Galego   GALEGO


Turismo, Cultura, Historia de Galicia: Ourense e Pontevedra

 



PUBLICACIÓN

A Casa da Luz acollerá unha charla informativa sobre a nova Lei de espectáculos de Galicia

23 Xuño, 2018



O vindeiro 2 de xullo entra en vigor a nova Lei de Espectáculos de Galicia, unha aplicación que está xerando unha grande polémica no mundo cultural, centrada principalmente nas maiores esixencias para que entidades de pequeno formato poidan organizar eventos culturais públicos e tamén nas dificultades engadidas para a música ao vivo, sobre todo no interior de locais sen licenza de sala de concertos.

A normativa, que debería ter servido para dotar de seguridade xurídica á realización de actividades culturais, contén varios elementos que engaden precisamente máis inseguridade para artistas, locais e entidades promotoras.

Con fin de informar sobre as modificacións lexislativas que contén esta nova normativa autonómica, o Concello de Pontevedra dentro do programa “Pontevedra ten un Puntazo” organiza o vindeiro mércores, 27 de xuño, ás 20.00 horas unha xornada divulgativa na que se exporán tódolos pormenores da Lei de Espectáculos.

Charla

 

O relatorio correrá a cargo de Patricia Hermida; manager, produtora e avogada especializada en dereito de autor/a. Comezou a traballar coma músico en 1995 e ten participado dende entón activamente na promoción dos intereses colectivos dos músicos e da industria independente. Hai uns anos fundou xunto con Natalia Talavero o MMF España (Music Managers Forum Spain), que é unha das oficinas de máis rápido crecemento en Europa. En setembro de 2015 foi nomeada vicepresidenta do IMMF (International Music Managers Forum), que ten como obxectivo velar polo cumprimento da igualdade efectiva de mulleres e homes no sector da industria musical. Na actualidade traballa con artistas galegos tan representativos coma Rosa Cedrón, Susana Seivane, Cuarteto Caramuxo, Agoraphobia, Tha Lákazans ou Herdeiros da Crus.

 


Comparte esta Publicación!!!








Síguenos en Facebook

Síguenos en Google+
Síguenos en Twiter
Síguenos en Linkedin
Síguenos en Youtube
Síguenos en Pinterest
Síguenos en Deviantart
Subscríbete a nuestro canal RSS




Diseñado por PorGaliciaBaixo






Deseñado por PorGaliciaBaixo