faleceu na súa casa de Bora (Pontevedra), á idade de 31 anos.

O autor, que levaba meses loitando contra a enfermidade faleceu coincidindo coa saída do prelo do seu segundo libro de poemasSuicidas que editou Chan da Pólvora, editorial e libraría de Compostela especializada na poesía.

Fran Cortegoso

 

Cortegoso recibiu no ano 2013 o Premio Pérez Parallé de poesía por Memorial e danza, editado por Espiral Maior. O xurado que así o decidiu valorou da obra “a descuberta dunha voz singular, cun contido alento reflexivo despregado nunha sintaxe pouco convencional e un ritmo coidado”.

Nas súas redes Chan da Pólvora transmite a súa tristura e condolencias e conta como “nas últimas semanas aínda gardou ánimos para lle poñer o ramo ao libro ‘Suicidas’, que finalmente chegou hoxe ás librarías.” Anton Lopo, Manolo Martínez e Gonzalo Hermo traballaron arreo para que o autor o puidese ver publicado conscientes da gravidade do seu estado. Hoxe os seus escaparates homenaxean a Cortegoso a través da súa obra póstuma.

¬FACEBOOK CHAN DE PÓLVORA

¬FRANCISCO CORTEGOSO EN LG3

Fonte: Cultura Galega

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo