Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

A 5ª edición do Pont-Up Store xirará arredor da tecnoloxía, as competencias dixitais e os videoxogos

12 Xuño, 2018



O Pont-Up 2018 reivindica o ‘Talento Transformador’ como enerxía para cambiar o mundo, e para logralo bota man das posibilidades que ofrecen aos proxectos emprendedores a tecnoloxía e a gamificación; e ofrece un programa moi centrado no desenvolvemento de competencias dixitais. O evento, que presentará arredor de 50 novos emprendementos, vai celebrar dun xeito moi especial estes cinco anos de percorrido.10 empresas presentarán os seus proxectos no Puntazo Exprés

O encontro de emprendemento máis importante de Galicia, presentou esta mañá en Pontevedra a programación da súa 5ªedición que se desenvolverá os días 20, 21 e 22 de setembro na Praza de España de Pontevedra. No presentación participaron a concelleira de Promoción da Cidade, Anabel Gulías, o responsable de Economía da Deputación de Pontevedra, Carlos López Font; o vicerreitor do Campus de Pontevedra, Jorge Soto; e o director do PONT-UP STORE, Pedro Figueroa, que avanzou que nesta edición o encontro mostrará arredor de 50 novos emprendementos.

PONT-UP STORE

O programa deste ano estará especialmente enfocado ao desenvolvemento de competencias dixitais a través de propostas e formatos que van ter como fío conductor a TECNOLOXÍA e a APRENDIZAXE.

O xoves 20 de setembro será unha xornada dedicada á FORMACIÓN con conferencias, encontros, charlas, obradoiros, experiencias de internacionalización e presentacións de iniciativas de economía social. Dentro desta programación, celebrarase unha sesión dedicada aos videoxogos como oportunidade de emprendemento.

O venres 21 e o sábado 22 a actividade principal xirará en torno á carpa instalada na Praza de España para mostrar os mellores emprendementos galegos tanto nos stands como no espazo central, onde as iniciativas de emprendemento seleccionadas polo comité desenvolverán actividades demostrativas. Volveremos contar tamén cun Laboratorio Creativo de fabricación dixital e impresión 3D, onde haberá exposicións, demostracións e sesións de iniciación en continuo; e, ao igual que o ano pasado, celebraranse durante o PONT-UP`STORE varios encontros anuais de entidades do ecosistema emprendedor como o Meetup de Wordpress, a Asociación Española de Mentoring (AMCES) e a xuntanza anual de AJE Galicia que incluirá unha mesa redonda cos presidentes das 6 AJE de Galicia. O momento deportivo do evento será o sábado pola tarde, e consitirá nunha carreira de empresas organizada por AJE e ABANCA, con probas de orientación e unha dinámica de retos.

O encontro rematará o sábado 22 ás 21H coa entrega de premios aos mellores emprendementos de cada categoría.

Inscricións abertas

Desde o pasado 29 de maio está aberto o prazo para presentar candidaturas a través da web www.pontupstore.com.

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo